De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada, a resolución do termo do procedemento administrativo, que se detalla no anexo.
Contra esta resolución, que non esgota á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interporse calquera outro recurso que se considere pertinente.
Ourense, 9 de abril de 2013
José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: O-RX-0540/11.
Responsable: José Luis Pérez Pérez.
Enderezo: Lamela, 32710 O Pereiro de Aguiar.
Resolución que se notifica: denegación da cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de vivendas no medio rural, tramitada ao abeiro do Decreto 44/2011, do 10 de marzo.