Advertido erro no texto da dita orde, publicada no DOG nº 77, do luns 22 de abril de 2013, cómpre facer a oportuna corrección:
Na páxina 12367, artigo 3.3, parágrafo 4, onde di: «A escola infantil de Vite abrirá os días 23, 26 e 27 de decembro de 2013, os días 14, 15 e 16 de abril e durante o mes de agosto de 2014, no caso de ter unha demanda igual ou superior a 15 nenas/os. Neste caso, o peche diario realizarase ás 17.00 horas».
Debe dicir: «A escola infantil de Vite non abrirá os días 23, 26 e 27 de decembro de 2013, os días 14, 15 e 16 de abril e durante o mes de agosto de 2014, ao participar no sistema de quendas establecido para as escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar na cidade de Santiago de Compostela».