Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15781

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave industrial para garaxe de autobuses.

María del Carmen Martínez Gil, en representación de Autos González, S.L., solicitou nesta alcaldía licenza municipal para construción de nave industrial para garaxe de autobuses, na parcela nº 20, 1ª fase do parque empresarial de Ribadavia, en San Cristovo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Ribadavia, 19 de marzo de 2013

Marcos Blanco Jorge
Alcalde