Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 22 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican á Asociación de Veciños San Bernardo de Cedeira os oficios de traslado dos recursos de alzada números RA/U/2013/00001 e RA/U/2013/00002.

Con data do 5 de outubro de 2012, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dita resolución pola que se lle concede a Special Olympics Galicia a autorización da Comunidade Autónoma para construción dun centro dotacional no lugar de Barrio de Coto do Coello-Cedeira, concello de Redondela.

Contra esta resolución interpóñense os seguintes recursos de alzada:

– RA/U/2013/00001, interposto por Luís Alonso Riveriro.

– RA/U/2013/00002, interposto por Juan José Comesaña López, como presidente da Asociación Deportiva e Cultural de Rande.

En cumprimento do establecido nos artigos 112 e 59.6º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e con carácter previo á resolución dos recursos presentados, concédeselle á Asociación de Veciños San Bernardo o prazo de 10 días de audiencia os interesados, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan manifestar por escrito as alegacións e presentar os documentos que consideren procedentes.

Os escritos de recursos e os expedientes porase de manifesto para tales efectos nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, a onde se dirixirán as alegacións, no caso de que procedan.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas