Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza das dependencias deste instituto.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2013/227.00/01.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18366

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de limpeza das dependencias do Instituto Galego de Estatística.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 19, do 28 de xaneiro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e tramitación ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 167.400,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 99.032,14 €. Importe total: 119.828,89 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2013.

c) Contratista: Limpezas Faro, S.L. NIF: B36608172.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 99.032,14 €. Importe total: 119.828,89 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2013

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística