Sonia Álvarez Román solicitou licenza de obras de acondicionamento de local e licenza de actividade de clínica veterinaria que se situará na rúa Río Negro, nº 53, portal 2, local 3, Canido-Nigrán (expediente 13/0068SU).
De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días, mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado logo de transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.
Nigrán, 1 de abril de 2013
Alberto Valverde Pérez
Alcalde

