Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de abril de 2013, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persoa interesada o requirimento de emenda na solicitude de pagamento de subvención para adquisición protexida de vivendas de protección autonómica.

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada, o requirimento de emenda no procedemento administrativo que se detalla no anexo.

Tendo en conta o sinalado nos artigos 10.4º do Decreto 1/2010 e 71.1º da Lei 30/1992, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

Ourense, 9 de abril de 2013

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: O-AQ-0139/07.

Responsable: Manuel Yáñez Diéguez.

Enderezo: avenida 25 de Xullo, número 27, 1º A, 32500 O Carballiño.

Trámite que se notifica: emenda da solicitude de pagamento de subvención para a adquisición protexida de vivendas de protección autonómica.