Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador PES-PO-0010/2013 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial e o instrutor, respectivamente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta Xefatura Territorial sito na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 1 de abril de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PES-PO-0010/2013.

Interesado: José Luis Moleiro Iglesias.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: CON-PO-0072/2012.

Interesado: Ramón Adolfo Pintos Pedrido.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: PES-PO-0052/2012.

Interesado: Mariano Pregal Martínez.

Acto notificado: resolución.