Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación de Fabricantes de Hormigón y Mortero para la Construcción de Galicia en cumprimento do auto ditado polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña relativo ao procedemento concursal da dita asociación.

En virtude do auto ditado polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña relativo ao procedemento concursal da Asociación de Fabricantes de Hormigón y Mortero para la Construcción de Galicia, mediante o cal se declara a disolución e se abre a fase de liquidación da entidade concursada, pola presente resolución faise público o acordo de disolución desta, consonte ao artigo 17.1 da Lei 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social