Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15347

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de teleasistencia domiciliaria desta deputación provincial.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto máximo autorizado para o ano 2013 de 300.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, ou por teléfono ao 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 23 de abril de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense