Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15088

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 3 de maio de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2013.

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación e, a través do Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; do Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e mais do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, a Consellería de Traballo e Benestar asume o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

Correspóndelle, pois, á Consellería de Traballo e Benestar, para o exercicio orzamentario 2013, a xestión das subvencións e axudas públicas das políticas activas de emprego, entre as cales están as medidas dirixidas, por unha banda, a fomentar a creación de emprego de calidade e, por outra, a incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo no marco da Estratexia europea para o emprego, do Programa nacional de reformas, da Estratexia española de emprego, do Plan anual de política de emprego (PAPE), do Plan estratéxico de Galicia 2010-2014. Horizonte 2020 (PEG) e no eido da colaboración institucional e do diálogo social entre o Goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.

As recomendacións da UE en materia de emprego diríxense a que os Estados membros deben descentralizar a xestión das políticas de emprego, de forma que estas se acheguen e adecúen ás necesidades concretas de cada territorio e á realidade do mercado de traballo local, co fin de lograr unha estratexia de acción común. Estas directrices fan especial fincapé na importancia da creación de postos de traballo no ámbito local desde a perspectiva de que existen novos viveiros de emprego susceptibles de xeraren novos postos de traballo, sendo no ámbito local onde se atopan as maiores posibilidades de detección e aproveitamento en beneficio do emprego.

Así, os programas de cooperación tratan de dar un enfoque global ás liñas de fomento do emprego público ou institucional, desde a dobre perspectiva de serviren de ferramenta para a mellora da empregabilidade, a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen neles e da dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural.

Con esta finalidade impleméntase esta convocatoria de subvencións como instrumento a través do cal se lles ofrece aos demandantes de emprego unha oportunidade para adquirir unha experiencia laboral mínima que poida permitir a súa futura inserción no mercado de traballo, canalizando a práctica laboral adquirida cara a ocupacións que faciliten unha maior estabilidade no emprego.

O mantemento para este exercicio do importante axuste nos orzamentos estatais en materia de políticas activas de emprego fai que a prioridade establecida para as obras e servizos na redacción final da orde de convocatoria para 2012 se manteña para este exercicio, en coherencia coas propostas formuladas pola Fegamp. O obxectivo fundamental desta medida é facilitar a mellora da empregabilidade dos traballadores desempregados a través da adquisición de experiencia profesional, obxectivo que non se desvirtúa, senón que se potencia, concentrando as obras e servizos que se van desenvolver e, por tanto, as contratacións, nuns sectores potencialmente xeradores de emprego, como son os priorizados no texto articulado, cada vez máis demandados pola sociedade e que precisan de profesionais con experiencia para cubrir as necesidades cada vez maiores nestes ámbitos.

Consolídase a novidade e, á vez a exixencia, introducida no exercicio de 2012, pola que esta orde prevé o uso e a aplicación de medios telemáticos para tramitar e presentar a solicitude, exclusivamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, creada polo Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que establece o marco de desenvolvemento da Administración electrónica na Administración pública galega, como canle principal de relación do cidadán coa Administración e co obxectivo de avanzar na mellora da calidade e da eficacia dos servizos ofrecidos. Esta exixencia comporta a necesaria obtención por parte dos representantes legais das entidades, cando non dispoñan deles, do DNI electrónico ou do certificado electrónico de persoa física da FNMT.

Nesta convocatoria de 2013, a distribución provincial de créditos para o financiamento destes programas realizarase tendo en conta o número de persoas desempregadas, a evolución do paro rexistrado no período 2008-2012 e a evolución da poboación no citado período, e, ademais, en coherencia cos programas Impulsa de Lugo e Ourense, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, o necesario equilibrio e a solidariedade con aqueles territorios máis desfavorecidos. Cómpre mencionar, igualmente, a consolidación da novidade introducida en 2011 da fixación, para os efectos de garantir unha distribución o máis equitativa posible dos recursos entre os distintos concellos que poidan participar nesta convocatoria, duns topes máximo e mínimo no importe total que se obterá nesta convocatoria, asignándoselle a cada solicitante unha axuda mínima equivalente ao resultado de sumar a contía máxima subvencionable por unha contratación á contía equivalente ás contratacións que lle correspondan en función do seu número de habitantes e de conformidade cuns tramos predeterminados.

Continúanse primando neste exercicio aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, manténdose igualmente a posibilidade de que os concellos que presentasen as correspondentes solicitudes realicen contratacións á conta das futuras resolucións de concesión, unha vez autorizadas polas respectivas xefaturas territoriais.

