María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3210/2010 desta sección, seguido por instancia de Miguel Sanjorge González contra a empresa Grupo Eninfes, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:
Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Miguel Ángel Sanjorge González contra a sentenza do 15 de marzo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nos presentes autos 411/2009, sobre cantidade, seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Grupo Eninfes, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.
Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:
– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).
– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).
Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Grupo Eninfes, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.
A Coruña, 11 de abril de 2013
A secretaria xudicial