Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15348

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación do servizo de musealización e promoción turística da Rede de portas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, cofinanciado con fondos Feder da Unión Europea.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de musealización e promoción turística da Rede de portas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no marco do Proxecto Valor Gerês-Xurés, integrado no programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP), cofinanciado nun 75 % con fondos Feder da Unión Europea, cun gasto máximo autorizado para o ano 2013 de 153.085,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso , nº 32 ,ou por teléfono ao 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 2 de maio de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense