Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13488

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de alugamento, mantemento e limpeza de sanitarios químicos nas praias do concello.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo de alugamento, mantemento e limpeza de sanitarios químicos nas praias do concello, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de alugamento, mantemento e limpeza de sanitarios químicos nas praias do concello.

2. Duración do contrato: será de catro (4) anualidades, do ano 2013 ao 2016, ambos os dous incluídos, sen posibilidade de prórroga en ningún caso.

3. Prezo de licitación: o orzamento máximo de licitación por anualidade é de 39.868,38 €, sen incluír o IVE; este ascende a 8.372,36 € e o orzamento máximo de licitación por anualidade con IVE é de 48.240,74 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo rematase en festivo ou sábado se ampliará ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 9ª e 10ª dos pregos respectivos.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo o sinalado nas cláusulas 11ª e 12ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Garantías: provisoria non se exixe. Garantía definitiva do 5 % do importe total do prezo total da licitación, polas catro anualidades do contrato.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75.

11. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web
www.sanxenxo.es. Perfil do contratante.

Sanxenxo, 10 de abril de 2013

Catalina González Bea
Alcaldesa