Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración do sistema estereotáxico para rexistro electrofisiolóxico en toros de pequeno animal (expediente 7/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Teléfono: 986 81 37 67.

5. Telefax: 986 81 38 57.

6. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 7/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistema estereotáxico para rexistro electrofisiolóxico en toros de pequeno animal.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Enderezo: Facultade de Bioloxía no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 45 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) C.P.V.: 38300000-8 e CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1. Redución do importe de licitación: 40 puntos.

2. Calidade: 35 puntos.

3. Melloras: 15 puntos.

4. Ampliación da garantía, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 77.000 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 77.000 € + 16.170 € de IVE que debe soportar.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.500 euros.

11. Outras informacións: INP-2011-0032-PEP-010000-ACT1 (2011-2013). INPLANTA 2011, programa operativo de I+D+i por e para o beneficio das empresas. Fondo tecnolóxico, cofinanciado nun 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), data límite para executar a aplicación dos fondos decembro 2013.

Vigo, 19 de abril de 2013

P.D. (Resolución do 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo