Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13326

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2013.

O Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece no seu artigo 52 a posibilidade de outorgar axudas para a creación e o desenvolvemento de microempresas con vistas ao fomento do espírito empresarial e do desenvolvemento da estrutura económica. A Consellería do Medio Rural e do Mar dispón dun programa de desenvolvemento rural (PDR) para o período 2007-2013, cofinanciado pola Unión Europea a través do Feader nun 75 % seguindo as directrices do Regulamento (CE) 1698/2005 e disposicións complementarias. No PDR 2007-2013 figuran, na medida 312, axudas aos investimentos de microempresas que contribúan ao desenvolvemento rural, entre as que figuran as empresas de aproveitamentos forestais. No Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, establécense os criterios para subvencionar os gastos no marco do PDR cofinanciados polo Feader.

Estas axudas sométense ao réxime xeral de axudas establecido no Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao investimento e ao emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 242, do 14 de decembro), comunicado á Comisión Europea co número de rexistro de axuda X28/2010, en aplicación do Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008).

O sector da transformación e comercialización de produtos forestais está considerado como un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico da zona rural e para a consolidación e diversificación do seu tecido empresarial. As empresas de aproveitamentos forestais son empresas que traballan unicamente no rural, no sector forestal. O monte é unha parte importante da economía en Galicia, cunha poboación maioritariamente rural, e a práctica totalidade das empresas de aproveitamentos forestais galegas están situadas no rural e traballan nos montes da zona, con persoal do contorno, co que iso implica de diversificación e dinamización da economía rural. En Galicia, a industria da serradura ten unha grande importancia económica e social, abastecéndose fundamentalmente de madeira dos montes galegos, ademais da industria de pasta para papel e taboleiros. Está en aumento tamén nos últimos anos o aproveitamento doutros produtos forestais.

Coa finalidade de lograr unha boa execución dos recursos dispoñibles e asegurar a calidade dos investimentos que se subvencionan, recóllese a plurianualización das axudas, as penalizacións por non execución de investimentos aprobados, así como a adaptación das resolucións de axuda a modificacións dos proxectos investidores, todo isto garantindo os criterios de concorrencia competitiva aplicados na concesión das axudas e dentro do marco normativo establecido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.

2. Estas axudas abéiranse no Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e, no establecido para as axudas rexionais ao investimento, no Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008).

CAPÍTULO I
Bases reguladoras das axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013

Artigo 2. Investimentos subvencionables

Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención.

Artigo 3. Investimentos en activos fixos produtivos

Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).

Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no cal se subvencionará o diferencial de custo. Para tal fin, a empresa xustificará a necesidade e os beneficios esperados polas substitucións mediante unha memoria.

Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes:

a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios, non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.

b) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: esteladoras, fendedoras de leña, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.

c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.

d) Equipamentos de seguridade.

e) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipamentos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implementos.

f) Equipamentos tractocargadores completos e os seus implementos forestais (os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiránselles tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitando o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipamento).

g) Rozadoras, en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.

h) Góndolas, plataformas para o transporte da madeira ou biomasa e guindastres que se instalen nelas. O número de plataformas e guindastres limitarase ao número de equipamentos de saca (tractocargadores ou autocargadores) que teña a empresa. Non se subvencionará mais dunha góndola por empresa.

i) Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.

k) Equipamentos informáticos ata un máximo subvencionable de 2.000 euros/empresa, descontando as axudas percibidas anteriormente por este concepto.

Artigo 4. Plans e ferramentas de xestión empresarial

Poderán ser obxecto de subvención os servizos externos de diagnóstico, seguimento, certificación e execución de medidas correctoras, salvo adquisición de maquinaria, nas seguintes actuacións:

a) Consecución e actualización de licenzas para parques intermedios.

b) Implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade para o control de custos, calidade e mantemento.

c) Preparación do proceso produtivo para a adaptación á cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial necesarios para a realización da actividade.

Artigo 5. Beneficiarios

Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser microempresas do sector forestal radicadas en Galicia. Tomarase a definición de microempresa incluída no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto. Segundo esta definición, microempresas son aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

b) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe.

– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou na declaración anual do IVE).

– Amortizacións máis beneficios superiores á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou na declaración anual do IVE).

– Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.

– Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.

c) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a el), e unha declaración responsable do beneficiario de que a empresa cumpre coa normativa ambiental, incluída no anexo VII.

d) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

e) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, de ser o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

f) Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 1, número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 6. Exclusións

Non será subvencionable:

a) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.

b) A adquisición de maquinaria usada.

c) Os tributos recuperables polo beneficiario, como o IVE.

d) A renovación de maquinaria que non implique incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción. Para tal fin, a empresa xustificará a necesidade e os beneficios esperados pola substitucións mediante unha memoria. Neste caso valorarase unicamente a diferenza de custo.

e) Os gastos de reparación e mantemento.

f) Os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro ou calquera outra figura análoga.

g) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.

h) Os investimentos destinados ao comercio polo miúdo.

i) Os investimentos e actuacións con axudas financiadas con fondos comunitarios.

k) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.

l) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axuda ao abeiro desta convocatoria e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude no caso de investimentos en parques intermedios.

Artigo 7. Importe das axudas

1. Os investimentos en bens de equipamento, recollidos no artigo 3, terán unha subvención básica dun 30 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 40 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.

Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 4 subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.

2. A axuda máxima por solicitante limitarase a 100.000 euros.

Artigo 8. Criterios de selección

1. A concesión de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, segundo o artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A dispoñibilidade orzamentaria limitará o número de expedientes que se van aprobar.

2. Establécese un baremo de puntuación para seleccionar os investimentos que se van aprobar. Para iso, ordénase cada un dos investimentos solicitados de maior a menor puntuación, de acordo co baremo que se indica a seguir. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados nas alíneas a) e b).

a) Segundo o obxecto de investimento:

Baremo

Plans e ferramentas de xestión empresarial

200

Equipamentos informáticos

200

Investimentos en bens de equipamento de empresas de aproveitamento de produtos silvícolas non madeireiros, excepto maquinaria para aproveitamento comercial da biomasa forestal, fendedoras de leña

200

Equipamentos de seguridade

190

Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa

150

Instrumentos de medición de masas forestais

110

Equipamentos tractocargadores completos, autocargadores, arrastradores e outros equipamentos de saca de madeira

110

Rozadoras

100

Equipamentos completos e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal, esteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa

100

Implementos forestais (plataformas, guindastres e adaptación das plataformas) de transporte por estrada

100

Implementos forestais de maquinaria de desembosque

80

Procesadoras forestais e cortadoras

80

Góndolas para transporte de maquinaria

10

b) Segundo as características da empresa:

Baremo

Por cada punto porcentual de incremento de axuda, segundo o anexo II (máx. 150)

10

Por cada unidade resultante da aplicación da seguinte fórmula: [(V+T)/I] -1

V: importe de vendas da empresa, I: suma dos investimentos solicitados, T: importe de contratos de saca (máx. 60)

10

Empresas de comercialización conxunta (dun mínimo de 3 empresarios do sector con actividade nos últimos 3 anos)

100

Xerentes de idade inferior, na data de publicación desta orde, a 55 anos ou descendentes en activo na empresa

50

Empresas con mulleres xerentes, na data de publicación desta orde

20

Empresas situadas en concellos desfavorecidos (anexo III)

30

Empresas establecidas nos concellos que estean comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012, pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo IV)

30

3. Aprobaranse os investimentos así ordenados ata esgotar o orzamento. Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 4 subvencionaranse xunto cos investimentos en activos materiais segundo estes se aproben en función do baremo. A inclusión dun investimento material como subvencionable dá dereito á inclusión como subvencionable de todos os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial, que cumpran os requisitos, presentados pola empresa.

4. En caso de empate na puntuación de corte, e que non haxa orzamento suficiente para conceder a subvención a todos os investimentos coa mesma puntuación, ordenaranse estes segundo as 4 últimas cifras do NIF da empresa, de maior a menor, e irase aprobando a subvención para estes investimentos ata esgotar o orzamento.

