Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13367

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013 pola que se fai pública a modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia, acordada polo Pleno en sesión do día 16 de abril de 2013.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da institución.

En consecuencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación, o Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 16 de abril de 2013, de conformidade co disposto no artigo 8 ap. j) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, en relación co artigo 27 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Modificar o posto de traballo nº 024, da RPT de persoal funcionario do Consello de Contas de Galicia, denominado técnico de informática, mediante a súa adscrición aos subgrupos A1/A2.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2013

Luciano Fariña Busto
Conselleiro Maior