Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 15792

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 72/2013, do 25 de abril, polo que establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia foi aprobado como desenvolvemento do compromiso do Goberno galego asentado en criterios de máxima eficacia, austeridade e economía na súa actuación e organización administrativa.

De acordo con estes criterios foron aprobados os decretos 233, 234 e 235/2012, do 5 de decembro, polo que se determinan a organización, funcións e competencias da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e a estructura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, respectivamente, obedecendo aos postulados de racionalización, simplificación e redución das estruturas administrativas da Xunta de Galicia.

Consecuencia deste novo marco departamental, configúrase a nova Vicepresidencia da Xunta de Galicia como un órgano superior de coordinación da Presidencia da Xunta de Galicia en relación á planificación interdepartamental e a súa execución, ás relacións coas administración locais, ao programa lexislativo da Xunta de Galicia e á elaboración de normas de carácter xeral e, en particular, con funcións de coordinación das relacións entre o poder executivo e o Parlamento de Galicia; todo isto, sen perxuízo de que o/a presidente/a da Xunta de Galicia poida delegarlle calquera outra función co fin de acadar unha maior axilidade e eficacia na xestión administraiva.

Para o correcto desenvolvemento destas funcións e competencias da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza prestaralle o apoio e auxilio necesario.

Así pois, a nova estrutura plasmada neste decreto xorde como consecuencia da necesidade de optimizar recursos públicos e de continuar co proceso de racionalización, simplificación e redución das estructuras administrativas iniciado polo actual Goberno, mantendo o máximo nivel de calidade na prestación dos servizos públicos e sen que a nova ordenación supoña incremento de gasto.

Desta forma, procédese agora a establecer a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza mediante a restruturación de competencias horizontais encamiñadas a apoiar a Vicepresidencia no desenvolvemento dos seus labores, a reorganización e agrupación das subdireccións xerais e das demais unidades administrativas.

Así mesmo, o decreto modifica, na disposición derradeira primeira, o Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, co obxecto de clarificar e detallar as funcións da Secretaría de Asuntos Xerais que pasa a denominarse Servizo de Asuntos Xerais, como órgano de asistencia ao director/a xeral da Asesoría Xurídica Xeral.

De conformidade co exposto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e cinco de abril de dous mil trece,

DISPOÑO:

TÍTULO I
Ámbito competencial e organización xeral da Vicepresidencia
e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Artigo 1. Ámbito competencial

1. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia configúrase como un órgano superior de coordinación da Presidencia da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde, ademais das funcións e competencias establecidas no artigo 1 do Decreto 233/2012, do 5 de decembro, a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da Igualdade efectiva das mulleres e dos homes así como a asistencia xurídica da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, configurada como órgano de apoio e asistencia á Presidencia e á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde a elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de xustiza, administración local, relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias e interior, relacións exteriores e coa Unión Europea e avaliación e reforma administrativa, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos que integran este departamento.

Artigo 2. Estrutura da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

1. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, baixo a superior dirección do/a seu/súa titular, contará para o exercicio das súas funcións, coa seguinte estrutura orgánica:

a) A Secretaría Xeral da Igualdade.

b) A Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de Dirección Xeral.

2. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 2 do Decreto 233/2012, do 5 de decembro, contará para o desenvolvemento das súas funcións e competencias co apoio e auxilio da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

3. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, baixo a superior dirección do/a seu/súa titular, contará para o exercicio das súas funcións, coa seguinte estrutura orgánica:

a) A Secretaría Xeral Técnica.

b) A Dirección Xeral de Xustiza.

c) A Dirección Xeral de Administración Local.

d) A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

e) A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

f) A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

g) A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

Artigo 3. Órganos adscritos organicamente á Consellería

1. Os órganos superiores previstos no artigo único do Decreto 234/2012, do 5 de decembro, dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

2. As delegacións territoriais da Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo quedan adscritas organicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e exercerán as competencias previstas no artigo 7 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable.

Na orde funcional dependerán das directrices, instrucións ou criterios que emanen dos diversos órganos superiores das consellerías que correspondan por razón das distintas competencias materiais.

3. As secretarías territoriais, con nivel orgánico de subdirección xeral, dependen orgánica e funcionalmente dos delegados ou delegadas territoriais, e exercerán as seguintes funcións:

a) O apoio e asesoramento ao delegado ou delegada territorial no exercicio das súas competencias.

b) A substitución do delegado ou delegada territorial en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

c) A xestión e coordinación dos servizos de automobilismo provinciais e do persoal adscrito a el, así como a utilización das súas dependencias e garaxes.

d) Cantas outras competencias lle sexan atribuídas ou delegadas.