Artigo 9. Solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

2. Os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á conselleira do Medio Rural e do Mar:

a) No caso de prever investimentos en acondicionamento de parques intermedios ou instalacións neles, deberá solicitar a comprobación de non inicio dos investimentos e xuntar o plano con indicación da localización do parque.

b) Instancia-solicitude, asinada polo representante legal ou persoa acreditada, dirixida ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, segundo modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de non estar asinada polo representante legal, deberá presentar documentación xustificativa da acreditación por parte da empresa. A solicitude de axudas comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, daquela deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

c) Deberase presentar contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren.

O investimento subvencionable elixirase conforme criterios de eficiencia e economía e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica. A Administración comprobará o valor do mercado dos gastos subvencionables, velará pola moderación adecuada dos custos propostos e rexeitará aqueles que non se axusten aos criterios anteriores.

d) Certificación da condición de microempresa, segundo o anexo V. Os empresarios autónomos deberán cubrir as alíneas b), e) e f). Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos serán referidos aos do ano 2012 e os de persoal serán referidos ao mes anterior ao anterior ao da publicación da orde.

e) Declaración relativa a outras axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas ou non, para os mesmos investimentos para os que se solicita subvención ao abeiro desta orde segundo o anexo VI.

f) Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo VII desta orde.

g) Ficha cos datos da empresa, segundo as distintas follas do anexo VIII, con todos os datos cubertos que procedan segundo o tipo de empresa e asinada na última folla.

h) Copia dos seguintes documentos:

1º Último imposto de sociedades ou, no seu defecto, do IRPF.

2º Copia cotexada do NIF ou DNI/NIE do solicitante. Ao abeiro do artigo 2 do Decreto 255/2008, as persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación dos seus datos persoais por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, non terán que presentar a copia do DNI ou NIE.

3º Últimos TC1, TC2 e TC1/8 anteriores á publicación da orde ou certificado da Seguridade Social de non ter traballadores nos réximes xeral e/ou agrario.

4º Último recibo de pagamento dos autónomos da empresa.

5º Documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a el.

6º Póliza do seguro de responsabilidade civil e recibo actualizado.

7º Contrato dun servizo de prevención de riscos laborais e recibo actualizado.

i) Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 5.

j) No caso dos investimentos do artigo 4 (plans e ferramentas de xestión empresarial): memoria asinada detallada do contido que se vai desenvolver.

k) No caso de maquinaria que estea supeditada á súa subvención a que a empresa teña maquinaria de saca en propiedade, como é o caso de rozadoras, plataformas con guindastre para transporte por estrada, góndolas etc., deberán presentar unha declaración responsable de que a empresa posúe maquinaria de saca en propiedade ou, no seu defecto, compromiso de que no momento da solicitude de cobramento final a vai posuír, segundo o anexo XII.

l) No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:

1º Plano asinado onde veña reflectida a situación do parque.

2º Licenza municipal de actividade e, de ser o caso, licenza de obra. No seu defecto, poderán presentar solicitude de licenza no concello e informe urbanístico favorable, tendo que presentar, neste caso, a licenza xunto coa solicitude de cobramento final da subvención.

m) No caso de investimentos para biomasa: contrato de subministración de biomasa ou xustificación documental de que o investimento está orientado a un aproveitamento comercial da biomasa.

n) No caso de substitucións de investimentos: memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución.

3. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo: https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV), dispoñible no enderezo: http://emediorural.xunta.es/oav

Artigo 10. Tramitación e concesión de axudas

1. A tramitación correspóndelle á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

Unha vez presentada a solicitude, revisarase e, no caso de que conteña defectos ou omisións, concederase un prazo de dez días hábiles para a súa emenda, coa indicación de que, se non se fixer, se dará por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 20.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da Lei 30/1992, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, á cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellar, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

2. Todas as solicitudes presentadas polo mesmo solicitante serán consideradas como unha soa para efectos de tramitación. Non se exixirá a presentación dos documentos que consten en poder da Xunta de Galicia, para iso, o solicitante deberá indicar o órgano e procedemento administrativo para o cal presentou tal documentación.

3. A distribución das anualidades nas axudas individuais realizarase con base nas previsións de execución comunicadas polos beneficiarios no anexo VII e nos condicionantes orzamentarios indicados no artigo 22.

A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano xestor, valorará as solicitudes de axuda seguindo os criterios regulados no artigo 8 e emitirá un informe con base no cal formulará a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Correspóndelle á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes resolver as solicitudes presentadas por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar.

A resolución individual e motivada notificaráselle ao interesado. Farase constar na resolución que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, así como o eixo prioritario do programa de desenvolvemento rural de que se trate, neste caso, o eixo 3, tal como figura na normativa sobre información e publicidade Feader recollida no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006. Farase constar tamén que se subvenciona ao abeiro do Regulamento 800/2008, da Comisión, de acordo co indicado no artigo 3.2 do dito regulamento.

6. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións é de 5 meses. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda poderán entenderse rexeitadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver da Administración.

7. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes se o acto for expreso. Se non o for, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto. Transcorridos os ditos prazos, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo sen perxuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Artigo 11. Documentación que deben presentar para a solicitude de cobramento

1. Para a percepción dos pagamentos, sexan pagamentos á conta ou totais, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de cobramento da subvención.

b) Copias cotexadas das facturas orixinais, así como copias cotexadas dos documentos bancarios de pagamento.

c) Relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo XI).

d) Declaración do beneficiario sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas ou non, para os mesmos investimentos, segundo o anexo VI.

e) Declaración responsable do beneficiario sobre a conta bancaria en que desexa que se lle ingrese a subvención, segundo o anexo IX.

2. No último pagamento presentaranse os seguintes documentos:

a) Actualización da ficha cos datos da empresa, segundo o anexo VIII da orde.

b) Memoria (anexo X), en que se indiquen as actuacións executadas, as medidas correctoras implantadas e a súa importancia na actividade futura do beneficiario.

c) Xustificantes das accións previstas no anexo II que se presentaron para incrementar a porcentaxe de axuda.

d) Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral do beneficiario desde o inicio do ano en que se solicitou a axuda ata a data de xustificación final dos investimentos, coa relación de traballadores e as datas de alta e baixa, ou certificado de non ter traballadores, se é o caso. Presentarase para os réximes xeral e agrario.

e) Últimos recibos dos autónomos da empresa anteriores á xustificación do cobramento.

f) Certificado de conformidade do provedor da factura presentada e do pagamento correspondente, onde figure o importe e a data da factura e do pagamento e o obxecto facturado claramente identificado e onde conste que se trata dun equipamento novo.

g) Específicas dos investimentos obxecto de subvención:

1º Plans e ferramentas de xestión empresarial: para o pagamento final presentarase un informe de seguimento do plan con detalle das accións correctoras.

2º Maquinaria móbil: certificado de homologación (ou, no caso de vehículos de rodas, ficha técnica e permiso de circulación) do conxunto máquina base -modificacións- e apeiros instalados, no cal conste o ano de fabricación da máquina, e seguro do vehículo ou de responsabilidade civil da empresa con indicación expresa do vehículo. Ademais, deberase presentar a mesma documentación dos equipamentos do mesmo tipo subvencionados anteriormente ou dos que os substituíron. Deberá tamén presentar certificado orixinal do fabricante do equipamento subvencionado, con indicación do número de chasis e do ano de fabricación, así como copia do facsímile do fabricante do número de chasis.

3º Vehículos e implementos de transporte de madeira por estrada: documentación indicada no número anterior, tanto dos bens obxecto de subvención como dos equipamentos de saca que condicionan a súa subvención (non será necesario presentar certificado orixinal do fabricante do equipamento subvencionado, con indicación do número de chasis e do ano de fabricación, nin copia do facsímile do fabricante do número de chasis dos equipamentos de saca que condicionan a súa subvención).

