De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.
Pontevedra, 22 de abril de 2013
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Interesada: Mª del Carmen Pazos Boullosa.
Expediente: ES-P-0008/12.
Último domicilio coñecido: lugar de Vilar, núm. 55, Pontesampaio (Pontevedra).
Indicación do contido: notifícaselle a resolución do procedemento sancionador ES-P-0008/12 pola que se sanciona a Mª del Carmen Pazos Boullosa por incumprir as formalidades establecidas na lei para o depósito da fianza cunha multa de 495 € de acordo co establecido no artigo 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.
Recursos: contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

