Por Decreto da Alcaldía, do 18 de abril de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 15/13).
2. Obxecto do contrato: obra de conexión xeral da rede de subministración de enerxía eléctrica relativa ao proxecto de urbanización SUR-PPI-2 no concello do Porriño. Emisión de certificación de dirección de obra e verificación da posta en servizo. Alta administrativa do servizo en liña.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente, aberto.
4. Orzamento base de licitación: 6.676,82 € (5.518,03 €+1.158,79 € en concepto de IVE).
5. Garantías: definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Prazo de presentación das proposicións: trece (13) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 18 de abril de 2013
José Nelson Santos Argibay
Alcalde