4º Parques intermedios de rolla ou biomasa: deberán presentar a licenza municipal e a de obra se non foron presentadas coa solicitude de subvención. No caso de instalacións, deberán presentar certificado de fabricación e homologación e certificado de conformidade das instalacións realizadas coa normativa ambiental e de seguridade industrial vixente.

3. Nas facturas deberá figurar claramente especificado o obxecto facturado e, no caso de maquinaria, deberán figurar os datos identificativos, marca, modelo e número de bastidor.

As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

4. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

5. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 1.000 €; neste caso, o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, en que se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación xuntarase á factura preceptiva.

Para gastos que non superen os 300 € admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor en que figure a expresión «Recibín en metálico».

Artigo 12. Procedemento de pagamento e xustificación

1. Unha vez presentada a solicitude de cobramento final, realizarase a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados. Os equipamentos subvencionados non poderán comezar a traballar ata que se realice a dita inspección na Comunidade Autónoma de Galicia. O feito de que se comprobe na inspección que o equipamento comezou a traballar ou que presente probas de que a máquina é usada, ocasionará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

2. Poderase solicitar calquera documentación adicional relacionada co investimento subvencionado en caso de dúbida sobre o cumprimento das condicións establecidas na presente orde.

3. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes emitirá a correspondente proposta de pagamento.

4. De acordo co Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderanse realizar pagamentos á conta. Os pagamentos á conta non superarán o 80 % da subvención concedida.

5. Os pagamentos á conta, cando o importe da primeira anualidade supere os 18.000 euros, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto na convocatoria. O referido aval depositarase á disposición da Consellería do Medio Rural e do Mar na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e deberá cubrir o 110 % do importe que se percibirá na primeira anualidade da subvención. O certificado de depósito do aval presentarase na solicitude de cobramento da primeira anualidade xunto co resto da documentación, nos prazos que se establezan para a xustificación da primeira anualidade da subvención. Este certificado de depósito devolveráselle ao interesado unha vez se comprobe, mediante inspección in situ, a realización material do obxecto da subvención, así como as restantes condicións da subvención. Estes avais poderán ser liberados no suposto de que se constitúan para pagamentos á conta correspondentes a fases ou partes do investimento susceptibles de avaliación independente e se comprobe a realización do investimento.

6. O pagamento da porcentaxe adicional aos investimentos en activos produtivos, recollido no artigo 7, queda condicionado á execución das accións que incrementan a axuda e ao seu seguimento por parte da empresa.

Artigo 13. Modificación da resolución e reintegros da axuda

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisar introducir modificacións neste para unha mellor xestión empresarial, ben sexa no obxecto dos investimentos subvencionados, no importe dos investimentos subvencionados ou ben na distribución de anualidades, solicitará autorización da Consellería do Medio Rural e do Mar, xustificará as razóns do cambio e xuntará a oportuna actualización do expediente que recolla as variacións do proxecto orixinal. O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata os dous meses anteriores á finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supor discriminación a terceiros.

A modificación realizarase mediante resolución da conselleira do Medio Rural e do Mar, logo de instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada da Subdirección Xeral de Recursos Forestais, aplicando os criterios de selección do artigo 8.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de subvención, así como encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

3. Serán causa de reintegro de subvención as circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Se o beneficiario percibise pagamentos parciais e a execución parcial non cumprise os obxectivos iniciais previstos ou as accións do anexo II comprometidas, así como as condicións da resolución, procederase á tramitación do expediente de reintegro da subvención percibida máis os xuros de mora, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, conforme o disposto no artigo 2 do Regulamento 937/2012.

4. No caso de que se xustificasen investimentos por menor importe do aprobado, a subvención que se pague será proporcional aos investimentos xustificados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente.

5. Aplicarase unha penalización equivalente ao 20 % da axuda correspondente aos investimentos non xustificados, salvo que o beneficiario comunique a imposibilidade de executar estes investimentos cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de execución non prorrogado.

