Por Decreto da Alcaldía, do 22 de abril de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 16/13).
2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de limpeza no multiusos de Torneiros do concello do Porriño.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto.
4. Orzamento base de licitación: 36.300 € (30.000 euros+6.300 euros en concepto de IVE), e un prazo de execución de dous anos (con dúas prórrogas dun ano).
5. Garantías: definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 22 de abril de 2013
José Nelson Santos Argibay
Alcalde