Por outra banda, cómpre salientar que, para este exercicio con carácter excepcional, se outorga un especial e singular tratamento ao primar aqueles concellos que, se é o caso, puidesen resultar especialmente prexudicados como consecuencia da desaparición dos grupos municipais de intervención rápida (Grumir) e a súa substitución polos grupos de emerxencia supramunicipais (GES), por carecer de servizos profesionais de emerxencias, co obxecto de garantir a salvagarda das persoas, dos seus bens e do patrimonio a nivel municipal.

As subvencións contidas nesta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.322A.460.0 (2013 00 531), por un importe global de 8.600.000 euros, contida na Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Porén, estes créditos estimados poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Finalmente, cómpre subliñar que as axudas reguladas nesta orde poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, a través do Programa operativo Adaptabilidade e Emprego PO 2007 ES 05U PO 001, para o período 2007-2013. As entidades deberanse someter ao cumprimento das obrigas relacionadas coas medidas de publicidade impostas polo Regulamento da Comisión (CE) número 1828/2006, do 8 de decembro.

En consecuencia, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais e a Federación Galega de Municipios e Provincias, logo do informe favorable da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada, e tendo en conta as regras establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, no que resulte de aplicación, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, en virtude das atribucións que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social (procedemento TR351A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Artigo 2. Financiamento

1. O financiamento destes programas efectuarase con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2013, a través dos créditos consignados na aplicación 11.03.322A.460.0 CP 2013 00 531, polo importe global de 8.600.000 euros.

2. Os ditos créditos estimados poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas nesta orde será directamente proporcional ao número de persoas paradas e á evolución do paro rexistrado no período 2008-2012 e inversamente proporcional á evolución da poboación no citado período, e terá en conta, en coherencia cos programas Impulsa de Lugo e Ourense, o necesario equilibrio e solidariedade con aqueles territorios máis desfavorecidos.

4. Para os efectos de garantir unha distribución o máis equitativa posible dos recursos entre os distintos concellos que poidan participar nesta convocatoria, establécense uns límites mínimo e máximo no importe total que se pode obter nesta convocatoria por cada un. Para tal fin asignarase a cada concello solicitante una axuda mínima equivalente ás contratacións que lle correspondan en función do seu número de habitantes e de conformidade co tramo en que se atope segundo a seguinte escala:

• Ata 1.000 habitantes: 1 contratación.

• De 1.001 a 2.000 habitantes: 2 contratacións.

• De 2.001 a 5.000 habitantes: 3 contratacións.

• De 5.001 a 20.000 habitantes: 4 contratacións.

• Máis de 20.000 habitantes: 5 contratacións.

A contía máxima subvencionable para cada concello beneficiario será a equivalente, en número de contratacións, a 300.000 euros. Para os efectos do cómputo deste límite máximo non se terán en conta as axudas para a contratación de mulleres vítimas de violencia.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

Artigo 4. Requisitos das obras ou servizos

1. As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade dos traballadores e traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas a que se lles encomende a súa execución.

b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas.

c) Que a porcentaxe mínima de persoas traballadoras desempregadas que se vaian ocupar na realización da obra ou servizo sexa do 75 por 100.

d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.

e) Que sexan proxectos que teñan en conta profesións que favorezan a inserción laboral.

f) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolverán a prestación dos servizos non supere os seis meses desde a súa data de inicio, cando a xornada sexa a tempo completo. En caso de contratacións a tempo parcial, ata o 75 por cento, a dita duración máxima poderá estenderse ata os doce meses.

2. No caso das solicitudes conxuntas, cando non se acredite a realización conxunta da obra ou do servizo e supoñan actuacións independentes en cada entidade local, as citadas solicitudes quedarán excluídas.

Artigo 5. Subvención: contía

1. A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será:

a) Para os efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada, cos seguintes máximos:

Para o grupo de cotización 1: 2.700 €.

Para o grupo de cotización 2: 2.200 €.

Para o grupo de cotización 3: 2.000 €.

Para o grupo de cotización 4: 1.900 €.

Para o grupo de cotización 5: 1.800 €.

Para o grupo de cotización 6: 1.700 €.

Para o grupo de cotización 7: 1.600 €.

Para o grupo de cotización 8: 1.500 €.

Para o grupo de cotización 9: 1.500 €.

Para o grupo de cotización 10: 1.500 €.

Estes importes máximos incrementaranse nun 15 % no caso de que as contratacións se realicen nunha obra ou servizo solicitado conxuntamente.

b) Para os efectos de incentivo á mobilidade xeográfica, será de 180 € mensuais por cada beneficiaria do Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia contratada que reúna os requisitos para percibilo.

2. A contía da subvención reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial.

3. Para os efectos destas subvencións, non se consideran custos salariais elixibles o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1º c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e gratificacións extrasalariais que non formen parte da base de cotización.

4. O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

Artigo 6. Presentación de solicitudes

1. Para poder ser entidade beneficiaria das axudas reguladas nesta orde deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que, a título exclusivamente informativo, figuran como anexos desta orde e que irán acompañados da documentación a que se fai referencia no artigo 7 que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico. Para isto, no proceso de formalización electrónica, permitiranse anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato: pdf, odt, ods, xls, docx, xisx, jpg, jpeg, png, tiff e bmp).

2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados polo representante legal da entidade correspondente ou por persoa debidamente acreditada.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. As entidades solicitantes deberán presentar unha solicitude por cada obra ou servizo que vaian desenvolver.

4. Para os efectos do disposto na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006; no artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e nos artigos 14 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante a presentación da solicitude asinada, a entidade interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo e Benestar para incluír e facer públicos nos referidos rexistros e na páxina web os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, poderán exercerse os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido á Consellería de Facenda.

5. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación incondicionada das presentes bases reguladoras.

7. Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigo 54 ao 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 7. Documentación

1. Xunto co formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación, que, nos casos recollidos no número 3 deste artigo, o solicitante poderá identificar como información accesible, de xeito que a correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar poderá acceder á dita documentación sen que sexa presentada polo solicitante:

a) Copia da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

b) Copia do DNI da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención (se se autoriza a consulta, a través do sistema de verificación de datos de identidade (SVDI); no formulario de solicitude non será necesaria a súa achega).

c) Unha memoria da obra ou servizo que se vai realizar co detalle do perfil das persoas desempregadas que se pretenden contratar, no modelo que se publica como anexo II, xunto co proxecto e planos cando o tipo de obra así o exixa, así como a descrición da vinculación dos programas de cooperación solicitados coa estrutura do paro do ámbito territorial, cos colectivos a que van dirixidos e cos recursos e potencialidades da zona, apuntando os aspectos positivos que, previsiblemente, terá a posta en práctica dos programas no desenvolvemento económico e social do territorio, redactada polo/a axente de emprego e desenvolvemento local da entidade local, se o hai.

d) Certificación do secretario ou secretaria da entidade local na cal consten os seguintes aspectos:

– A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude, para o caso de que non se trate do representante legal.

– A aprobación da solicitude de subvención.

– A disposición de financiamento para as partidas orzamentarias que sexan financiadas por aquela.

– As retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social, con referencia da publicación oficial do convenio colectivo que resulte de aplicación, xuntando as táboas salariais vixentes no momento da solicitude.

e) Cando unha mesma entidade solicite máis dunha obra ou servizo, será suficiente coa presentación da documentación xeral coa primeira solicitude.

f) Declaración de obrigas da Unión Europea, no modelo que se publica como anexo III.

g) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración, se é o caso, e memoria explicativa da prestación conxunta da obra ou servizo con indicación das achegas económicas e achegas dos concellos agrupados.

2. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:

a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

c) Que as copias dos documentos sinalados nas letras a) e b) do número anterior coinciden cos orixinais, poñéndose á disposición da Administración actuante para presentar estes cando se lle requira.

3. Cando os documentos exixidos nos puntos 1.a) e b) deste artigo xa estivesen en poder da correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar e non se producisen modificacións no seu contido, a entidade solicitante poderá identificalos como información accesible e acollerse ao establecido na alínea f) do artigo 35 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar esta circunstancia especificando o ano en que se remitise a dita documentación, o número de expediente correspondente e non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda.

4. Se no exame do expediente se comprobase que a documentación non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se achega na súa totalidade, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se dará por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 desta lei.

Artigo 8. Procedemento

1. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Emprego e Formación da respectiva xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

3. Unha vez revisados os expedientes e completados, se é o caso, remitiranse á Comisión de Valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe, no cal se concretará o resultado da avaliación efectuada á totalidade dos expedientes, tendo en conta que as resolucións se poderán tramitar en diversas fases, en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Aqueles expedientes dos que nas primeiras fases non se formule proposta de resolución favorable á súa aprobación, non se considerarán rexeitados e teraos en consideración o órgano instrutor en futuras propostas de concesión, de conformidade co informe da Comisión de Valoración.

