O artigo 31.1 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da comunidade autónoma.
Para dar cumprimento ao disposto no devandito precepto, o Consello da Xunta de Galicia acordou, o 16 de setembro de 2010, facultar o titular da consellería competente en materia de portos para a designación e separación dos presidentes das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado en Galicia.
En consecuencia,
DISPOÑO:
O nomeamento de José Manuel Vilariño Anca como presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013
Rosa M. Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar