Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13154

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 11 de abril de 2013 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 17 de decembro de 2012.

Convocada a provisión polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, por Orde do 17 de decembro de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 1, do 2 de xaneiro de 2013), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 17 de decembro de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 1, do 2 de xaneiro de 2013).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a funcionaria que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria presta servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo do prazo de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidas á interesada. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: De la Iglesia Lema, Begoña.

NRP: 4482182457 A0014.

Grupo: A2.

Corpo/escala: Corpo técnico de Facenda.

Código do posto: MA.A01.00.003.15770.035.

Denominación do posto: Servizo de Xestión Orzamentaria.

Centro de destino: Subdirección Xeral de Réxime Económico-Financeiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 28.