4. Así mesmo, quedan adscritos á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza as delegacións da Xunta de Galicia no exterior, os órganos colexiados en que así se determine pola súa normativa reguladora e o Instituto de Medicina Legal de Galicia, órgano técnico ao servizo da Administración de xustiza, creado polo Decreto 119/2005, do 6 de maio.

Artigo 4. Organismos autónomos e demais entidades do sector público adscritas á Consellería

Quedan adscritos á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, os seguintes organismos:

a) Escola Galega de Administración Pública, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio e demais normas de aplicación.

b) Academia Galega de Seguridade Pública, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro e demais normas de aplicación.

c) Axencia Galega de Emerxencias, que se axustará nos seus fins, estrutura e funcionamento ao disposto na Lei 5/2007, do 7 de maio e demais normas de aplicación.

TÍTULO II
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia

CAPÍTULO I
Do/a vicepresidente/a

Artigo 5. O/a vicepresidente/a da Xunta de Galicia

1. O/a vicepresidente/a da Xunta de Galicia é a autoridade superior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia ao cal lle corresponden as funcións e competencias establecidas no Decreto 233/2012, do 5 de decembro, polo que se determina a organización, funcións e competencias da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, así como as establecidas no presente decreto de estrutura orgánica.

2. O/a vicepresidente/a e conselleiro/a de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza actuará como secretario/a do Consello da Xunta de Galicia e das comisións delegadas do Goberno galego.

3. A vicepresidencia contará, para o exercicio das súas funcións, cos seguintes órganos:

a) Secretaría Xeral de Igualdade.

b) Asesoría Xurídica Xeral.

CAPÍTULO II
Da Secretaría Xeral da Igualdade

Artigo 6. Secretaría Xeral da Igualdade

1. Á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero nos termos establecidos na Constitución, no Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e na demais lexislación aplicable na materia.

b) Promover a incorporación do principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes en todas as normas, políticas, actuacións, plans e estratexias da Xunta de Galicia, en cumprimento do principio de transversalidade recollido no artigo 6 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

c) Planificar, deseñar, coordinar e avaliar a xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de igualdade entre mulleres e homes, erradicación da violencia de xénero e promoción da corresponsabilidade entre mulleres e homes no ámbito persoal, familiar e laboral.

d) Realizar o estudo e seguimento da lexislación vixente naqueles aspectos que afecten o principio de igualdade entre mulleres e homes e elaborar propostas de modificación das normas que o dificulten ou impidan.

e) Establecer e fomentar relacións de cooperación cos organismos competentes en materia de igualdade da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local, así como cos organismos internacionais e comunitarios en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

f) Propoñer medidas, programas e normas dirixidas á promoción do exercicio efectivo dos dereitos das mulleres, a incrementar a súa participación na vida económica, laboral, política, social e cultural e a eliminar as discriminacións existentes entre sexos.

g) Establecer relacións e canles de participación con asociacións, fundacións e outros entes e organismos que teñan entre os seus fins a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

h) A promoción das actuacións referentes ás medidas municipais de conciliación, bancos municipais de tempo e plans de programación do tempo da cidade.

i) As funcións recollidas na disposición adicional segunda deste decreto.

j) Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo titular da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións a Secretaría Xeral da Igualdade contará coas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Xestión Técnico-Administrativa e Orzamentaria, á cal corresponden as seguintes funcións:

a) O asesoramento técnico-administrativo así como a xestión económica e orzamentaria da Secretaría Xeral e aqueloutras que dentro do seu ámbito competencial lle sexan asignadas.

b) O asesoramento e a realización de estudos e informes de carácter técnico-xurídico que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral.

c) A coordinación de todas as unidades administrativas da Secretaría Xeral da Igualdade para os efectos administrativos e orzamentarios.

d) O establecemento, seguimento e mantemento dos procesos informáticos da Secretaría Xeral da Igualdade, sen prexuízo das competencias que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ten atribuídas nesta materia. Así mesmo, correspóndelle o establecemento dos mecanismos necesarios para o mantemento, actualización e dinamización da web e do portal da Secretaría Xeral da Igualdade.

e) A proposta das medidas tendentes para a efectiva coordinación das actuacións e programas dos diversos órganos ou entes da Administración autonómica en materia de igualdade.

f) A asistencia técnica e administrativa á persoa titular da Secretaría Xeral en todos os asuntos que esta lle encomende.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servizo:

2.1.1. Servizo de Apoio Técnico-Administrativo.

Son funcións deste servizo:

a) Formular os borradores de anteproxectos de iniciativas normativas que lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral da Igualdade en execución das súas atribucións.

b) Emitir informe de impacto de xénero, nos termos establecidos nos artigos 7 e 8 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes así como a elaboración de informes técnicos nas materias da súa competencia.

c) A tramitación dos convenios e protocolos de colaboración que se subscriban con outras consellerías, entidades, persoas físicas e xurídicas.

d) O estudo e proposta de resolución dos recursos administrativos interpostos contra actos ditados polos órganos da Secretaría suxeitos a dereito administrativo, sen prexuízo da competencia doutros órganos.

c) O apoio ás unidades da Secretaría Xeral da Igualdade na tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á Secretaría polos xulgados, tribunais, o Defensor do Pobo, o Valedor do Pobo e outros órganos e institucións.

f) A remisión ao Diario Oficial de Galicia e demais diarios ou boletíns oficiais das disposicións ou actos da Secretaría Xeral da Igualdade.

g) O desenvolvemento de calquera outra función que lle sexa encomendada no ámbito da súa competencia.

