Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13485

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO polo que se fai público o trámite de audiencia aos interesados na expropiación de terreos para rematar beirarrúas existentes.

Na sesión plenaria que tivo lugar con carácter ordinario o pasado 27 de marzo de 2013, aprobouse, inicialmente, a relación dos propietarios e titulares de dereitos afectados polo procedemento de expropiación urxente dos bens e dereitos necesarios para o remate das beirarrúas na rúa da Coruña, cuxa ocupación se considera necesaria dada a importancia da redución dos prazos para a execución da obra e mellora das condicións de seguridade da estrada.

En cumprimento do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, faise pública dita relación co fin de que, dentro do prazo dos quince días seguintes ao de inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios do concello e no xornal El Correo Gallego, os que se consideren interesados no procedemento poidan presentar cantos datos puidesen permitir a rectificación de erros padecidos na relación que se fai pública e presentar, se é o caso, alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición daqueles.

O expediente obxecto desta información atópase depositado no departamento da Secretaría deste concello, podéndose consultar este durante o horario de oficina.

As publicacións referidas, particularmente o anuncio no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos do concello, servirán de notificación para os interesados e posibles titulares dominicais ou doutros dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens que se vaian expropiar que resulten descoñecidos ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica de notificacións, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Se efectuada a referida publicación, non comparecen os propietarios descoñecidos, entenderanse as dilixencias co Ministerio Fiscal.

A relación de propietarios obxecto de expropiación dos predios necesarios para a apertura das citadas beirarrúas, conforme o proxecto expropiatorio que figura no expediente, é a que se reflicte a continuación:

Número de predio: 1

Parcela situación: rúa Coruña, 33 Noia

Superficie que se vai expropiar: 41,60 m2

Referencia catastral: 9674018NH0397S0001PO

Propietarios: María del Carmen Díez Domínguez e Ángel Morandeira Santos

Número de predio: 2

Parcela situación: rúa Coruña, 35-37 Noia

Superficie que se vai expropiar: 40,10 m2

Referencia catastral: 9674016NH0397S0001GO

Propietarios: Josefa Rodríguez Iglesias

Noia, 2 de abril de 2013

Rafael García Guerrero
Alcalde