Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 4 de abril de 2013, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos, porque intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00045-O-2013 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 4 de abril de 2013

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00045-O-2013

7159-DSK

Garda Civil 3201 M30803D

Ernesto Fraiz Luna

16290401F

Gorbea, 52-7º esq.

01012 Vitoria-Gasteiz, Álava

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos imprimidos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

4.12.2012; 16.40; A-52; 210

Art. 140.24 LOTT, Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT, Art. 201.1.g) ROTT

2.001 euros

OU-00071-O-2013

OR-5014-V

Garda Civil 3200 T40880Q

Cubiertas de Pizarra Gar Pa, S.L.

B32290165

Avda. de Sousas, 45

32600 Verín, Ourense

Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa tivese perdido a súa validez.

29.11.2012; 9.11; OU-113; 0002,500

Art. 141.31 LOTT, Art. 140.1.9 LOTT, Art. 198.31 ROTT, Art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, Art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros

OU-00165-O-2013

7189-FMG

Garda Civil 3203 L24919Z

Hercanbus, S.L.

B82055948

Estr. M-113 de Barajas a Paracuellos del Jarama

28860 Paracuellos del Jarama, Madrid

Realizar transporte público discrecional de viaxeiros en vehículos de máis de 9 prazas, sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

20.10.2012; 17.39; A52; 0181,000

Art. 142.9 LOTT,

Art. 199.9 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT, Art. 201.1.b) ROTT

201 euros

OU-00198-O-2013

1949-CCC

Garda Civil 3201 A47914C

Disgauto, Sdad. Coop.

F36963999

Avda. Galicia, 132

36216 Vigo, Pontevedra

Minoración ata o 20 % nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 9 horas a 8 horas.

30.1.2013; 17.35; N525; 0220,000

Art. 142.3 LOTT,

Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

301 euros

OU-01319-S-2012

OU-6994-S

Garda Civil Castro Caldelas I10788B-K12753A

Comercial Agrícola Ganadera Caldelana, S.L.

B32299208

Estr. de Ponferrada, s/n

32760 Castro Caldelas, Ourense

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario para vehículos pesados de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 LOTT.

20.10.2012; 18.10; OU-536; 58

Art. 140.1.6 LOTT, Art. 197.1.6 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT, Art. 201.1.i) ROTT

4.601 euros

OU-01379-O-2012

3548-FKZ

Garda Civil 3203 L24919Z

Ramiro Núñez Moldes

10068914C

Avda. Conde de Fenosa, 70

32300 O Barco de Valdeorras,Ourense

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos imprimidos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

29.10.2012; 20.30; A52; 0181,000

Art. 140.24 LOTT, Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT, Art. 201.1.g) ROTT

2.001 euros

OU-01457-O-2012

Garda Civil 3203 V46236Y

Grupo Mototrans, S.L.

B45721230

Centeno, 25

45223 Seseña, Toledo

A falta de datos obrigatorios na documentación en que deben materializarse os contratos de transporte de mercadorías asinados con transportistas ou operadores.

19.10.2012; 11.55; A-52; 181

Art. 141.19 LOTT, Art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e) LOTT, Art. 201.1.e) ROTT

1.001 euros