Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pantón

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial para creación de solo urbanizado para uso industrial e vivenda de promoción pública.

Aprobado inicialmente o Plan especial para a creación de solo urbanizado para uso industrial e vivenda de promoción pública, por Acordo de Xunta de Goberno do 22 de abril de 2008, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Pantón, 10 de abril de 2013

José Luis Álvarez Blanco
Alcalde