Para estes efectos a Comisión de Valoración estará composta pola persoa responsable do Servizo de Emprego e Formación, que a presidirá, e, como vogais, dúas persoas adscritas ao citado servizo, unha delas realizará as funcións de secretaría.

Se, por calquera causa, no momento en que a Comisión de Valoración teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puider asistir, será substituída pola persoa que, para o efecto, designe o órgano competente para resolver.

4. De entre as obras e servizos que cumpran os ditos requisitos farase unha selección co obxecto de outorgarlles as correspondentes subvencións, dándolles preferencia aos proxectos que:

a) Sendo de maior interese xeral e social, se realicen preferentemente nalgunha das seguintes actividades:

• Ata 30 puntos, cando se trate de servizos personalizados de carácter cotián, tales como: prestación de axuda a domicilio para persoas con discapacidade e/ou maiores, axuda a familias e persoas con dificultade e/ou con desarraigamento social, coidado de nenos e nenas; escolas infantís e ludotecas.

• Ata 30 puntos, cando se trate de obras ou servizos relacionados con protección civil e a seguridade das persoas e bens. Cando os proxectos correspondan aos concellos previstos na disposición adicional quinta, incrementaranse 15 puntos.

• Ata 20 puntos, cando se trate de obras ou servizos relacionados coa utilidade colectiva, tales como: mantemento e revalorización de zonas públicas e conservación ambiental, xestión de augas, xestión de residuos, protección e mantemento de zonas e espazos naturais, así como aquelas que incidan, directa ou indirectamente, no control da enerxía.

• Ata 15 puntos, cando se trate de servizos de ocio ou culturais, tales como: promoción do turismo, desenvolvemento cultural local, promoción do deporte e do sector audiovisual.

• Ata 10 puntos, cando se trate de servizos destinados a actividades relacionadas coa innovación e as novas tecnoloxías.

• Ata 5 puntos, cando se trate doutros que redunden en beneficio da comunidade.

b) Aos proxectos que na súa realización permitan e apoien a creación permanente de maior número de postos de traballo estables. Ata 10 puntos.

c) Aos proxectos que acrediten un maior nivel de inserción laboral en exercicios anteriores. Entenderase como inserción laboral aquela que supoña a contratación dos traballadores que participaron en obras ou servizos aprobados en exercicios anteriores ou a súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social durante polo menos seis meses, nun período dun ano desde a finalización da obra ou servizo subvencionado. Ata 15 puntos.

d) Se axusten ás características das persoas demandantes de emprego do territorio e teñan en conta, se é o caso, os seus itinerarios de inserción. Ata 10 puntos.

e) Na elaboración do seu contido e posterior desenvolvemento conten coa participación dos axentes económicos e sociais con presenza no territorio, ou xurdan por iniciativa ou coa participación do Comité Territorial de Emprego competente. Ata 10 puntos.

f) Establezan servizos dirixidos ás persoas mozas e ás mulleres, tendentes a favorecer a súa participación social e laboral. Ata 10 puntos.

g) Consistan no establecemento de oficinas municipais de información xuvenil, mediante a contratación de mozos e mozas desempregados menores de 30 anos para realizar as funcións de información, animación ou dinamización xuvenil. Ata 10 puntos.

h) Teñan por obxecto o establecemento ou desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade ou outras medidas municipais de conciliación de promoción autonómica, que cumpran as previsións establecidas na Lei 2/2007, do 28 de marzo, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, e no Decreto 182/2008, do 31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación e se determinan os requisitos para a súa validación e funcionamento. Ata 5 puntos.

i) Vaian dirixidos á contratación de persoas traballadoras desempregadas pertencentes a algún dos colectivos con especiais dificultades de inserción laboral. Ata 10 puntos. Cando vaian dirixidos á contratación de mulleres a dita puntuación incrementarase en 5 puntos, e en 10 puntos cando estas sexan vítimas de violencia.

l) Aos proxectos que conten, se é o caso, co financiamento das entidades solicitantes para realizar accións complementarias que melloren a eficacia deste programa. Para estes efectos terase en conta o esforzo investidor para cada suposto. Ata 10 puntos.

5. Para a comparación das solicitudes presentadas establécese unha puntuación máxima de 145 puntos, co fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior valoración en aplicación dos citados criterios. Para o caso de que se produza un empate nas puntuacións obtidas en aplicación destes criterios, terán preferencia aquelas solicitudes en que se utilice a lingua galega na elaboración e na realización dos proxectos.