Esta penalización aplicarase tamén para as accións do anexo II non xustificadas.

6. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario na solicitude de cobramento supere en máis dun 3 % o importe da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, reducirase a maiores a axuda que vai percibir como resultante da comprobación final na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

7. Se se descubre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de que se trate quedará excluído da axuda e recuperaranse todos os importes que foran aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

Artigo 14. Controis

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis que considere oportunos co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas, en especial a contabilidade e/ou a xestión técnico-económica da maquinaria e o cumprimento dos compromisos adquiridos coa concesión da subvención.

2. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis administrativos, controis sobre o terreo e controis a posteriori previstos no Regulamento (CE) nº 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello, polo que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural. Os controis administrativos realizaranse sobre o 100 % dos expedientes presentados e os controis sobre o terreo sobre un mínimo dun 4 % do gasto público declarado á Comisión no ano natural correspondente. Esta mostra deberá sumar o 5 % do gasto declarado polo mesmo concepto durante todo o período de programación. Os controis a posteriori faranse sobre unha mostra do 1 %, como mínimo, do gasto público declarado á Comisión.

3. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, así como das instancias comunitarias de control respecto das operacións cofinanciadas con Feader.

Artigo 15. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións consideradas na concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 17. Obrigas

1. O beneficiario da axuda está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. O beneficiario non poderá substituír os equipamentos subvencionados anteriormente polos equipamentos obxecto de subvención e deberá manter os investimentos subvencionados e os requisitos que condicionaron a obtención da axuda durante un período mínimo de 5 anos, contados desde a data da resolución de concesión da subvención.

4. O beneficiario está obrigado a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación, tal e como exixe o artigo 75.1.c) e i) do Regulamento (CE) nº 1698/2005.

5. O beneficiario está obrigado a autorizar expresamente a Xunta de Galicia para que obteña de forma directa, a través da AEAT, a información tributaria do beneficiario que resulte necesaria para cuantificar os indicadores de resultados do PDR de Galicia 2007-2013, de acordo co establecido no Marco común de seguimento e avaliación do Feader. Alternativamente, os beneficiarios poderán optar por achegar a información tributaria sinalada no anexo XIV desta orde nos prazos concretos especificados nel. A opción seleccionada de entre as dúas anteriores deberá especificarse na solicitude de axuda presentada (anexo I).

Artigo 18. Información e publicidade

Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, as microempresas beneficiarias das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader, indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 €, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa en que figurará unha descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais».

CAPÍTULO II
Convocatoria de axudas para 2013

Artigo 19. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2013 as axudas reguladas por esta orde. As solicitudes, a documentación, as condicións e o procedemento de xestión das axudas serán os establecidas con carácter xeral nos artigos anteriores.

Artigo 20. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 21. Prazo de xustificación

O prazo de xustificación finalizará o 15 de setembro de 2013 e o 31 de maio de 2014, segundo a anualidade que corresponda. Poderanse conceder prórrogas de cada anualidade, de acordo co artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de solicitude razoada realizada cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de xustificación.

Artigo 22. Financiamento

1. As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.0, código de proxecto 2007 00464, con 540.000 euros para o ano 2013 e 1.500.000 euros para o ano 2014. Este orzamento poderá verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

2. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 % e do Estado e da Xunta de Galicia do 25 %.

Disposición adicional primeira

As axudas serán incompatibles con calquera outra destinada para os mesmos fins que teña fondos comunitarios. Serán compatibles con outras con fondos non comunitarios ata un máximo de subvención global do 50 % do custo do investimento.

Disposición adicional segunda

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Disposición adicional terceira. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición adicional cuarta

No non previsto nesta orde observarase o disposto nos regulamentos (CE)1974/2006, (CE)1698/2006 e (CE)65/2011, do Consello; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Real decreto 1852/2009 que establece os criterios para subvencionar os gastos dos programas de desenvolvemento rural.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar cantos actos e instrucións considere oportunos para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO II
Accións e porcentaxe de incremento da axuda

Accións que incrementan a axuda

(nos investimentos en activos fixos produtivos)

Incremento da axuda

Por cada curso de formación específico da actividade forestal cunha duración mínima de 20 horas, realizado por traballadores da empresa desde o 1.1.2005 (máximo 2 cursos)

1 %

Por dispor de contrato de externalización das garantías dos traballadores

1 %

Por pertenza a asociación profesional do sector

2 %

Por ter contrato con xestor autorizado de residuos industriais

3 %

Empresas coa cadea de custodia implantada nos últimos cinco anos ou con implantación anterior a cinco anos e que presenten actualización da implantación.

(Se está certificada por auditor autorizado increméntase nun 2 % adicional)

3 %

Empresas con cadea de custodia en proceso de implantación na empresa.

(Se está en proceso de certificación por auditor autorizado increméntase nun 1 % adicional)

1 %

Plan de control da calidade e/ou mellora da xestión empresarial.

(Se está en proceso de certificación por auditor autorizado incrementarase nun 1 % adicional)

1 %

Empresas de comercialización conxunta

5 %

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, ata un máximo de 2

1 %

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, para mulleres, persoas de idade inferior a 25 anos, persoas con discapacidade ou con dificultade de inserción, ata un máximo de 2

2 %

Os cursos de formación deberán ter un recoñecemento oficial. Non se contabilizarán os propios dos plans de seguridade laboral. Para valorar os cursos de formación poderase achegar un compromiso, mediante declaración xurada, xunto co informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso. Os traballadores deberán estar en activo na empresa.

As empresas de nova creación poderán achegar compromiso de realización das accións.

Plans de adaptación á cadea de custodia e de mellora da xestión empresarial: no momento da solicitude abondará o contrato ou orzamento comercial da acción e a memoria en detalle do contido que se vai desenvolver.

Só puntuará a creación dos postos de traballo fixo na empresa ou a conversión de eventual a fixo que se faga a partir da data de publicación da orde. Para a súa valoración poderase presentar un compromiso mediante declaración xurada.

Estas accións serán comprobadas na inspección final, analizando se efectivamente foron incorporadas ao funcionamento normal da empresa. A non execución será penalizada de acordo co indicado no artículo 13.5.