2.1.2. Servizo de Administración e Xestión.

Son funcións deste servizo:

a) A elaboración e coordinación do anteproxecto de orzamentos da secretaría, así como o control e seguimento da execución orzamentaria.

b) A tramitación e execución dos expedientes de contratación administrativa.

c) O seguimento e control para os efectos económicos de todos os programas e convenios que en materia de políticas de igualdade desenvolva a Secretaría Xeral da Igualdade.

d) A xestión de investimentos, compras, subministracións e servizos da Secretaría Xeral da Igualdade, sen prexuízo das competencias que poidan ter atribuídas outros órganos.

e) O asesoramento económico e orzamentario a todas as unidades da Secretaría Xeral da Igualdade para os efectos de tramitación de expedientes.

f) A tramitación das propostas de modificación orzamentaria da Secretaría Xeral da Igualdade, excepto as relativas ao capítulo I.

g) O desenvolvemento de calquera outra función que lle sexa encomendada no ámbito da súa competencia.

2.2. Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, á cal lle corresponden as seguintes funcións:

a) A proposta, deseño e articulación de medidas de actuación en materia de igualdade entre mulleres e homes.

b) O seguimento e avaliación dos programas e servizos dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes, ben sexan de titularidade propia, doutras administracións ou dependentes da iniciativa social ou privada.

c) A proposta de actuacións para a incorporación da perspectiva de xénero en todas as normas, políticas, actuacións, plans e estratexias da Xunta de Galicia.

d) A promoción da introdución da perspectiva de xénero no ámbito educativo e a elaboración de materiais e recursos coeducativos en colaboración co departamento competente en materia de educación.

e) A elaboración de estudos ou informes nas materias propias da Subdirección Xeral.

f) A promoción, organización e coordinación de accións de sensibilización en materia de promoción da igualdade.

g) Cantas outras funcións lle sexan encomendadas no ámbito das súas competencias.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

2.2.1. Servizo de Planificación e Programación.

Son funcións deste servizo:

a) O establecemento das liñas de estudo e dos programas dirixidos á consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

b) O desenvolvemento de actuacións para a incorporación da perspectiva de xénero en todas as normas, políticas, actuacións, plans e estratexias da Xunta de Galicia.

c) A realización de programas e actuacións dirixidos á promoción da conciliación e ao fomento da corresponsabilidade.

d) O desenvolvemento de calquera outra función que lle sexa encomendada no ámbito da súa competencia.

2.2.2. Servizo de Promoción e Cooperación Institucional.

Son funcións deste servizo:

a) A promoción das relacións de cooperación con entidades e institucións públicas e privadas, fomentando a articulación e deseño de medidas de actuación en materia de igualdade entre mulleres e homes.

b) A execución, seguimento e control dos programas europeos e de cooperación transfronteiriza en que participe a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a elaboración de propostas de actuación.

c) A coordinación dos acordos, programas e actuacións dirixidos á consecución da igualdade efectiva de mulleres e homes que se desenvolvan en colaboración con outras administracións públicas.

d) A xestión e coordinación das actuacións de seguimento e avaliación dos programas e servizos promovidos pola subdirección.

e) A coordinación e organización de accións de formación no ámbito da igualdade entre mulleres e homes.

f) O desenvolvemento de calquera outra función que lle sexa encomendada no ámbito da súa competencia.

2.2.3. Servizo de Fomento.

Son funcións deste servizo:

a) A programación e desenvolvemento de accións dirixidas a impulsar e a apoiar a participación das mulleres nos ámbitos económico, social e laboral.

b) O apoio ao desenvolvemento de servizos e recursos na área de igualdade entre mulleres e homes.

c) A elaboración das convocatorias de axudas e subvencións destinadas ao fomento de actuacións dirixidas á promoción da igualdade.

d) O desenvolvemento de calquera outra función que lle sexa encomendada no ámbito da súa competencia.