6. A puntuación final das solicitudes de obras ou servizos presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local incrementarase ata un 30 % de acordo cos seguintes criterios:

a) Pola presentación da solicitude conxunta, cando vaia acompañada dunha memoria explicativa da realización e o financiamento conxunto da actuación, incrementarase nun 10 %.

b) En función do número de concellos asociados ou da poboación beneficiaria ou destinataria das obras ou servizos, poderá incrementarse ata un 10 %.

c) Pola presentación e valoración dunha memoria de aforro de custos respecto das solicitudes presentadas de modo individual poderá incrementarse ata nun 10 %.

7. No caso de presentación de solicitudes por parte da entidade resultante dunha fusión de concellos, a súa puntuación final poderá incrementarse ata nun 35 %.

8. O órgano instrutor poderá modificar á baixa o número máximo de traballadores que se vaian subvencionar, segundo entenda xustificado adecuadamente o obxecto e a necesidade do proxecto, así como as funcións que se van levar a cabo polos traballadores e o número de persoas e colectivos beneficiarios en cada caso concreto.

Artigo 9. Resolución

1. O órgano instrutor elevará o informe da Comisión de Valoración xunto coa proposta de resolución á persoa responsable da respectiva xefatura territorial, quen resolverá a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar.

2. O prazo de resolución e notificación será de cinco meses contados a partir da finalización do prazo de presentación da solicitude. Se no prazo indicado non se dita resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo, de acordo co disposto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. A resolución pola que se conceda a subvención determinará, como mínimo, a denominación do proxecto aprobado, a referencia ao posible cofinanciamento do 80 % da axuda polo Fondo Social Europeo a través do programa operativo Adaptabilidade e Emprego 2007-2013 (2007ES05UP001), a data límite de inicio, o tempo de realización do servizo, a contía da subvención que se vai outorgar e demais requisitos exixibles para a súa percepción e seguimento.

4. A determinación da contía da subvención correspondente ao incentivo á mobilidade xeográfica das beneficiarias do Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia que reúnan os requisitos para percibilo realizarase mediante resolución complementaria da persoa responsable da respectiva xefatura territorial.

5. As resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro do disposto nesta orde esgotan a vía administrativa. Contra estas resolucións poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de notificación da resolución, a teor do disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

6. Os incrementos de crédito, así como o crédito liberado polas renuncias ou revogacións das subvencións outorgadas, destinaranse á concesión de subvencións, se é o caso, para a contratación de mulleres vítimas de violencia solicitadas con posterioridade ao remate do primeiro prazo sinalado no artigo 6.5, sempre que se cumpran as condicións previstas na disposición adicional terceira, e daquelas obras e servizos que, por insuficiencia de crédito, non chegaron a obter subvención.

7. As subvencións concedidas ao abeiro desta orde publicaranse, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no Diario Oficial de Galicia, na páxina web oficial da Consellería de Traballo e Benestar e nos rexistros de subvencións de acordo co disposto na Lei xeral de subvencións; na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega; no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 10. Requisitos e criterios para a selección dos traballadores e das traballadoras

1. Os traballadores e traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polos/as que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de interese social.

Será a entidade beneficiaria da subvención a responsable de comprobar que no momento do inicio da relación laboral a persoa seleccionada estea inscrita na Oficina de Emprego como demandante non ocupada dispoñible para o emprego.

2. Os traballadores e traballadoras que fosen contratados, por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas ao abeiro das ordes da Consellería de Traballo e Benestar do 28 e 29 de febreiro; e do 27 de setembro de 2012, de convocatoria, respectivamente, dos programas de cooperación en colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as, así como axentes de emprego e/ou unidades de apoio (DOG nº 50 e 188, do 12 de marzo e 2 de outubro de 2012, respectivamente), non poderán ser contratados con cargo ás axudas previstas nesta orde.

3. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores e as traballadoras que se necesiten mediante a presentación de oferta de emprego na Oficina Pública de Emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir os traballadores e traballadoras que se contratarán para o desempeño adecuado das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados e deben presentar unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación, que deberá responder á codificación prevista no Catálogo nacional de ocupacións –CNO–, de conformidade cos seguintes principios xerais:

a) A oferta, na súa formulación, non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no parágrafo seguinte ou se trate de favorecer os colectivos enumerados neste.

b) En ningún caso poderá incluírse nin admitirse como criterio de emparellamento a posesión de experiencia laboral.

c) Poderán admitirse como criterios de emparellamento os relativos á titulación, formación e outro tipo de coñecementos, sempre que estean xustificados no expediente de solicitude e sexan coherentes coa resolución de concesión.

d) As entidades locais deberán presentar as ofertas cunha antelación mínima de 15 días hábiles á data prevista para realizar as correspondentes contratacións na oficina pública de emprego que corresponda ao enderezo do centro de traballo do posto ofertado.

4. Unha vez recibida a oferta realizarase unha sondaxe de demandantes en función das características desta e atendendo á maior adecuación ao posto de traballo ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de persoas candidatas por posto de traballo que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dúas nin superior a dez. A remisión de novos candidatos só procederá cando a entidade xustifique documentalmente a súa necesidade por incumprimento dos requisitos da oferta ou por rexeitamento voluntario ou incomparecencia dos remitidos.

5. Terán preferencia, en todo caso, os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, tales como:

a) Mulleres e, en especial, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia.

b) Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sen cualificación profesional.

c) Persoas paradas de longa duración.

d) Persoas con discapacidade.

e) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.

f) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.

g) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.

Así mesmo, terase en conta o menor nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como a existencia de responsabilidades familiares, entendéndose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate o/a cónxuxe, fillos e fillas menores de vinte e seis anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento.

6. Excepcionalmente, logo de solicitude debidamente xustificada por parte da entidade solicitante e logo de autorización expresa da persoa responsable da respectiva xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, poderán utilizarse ofertas especiais con vinculación nominal cando se trate de seleccionar mulleres vítimas de violencia e/ou integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, condición que se acreditará mediante as correspondentes certificacións ou informes elaborados por traballadores sociais, se é o caso. As persoas seleccionadas polo procedemento descrito neste número deberán, en todo caso, cumprir os requisitos establecidos polos números 1 e 2 deste artigo.

7. As persoas candidatas serán remitidas á entidade beneficiaria co fin de que esta realice a selección definitiva, que lle deberá ser notificada, para o seu coñecemento, á correspondente oficina de emprego.

Artigo 11. Contratación dos traballadores e traballadoras

1. Efectuada a selección dos traballadores e traballadoras na forma prevista no artigo anterior, a entidade beneficiaria procederá á súa contratación utilizando necesariamente a modalidade de contrato de duración determinada de interese social, tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución concedente da subvención.

2. Excepcionalmente, cando concorran causas debidamente xustificadas, o/a respectivo/a xefe/a territorial da Consellería de Traballo e Benestar poderá autorizar o inicio da obra ou servizo con posterioridade ao dito prazo, logo da solicitude para o efecto da entidade beneficiaria.

3. As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas no código de conta de cotización que corresponda.

4. Os contratos de traballo subscritos cos traballadores e traballadoras seleccionados/as deberán comunicarse á oficina de emprego correspondente, ben a través do aplicativo Contrat@ ou ben por escrito.

5. Para a comunicación dos contratos de traballo á correspondente oficina de emprego a través da aplicación informática Contrat@ deberán terse en conta os seguintes requisitos:

a) Que as persoas contratadas cumpren, no momento da contratación, os requisitos para seren beneficiarias destes programas.

b) Que se utilizou o modelo de contrato de duración determinada de interese social (modelo PE 206-A).

6. En todo caso, as contratacións que incumpran calquera destes requisitos non se entenderán xustificadas e non poderán ser subvencionadas e, se é o caso, darán dar lugar á revogación das axudas de conformidade co disposto no artigo 16.

Artigo 12. Contratación anticipada

1. Unha vez presentada a correspondente solicitude, cada entidade local, para poder iniciar aqueles proxectos de urxente posta en marcha, poderá contratar anticipadamente aqueles traballadores desempregados que lle sexan autorizados pola respectiva xefatura territorial.

2. Para poder acollerse a esta modalidade de contratación anticipada, os concellos, logo de indicalo expresamente no expediente de solicitude, deberán esperar a recibir a autorización expresa para a contratación por parte da respectiva xefatura territorial, indicando, cando proceda, a obra ou servizo en que desenvolverán o seu traballo as persoas contratadas baixo esta modalidade.

3. O proceso de selección e contratación dos desempregados e desempregadas baixo esta modalidade deberá respectar, en todo caso, o establecido nos artigos 10 e 11 e as oficinas de emprego deberán tramitar as correspondentes ofertas á vista da autorización sinalada no parágrafo anterior.

4. A xustificación das contratacións realizadas con anterioridade a que se diten as correspondentes resolucións admitirase sempre e cando se cumpran as normas contidas neste artigo.

Artigo 13. Xustificación e pagamento

1. O aboamento da subvención para a contratación de traballadores e traballadoras desempregadas farase efectivo unha vez cumprido o obxecto para o cal foi concedida, que se xustificará mediante a presentación da seguinte documentación na data límite establecida na resolución de concesión:

a) Orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas dos contratos de traballo, na modalidade de contrato de duración determinada de interese social, formalizados e debidamente comunicados á Oficina de Emprego.

b) Orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas dos partes de alta na Seguridade Social xunto co informe de datos de cotización (IDC).

c) Un certificado do secretario ou órgano competente da entidade local beneficiaria, no cal conste:

• A formulación da correspondente oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, especificando o seu número identificador e a relación nominal dos traballadores e traballadoras desempregados/as facilitados/as por aquel, así como as persoas candidatas finalmente seleccionadas e contratadas.

• As retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social.

d) A declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nin ser debedor por resolución de procedencia de reintegro.

e) Unha declaración complementaria do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

f) Unha fotografía do cartel informativo en que se reflicta a súa localización, nos termos sinalados no artigo 15.2.I.A), facendo mención expresa ao cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

g) Orixinais dos documentos de información ás persoas traballadoras da subvención polo Fondo Social Europeo, debidamente asinados.

Os certificados, declaracións, documentos e carteis informativos sinalados neste parágrafo deberán realizarse segundo os respectivos modelos que se publican na web institucional da Xunta de Galicia no enlace http://traballo.xunta.es/programas-de-cooperacion

2. O aboamento da subvención correspondente ao incentivo á mobilidade xeográfica das traballadoras contratadas beneficiarias do Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia, farase efectivo unha vez comprobado que reúnen os requisitos para acceder a el e ditada a correspondente resolución complementaria de concesión de subvención, logo de fiscalización da proposta pola respectiva intervención.

3. Unha vez recibidos os fondos, a entidade beneficiaria deberá remitir á xefatura territorial correspondente da Consellería de Traballo e Benestar unha certificación acreditativa da súa recepción.

Artigo 14. Obrigas dos/das beneficiarios/as

1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes á súa categoría profesional e titulación.

c) Con independencia do cobramento ou non da subvención, deberán satisfacer, no seu vencemento e mediante transferencia bancaria, as obrigas económicas que deriven do funcionamento dos servizos subvencionados, especialmente as de carácter salarial.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Consellería de Traballo e Benestar e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e ás que poidan corresponder, se é o caso, á Comisión e ao Tribunal de Contas Europeo.

e) Comunicarlle á Consellería de Traballo e Benestar aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que vaian desenvolver as traballadoras e os traballadores contratados, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

f) Comunicarlle á Consellería de Traballo e Benestar a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.

g) Realizar, cando proceda e por requirimento dos órganos competentes da Consellería de Traballo e Benestar, unha valoración do nivel de competencia profesional, así como un informe global no cal se describan tanto os puntos fortes como as carencias dos mozos e mozas demandantes de emprego sen titulación de tipo profesional que se incorporen ao mercado de traballo a través dos programas regulados nesta orde.

h) As entidades beneficiarias deberán proporcionarlle ao persoal contratado tarxetas identificativas do servizo subvencionado, no modelo que estableza a Dirección Xeral de Emprego e Formación e que se publica na web institucional da Xunta de Galicia no enlace http://traballo.xunta.es/carteis-informativos-programas-de-cooperacion, nas cales constará a colaboración da Consellería e mais o cofinanciamento polo FSE. O persoal contratado deberá levalas consigo cando está a realizar a actividade obxecto da subvención.

i) Cumprir con cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE, de conformidade co establecido no artigo seguinte.

Artigo 15. Cofinanciamento polo Fondo Social Europeo

1. As axudas reguladas nesta orde poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, a través do programa operativo Adaptabilidade e Emprego PO 2007 ES 05U PO 001, para o período 2007-2013, polo que este réxime de subvencións quedará suxeito aos seguintes regulamentos:

a) Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión e se derroga o Regulamento (CE) nº 1260/1999.

b) Regulamento (CE) nº 1081/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1784/1999.

c) Regulamento (CE) nº 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e o Regulamento (CE) nº 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

d) Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, modificada por la Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013.

2. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE ao abeiro do programa operativo de Adaptabilidade e Emprego para o período 2007-2013, mediante as subvencións reguladas nesta orde, a entidade beneficiaria deberá someterse ao cumprimento das seguintes obrigas:

I. Relacionadas coas medidas de información e publicidade impostas polo Regulamento da Comisión (CE) número 1828/2006, do 8 de decembro:

a) No lugar onde se realicen os servizos deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo, en modelo normalizado establecido e publicado pola Dirección Xeral de Emprego e Formación na web institucional da Xunta de Galicia no enlace:
http://traballo.xunta.es/carteis-informativos-programas-de-cooperacion, no cal constará o cofinanciamento polos servizos públicos de Emprego e polo Fondo Social Europeo

b) Utilizar os documentos de información ás persoas traballadoras da subvención polo Fondo Social Europeo no modelo normalizado na web institucional da Xunta de Galicia no enlace: http://traballo.xunta.es/programas-de-cooperacion

II. Relacionadas coas verificacións administrativas e sobre o terreo necesarias para dar cumprimento ao artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 e sen prexuízo da obriga de xustificación das subvencións percibidas nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na presente norma:

a) As entidades beneficiarias das axudas deberán manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados polo FSE, referidos a operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión.

b) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, ata a anualidade de 2021 e, en todo caso, durante un mínimo de tres anos a partir do peche do programa operativo Adaptabilidade e Emprego 2007-2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Presentar ante a respectiva xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no prazo de dous meses, unha vez finalizase a execución destas, a seguinte documentación:

• Unha memoria final sobre as actividades realizadas e a práctica profesional adquirida polos traballadores e traballadoras contratados/as.

• Un certificado de fin de servizo segundo o modelo que se publica na web institucional da Xunta de Galicia.

• As copias compulsadas das nóminas aboadas aos traballadores e traballadoras que se contraten e dos boletíns de cotización á Seguridade Social (modelos TC-1 e TC-2), así como os documentos bancarios correspondentes (transferencias bancarias) e mais o resumo anual de retencións sobre os rendementos do traballo (modelo 190 IRPF), unha vez se dispoña del.

d) Someterse ás actuacións de comprobación sobre o terreo que, con base na mostra seleccionada ao abeiro do procedemento descrito no modelo dos sistemas de xestión e control da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou segundo criterios baseados no risco, realice o persoal técnico da respectiva xefatura territorial.

Artigo 16. Revogación e reintegro

Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

A obriga do reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Disposición adicional primeira

A concesión das axudas e subvencións reguladas nesta orde estará supeditada á existencia de crédito orzamentario na aplicación 11.03.322A.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Disposición adicional segunda

Apróbase a delegación de atribucións da persoa responsable da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Emprego e Formación para autorizar e redistribuír os correspondentes créditos, e nas persoas responsables das xefaturas territoriais, nos ámbitos competenciais respectivos, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como as relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En caso de ausencia, vacante ou enfermidade da persoa responsable da Dirección Xeral de Emprego e Formación, as atribucións citadas no parágrafo anterior serán exercidas temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias de conformidade co réxime disposto na disposición adicional primeira do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar.

Disposición adicional terceira

En todo caso, as solicitudes para a contratación de mulleres vítimas de violencia presentadas unha vez rematado o primeiro prazo sinalado no artigo 6.5 estarán supeditadas á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e á existencia de mulleres vítimas de violencia cuxa contratación deba realizarse no ámbito territorial da solicitante.

Disposición adicional cuarta

Mediante resolución da directora xeral de Emprego e Formación poderanse establecer os criterios necesarios para que, a través desta orde, en canto aos colectivos prioritarios, se poidan cumprir os obxectivos establecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia, de acordo coas directrices de emprego e as que poidan emanar do diálogo social e institucional en Galicia e a demais normativa e acordos que, se é o caso, resulten de aplicación.

Disposición adicional quinta

Se é o caso, e con carácter excepcional para este exercicio, outorgarase un especial e singular tratamento ás solicitudes daqueles concellos que, solicitando obras ou servizos en materia de protección civil e emerxencias, sexan considerados de maior interese xeral con base nos informes e/ou resolucións do departamento competente da Xunta de Galicia nesta materia, co obxecto de complementar o sistema integrado de protección civil e garantir a salvagarda das persoas, dos seus bens e do patrimonio público e colectivo en todo o territorio da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa responsable da Dirección Xeral de Emprego e Formación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file