ANEXO III
Listaxe de concellos desfavorecidos

A Coruña

Guitiriz

Bola, A

Ramirás

Aranga

Guntín

Bolo, O

Ribadavia

Arzúa

Incio, O

Calvos de Randín

San Xoán de Río

Boimorto

Láncara

Carballeda

Riós

Capela, A

Lugo

Carballeda de Avia

Rúa, A

Cedeira

Meira

Carballiño, O

Rubiá

Cerceda

Mondoñedo

Cartelle

San Amaro

Cerdido

Monforte de Lemos

Castrelo de Miño

San Cibrao das Viñas

Coirós

Monterroso

Castrelo do Val

Cea

Curtis

Muras

Castro Caldelas

Sandiás

Frades

Navia de Suarna

Celanova

Sarreaus

Irixoa

Negueira de Muñiz

Cenlle

Taboadela

Mañón

Nogais, As

Chandrexa de Queixa

Teixeira, A

Melide

Ourol

Coles

Toén

Mesía

Outeiro de Rei

Cortegada

Trasmiras

Monfero

Palas de Rei

Cualedro

Veiga, A

Ordes

Pantón

Entrimo

Verea

Oroso

Paradela

Esgos

Verín

Ortigueira

Páramo, O

Gomesende

Viana do Bolo

Pino, O

Pastoriza, A

Gudiña, A

Vilamarín

P. de García Rodríguez, As

Pedrafita

Irixo, O

Vilamartín de Valdeorras

San Sadurniño

Pol

Xunqueira de Ambía

Vilar de Barrio

Santiso

Pobra de Brollón, A

Larouco

Vilar de Santos

Sobrado

Pontenova, A

Laza

Vilardevós

Somozas, As

Portomarín

Leiro

Vilariño de Conso

Toques

Quiroga

Lobeira

Xinzo de Limia

Tordoia

Rábade

Lobios

Xunqueira de Espadanedo

Touro

Ribas de Sil

Maceda

Pontevedra

Trazo

Ribeira de Piquín

Manzaneda

Arbo

Val do Dubra

Riotorto

Maside

Campo Lameiro

Vilasantar

Samos

Melón

Cañiza, A

Cariño

Sarria

Merca, A

Cerdedo

Lugo

Saviñao, O

Mezquita, A

Cotobade

Abadín

Sober

Montederramo

Covelo

Alfoz

Taboada

Monterrei

Crecente

Antas de Ulla

Triacastela

Muíños

Cuntis

Baleira

Valadouro

Nogueira de Ramuín

Dozón

Baralla

Vilalba

Oímbra

Estrada, A

Becerreá

Ourense

Ourense

Forcarei

Begonte

Allariz

Paderne de Allariz

Fornelos de Montes

Bóveda

Amoeiro

Padrenda

Agolada

Carballedo

Arnoia, A

Parada de Sil

Lalín

Castro de Rei

Avión

Pereiro de Aguiar, O

Lama, A

Castroverde

Baltar

Peroxa, A

Mondariz

Cervantes

Bande

Petín

Neves, As

Chantada

Baños de Molgas

Piñor

Pazos de Borbén

Corgo, O

Barbadás

Pontedeva

Ponte Caldelas

Cospeito

Barco de Valdeorras, O

Porqueira

Rodeiro

Folgoso do Courel

Beade

Pobra de Trives, A

Silleda

Fonsagrada, A

Beariz

Punxín

Vila de Cruces

Friol

Blancos, Os

Quintela de Leirado

Xermade

Boborás

Rairiz de Veiga

ANEXO IV
Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal

Provincia

Concellos

Ourense

Arnoia (A), Baltar, Bande, Beade, Blancos (Os), Bola (A), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Melón, Mezquita (A), Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Trasmiras, Verea

Pontevedra

Arbo, Baiona, Crecente, Gondomar, Guarda (A), Neves (As), Nigrán, Oia, Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui

ANEXO XIV
Documentación tributaria que deben presentar os beneficiarios das axudas

Natureza do beneficiario

Información para presentar

Prazo en que deberá ser presentada

Sociedade anónima,

sociedade limitada ou sociedade cooperativa

Importes incluídos nos recadros 255, 258, 260, 265 e 270 das declaracións do imposto de sociedades (modelo 200) presentadas á AEAT correspondentes aos seguintes exercicios:

– Exercicio fiscal en que se produza o último pagamento da axuda concedida a través desta orde (exercicio x).

– Dous exercicios fiscais posteriores ao anterior (exercicio x+2).

(Aqueles beneficiarios que teñan percibido en anos anteriores axudas da Xunta de Galicia da mesma natureza que as desta orde, adicionalmente deberán presentar os importes incluídos nos recadros 255, 258, 260, 265 e 270 das declaracións do imposto de sociedades (modelo 200) presentadas á AEAT correspondentes aos exercicios 2010, 2011 e 2012).

Durante o mes de setembro do ano x+3.

Persoas físicas,

sociedades civís ou comunidades de bens

Copia compulsada das seccións E1, E2 e E3 das declaracións do IRPF (modelo 100) presentadas á AEAT correspondentes aos seguintes exercicios:

– Exercicio fiscal en que se produza o último pagamento da axuda concedida a través desta orde (exercicio x).

– Dous exercicios fiscais posteriores ao anterior (exercicio x+2).

(Aqueles beneficiarios que teñan percibido en anos anteriores axudas da Xunta de Galicia da mesma natureza que as desta orde, adicionalmente deberán presentar copia compulsada das seccións E1, E2 e E3 das declaracións do IRPF presentadas á AEAT correspondentes aos exercicios 2010, 2011 e 2012).

Durante o mes de xullo do ano x+3

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file