Vista a solicitude presentada por Unión Fenosa Distribución, S.A., para a obtención de licenza municipal de obra denominada LMT, CT e RBT Reguenga (SGD 533108100007); que se desenvolverá nos núcleos rurais da Reguenga, Tralorrío e A Touza, no concello de San Amaro, e en cumprimento do disposto no artigo 8.1º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.
De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio comunícaselles aos interesados aos cales non sexa posible notificar persoalmente que están notificados para todos os efectos, de conformidade coa dita lei.
O expediente obxecto desta información está depositado nas dependencias deste concello (expediente IN407A 2012/042-3) e pódese consultar durante o horario de oficina.
San Amaro, 25 de abril de 2013
Ernesto Pérez González
Alcalde

