Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se procede á exposición pública da lista de parcelas propostas para seren receptoras de lodos de depuradora (PTLD).

De conformidade co artigo 12 do Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á exposición pública das parcelas propostas nos concellos onde están radicadas para que os veciños poidan trasladar toda información que consideren relevante relativa á situación de mananciais, puntos de captación e condicións non inventariadas.

O prazo para efectuar as ditas alegacións entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio e rematará transcorridos vinte días. A listaxe de parcelas atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar nos taboleiros de anuncios dos concellos de Agolada, Arteixo, Arzúa, As Somozas, Boimorto, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cesuras, Coristanco, Gondomar, Irixoa, Mazaricos, Muxía, Ordes, Oza dos Ríos, Paderne, Salvaterra de Miño, Santa Comba, Tomiño, Tordoia, Touro, Trazo, Tui e Vedra.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria