Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación do servizo de transporte de dietas alimenticias entre centros dependentes desta xerencia (AB-ASF1-13-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 45 14 e 981 33 67 62.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-13-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte de dietas alimenticias entre centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Oferta económica: ata 70 puntos.

– Memoria de prestación do servizo: ata 25 puntos.

– Melloras: ata 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe sen IVE: 62.809,92 €.

b) Importe con IVE: 76.000,00 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos del contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: a cargo do/s adxudicatario/s.

10. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos, perfil do contratante: www.sergas.es

Ferrol, 25 de marzo de 2013

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xestión Integrada de Ferrol