Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2010/0279-4).

Ao non ser atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao amparo do artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, recaída no procedemento número 97/2012, polo accidente laboral mortal do traballador José Manuel González Rodríguez.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (14.8.2010).

– Escrito de alegacións.

– Copia da sentenza xudicial.

Concédeselles un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2010/0279-4.

Acta núm. I362010000087243.

Empresa: Hermanos Chumbas, S.L.

NIF/DNI: B-36034692.

Enderezo: Acuña, 13 Vilaboa.

Vigo, 26 de marzo de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo