Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de formación en materia de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do programa de desenvolvemento rural sustentable: eixe 1, actuación 1.22.-CA.3 (expediente PA 1/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 1/2013.

2. Obxecto do contrato: servizo de formación en materia de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, para o cal cómpre executar 36 accións formativas distribuídas en 5 lotes, especificados no punto 5.

3. Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 30.9.2013. Este contrato non admite prórroga.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e multicriterio. Os criterios de adxudicación recóllense na cláusula 5 do PCAP.

5. Orzamento máximo de licitación: 117.875,00 €. De conformidade co artigo 20.Un.9º da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, o servizo obxecto deste contrato está exento de IVE. O dito importe está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 50 % a través do programa de desenvolvemento sustentable: eixe 1, actuación 1.22.-CA.3.

Orzamento desagregado por lotes:

Nº de lote

Tipoloxía dos cursos

Nº de edicións

Importe

1

Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola. Manexo práctico do tractor e os seus apeiros.

8

21.074,00

2

Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal. Manexo práctico de motoserra e rozadora.

6

26.937,00

3

Curso de prevención de riscos laborais en pequenas explotacións agrícolas.

8

28.864,00

4

Curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras.

8

28.700,00

5

Curso de prevención de riscos laborais en adegas e tarefas vitivinícolas.

6

12.300,00

Total

36

117.875,00

6. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación para cada un dos lotes.

7. Obtención de documentación e información: Servizo de Administración Xeral do Issga. Casa da Parra, praza da Quintana, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Tfno.: 881 99 93 34, fax: 881 99 94 33. Correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.es

8. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18640

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán xustificarse polos medios sinalados respectivamente na cláusula 4.3.7) e 4.3.8) do PCAP.

10. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 4.2 do PCAP.

c) Lugar e forma de presentación: Rexistro Xeral do Issga, situado na praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Cando a documentación se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama. Esta notificación cursarase ao Servizo de Administración Xeral do Issga referido no punto 7.

11. Apertura das ofertas: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar, edificio administrativo San Lázaro, s/n (planta 0), ás 10.00 horas do oitavo día natural seguinte ao do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Gastos do anuncio: serán por conta dos/as adxudicatarios/as do contrato e imputaranse proporcionalmente ao orzamento de cada un dos lotes dos que resultasen adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral