Iniciado por Resolución nº RE-01/2013, do 25 de xaneiro, o procedemento para a reavaliación do posto de xefe do Servizo de Farmacia Hospitalaria, esta xerencia, de conformidade co establecido no artigo 43 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Resolución da Consellería de Sanidade do 13 de xullo de 2011 (DOG nº 144, do 28 de xullo), pola que se procede a publicar a Orde do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, en virtude do establecido na Orde do 22 de xullo de 2011 (DOG nº 146, do 1 de agosto) que desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada da Coruña e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver o procedemento para a reavaliación do posto de xefe do Servizo de Farmacia Hospitalaria convocado pola Resolución nº RE-01/2013, do 25 de xaneiro.
Segundo. Prorrogar por un período de catro anos o nomeamento como xefe do Servizo de Farmacia Hospitalaria da persoa relacionada no anexo da presente resolución.
A Coruña, 3 de abril de 2013
Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión integrada da Coruña
ANEXO
Posto de traballo: xefe do Servizo de Farmacia Hospitalaria.
Nome e apelidos: Mª Isabel Martín Herranz.
DNI: 32625822T.