De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución do 7 de xullo de 2011 e modificada por Resolución do 30 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 29 de xullo de 2011 e do 15 de febreiro de 2012) para cubrir catro prazas da categoría profesional especialista de oficios, xardineiro, grupo IV1, e comprobado que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,
resolve:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría especialista de oficios, xardineiro, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2013
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Categoría laboral: especialista de oficios, xardineiro
Quenda de acceso libre
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
1 |
44812375A |
García Castro, Alberto |
2 |
44809576X |
Guitián Lema, Marcos Vitorio |
3 |
33271672X |
Fernández González, María Pilar |
4 |
33289891J |
Pardo Quiroga, Manuel Alfonso |