Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, multicriterio e trámite ordinario, para o remate da obra de construción de 52 vivendas de promoción pública e da urbanización no barrio de Covadonga, Ourense (expediente OU-2006/010 T).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: remate da obra de construción de 52 VPP e da urbanización en Covadonga, Ourense.

b) Prazo de execución: 8 meses.

3.Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento de licitación: construción: 2.203.364,40 €; urbanización: 556.495,81 €.

b) IVE: construción 10 %: 220.336,44 €; urbanización 21 %: 116.864,12 €.

c) Importe total (IVE incluído): construción: 2.423.700,84 €; urbanización: 673.359,93 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 7,5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo 4-8-9, categoría d.

7. Obtención de documentación:

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos cales terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

– Poderanse obter os pregos a través da internet no perfil do contratante no enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18688

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes: non se admiten.

10. Apertura de proposicións:

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2013

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo