Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cristovo de Cea

ANUNCIO de información pública sobre nave para ampliación de granxa para cebadeiro de porcino en Faramontaos (Pereda).

Camilo Mosquera Rodríguez solicitou desta alcaldía licenza municipal para nave para ampliación de granxa para cebadeiro de porcino, que se situará en Faramontaos (Pereda), lugar: Agro Novo (parcela nº 504-polígono 27), deste termo municipal. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, coa finalidade de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

San Cristovo de Cea, 18 de abril de 2013

José Luis Valladares Fernández
Alcalde presidente