Iniciación do procedemento de expropiación forzosa por taxación conxunta dos terreos precisos para o proxecto de obras de execución de rede eléctrica, preinstalación de luz pública e zonas peonís na vía que une os núcleos rurais de Vilalbarro e O Cruceiro coa estrada N-550 (fase I).
Por Resolución da Alcaldía, do 30 de abril de 2013, adoptouse o seguinte acordo:
Primeiro. Dispoñer a aplicación do sistema de expropiación forzosa, mediante o procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos terreos precisos para o proxecto de obras de execución de rede eléctrica, preinstalación de luz pública e zonas peonís na vía que une os núcleos rurais de Vilalbarro e O Cruceiro coa estrada N-550 (fase I), utilizando o procedemento de taxación conxunta previsto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Segundo. Prestar aprobación, con carácter inicial, ao proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos precisos para o proxecto de obras de execución de rede eléctrica, preinstalación de luz pública e zonas peonís na vía que une os núcleos rurais de Vilalbarro e O Cruceiro coa estrada N-550 (fase I), redactados pola Oficina Municipal de Urbanismo, que contén a valoración do solo expropiado e inclúe as follas de prezo xusto individualizadas.
A relación de propietarios e fraccións de propiedade obxecto de expropiación, de acordo co proxecto de expropiación, é a que se reflicte:
|
Predio |
Referencia catastral |
Propietario |
Superficie que |
|
2491 |
15061A501024910000ML |
José María Mirás Martínez Manuela Ruanova Pena |
43,15 m2 |
|
2492 |
15061A501024920000MT |
Andrés Ramiro Mosquera Regueiro Alicia Santos Lagares |
25,70 m2 |
|
2494 |
15061A501024940000MM |
BANTEGAL Xunta de Galicia |
18,05 m2 |
|
2518 |
15061A501025180001QB |
Andrés Ramiro Mosquera Regueiro Alicia Santos Lagares |
16,50 m2 |
|
2520 |
15061A501025180001QB |
Florinda Ferreiro Rodríguez (herdeiros de) |
15,65 m2 |
|
2524 |
15061A501025240000MM |
Andrés Ramiro Mosquera Regueiro Alicia Santos Lagares |
19,95 m2 |
Terceiro. Dispoñer o sometemento a información pública do proxecto de expropiación cos seus documentos polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións que xulguen convenientes.
Consonte o artigo 143.4 da Lei 9/2002, efectuaranse notificacións individuais ás persoas que aparecen como titulares dos bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de taxación e da proposta de fixación dos criterios de valoración, co fin de que, no prazo dun mes contado a partir desta notificación, poidan formular as alegacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.
As publicacións referidas, e particularmente o anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do concello, servirán de notificación para os interesados e posibles titulares dominicais ou doutros dereitos reais ou intereses económicos directos sobre os bens que se van expropiar que resulten descoñecidos ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica das notificacións, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Durante o prazo dun mes calquera interesado poderá examinar o expediente, en horario de oficina, na Secretaría do concello (praza de Isaac Díaz Pardo, 1, Sigüeiro), e formular as alegacións e suxestións que xulgue procedentes. O momento inicial do prazo de alegacións computarase desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e ata o transcurso do prazo dun mes contado desde a última das publicacións referidas.
O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.
Oroso, 30 de abril de 2013
Manuel Mirás Franqueira
Alcalde