2.3. Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, á cal lle corresponden as seguintes funcións:

a) A proposta, deseño e articulación de medidas de actuación en materia de erradicación da violencia de xénero.

b) O seguimento e avaliación dos programas e servizos dirixidos á erradicación da violencia de xénero, ben sexan de titularidade propia, doutras administracións ou dependentes da iniciativa social ou privada, así como a atención e protección das súas vítimas, en aplicación do previsto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

c) A elaboración de estudos ou informes nas materias propias da Subdirección Xeral que permitan, a partir da obtención de información, propoñer axudas ou asignar recursos.

d) A proposta, articulación e deseño de medidas de actuación en materia de violencia de xénero.

e) A asistencia á Secretaría Xeral da Igualdade, respecto das funcións propias da subdirección.

f) A xestión das prestacións e programas nesas mesmas áreas.

g) A xestión e a organización do Punto de Coordinación das Ordes de Protección.

h) Cantas outras medidas se determinen no campo da erradicación da violencia de xénero.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coa seguinte unidade administrativa con nivel orgánico de servizo:

2.3.1. Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas.

Son funcións deste servizo:

a) O establecemento das liñas de estudo e dos programas dirixidos á defensa dos dereitos de atención e protección das vítimas da violencia de xénero, e a xestión de todos os programas destinados a promover a igualdade de oportunidades para as vítimas da violencia de xénero, segundo o previsto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

b) A colaboración, asesoramento ou organización de actividades formativas en materia de prevención da violencia de xénero, sen prexuízo das funcións substantivas doutros departamentos ou centros directivos da Comunidade Autónoma.

c) A preparación dos contratos e convenios de colaboración que se subscriban con outras entidades e particulares nas materias da competencia da Subdirección Xeral.

d) A promoción, organización e coordinación de campañas de sensibilización en materia de prevención da violencia de xénero.

e) A elaboración e tramitación das convocatorias de axudas e subvencións para a prestación de servizos dirixidos ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

f) O desenvolvemento de calquera outra función que lle sexa encomendada no ámbito da súa competencia.

CAPÍTULO III
Da Asesoría Xurídica Xeral

Artigo 7. Asesoría Xurídica Xeral

1. A Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral, rexerase en canto á súa estrutura e funcionamento polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

2. Para o exercicio das súas funcións, o/a director/a da Asesoría Xurídica Xeral contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Asuntos Xerais.

A este servizo correspóndelle a realización das funcións establecidas no artigo 3.4 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

3. En cada delegación territorial existirá un gabinete xurídico territorial, encadrado organicamente na delegación territorial, que dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral, de acordo coas súas normas reguladoras.

TÍTULO III
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CAPÍTULO I
Do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Artigo 8. O conselleiro

O/a conselleiro/a de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza é a autoridade superior da Consellería e con tal carácter está investido/a das atribucións que se lle asignan nas normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO II
Da Secretaría Xeral Técnica

Artigo 9. Atribucións

1. A Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións establecidas polo ordenamento xurídico vixente en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a Consellería, así como aqueloutras que lle sexan delegadas ou encomendadas polo titular da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

2. Correspóndelle en particular:

a) A asistencia técnica, apoio e asesoramento á persoa titular da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) As funcións de réxime interior e os asuntos xerais da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

c) O secretariado do Goberno da Xunta de Galicia e das súas comisións delegadas, coa excepción da asistencia ás súas sesións, exercendo as competencias que se sinalan nas normas reguladoras de réxime interior da Xunta de Galicia.

d) A vicepresidencia da Comisión de Secretarios Xerais, correspondéndolle redactar a acta das reunións para elevala ao Consello da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Estrutura

1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

a) Vicesecretaría Xeral.

b) Subdirección Xeral de Réxime Xurídico, Administrativo e de Recursos Humanos

c) Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

d) Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais.

2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica da Consellería e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente. Tanto a Asesoría Xurídica da Consellería como a Intervención Delegada desenvolverán, ademais, as súas funcións respecto de cada unha das áreas funcionais adscritas á Vicepresidencia.

Artigo 11. Vicesecretaría Xeral

1. A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as seguintes funcións:

a) A suplencia da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

b) A dirección e coordinación, de conformidade coas instrucións da Secretaría Xeral Técnica, das actividades do resto dos órganos que a integran, así como a sinatura dos asuntos de trámite de competencia do/a secretario/a xeral técnico/a.

c) A elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

d) O apoio técnico nas funcións encomendadas á Secretaría Xeral Técnica e aos distintos centros directivos e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

e) A coordinación, seguimento e control dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

f) A coordinación, seguimento e control dos expedientes de contratación, dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería.

g) A coordinación das obras e proxectos de competencia da Consellería.

h) A coordinación, seguimento e control dos expedientes de subvencións de competencia da Consellería.

i) A dirección do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia e a súa coordinación cos demais rexistros oficiais da Administración autonómica.

j) O desenvolvemento dos programas e servizos de atención á cidadanía.

k) As traducións, a revisión lingüística e o asesoramento aos órganos da Administración autonómica que así o soliciten.

l) A edición do Diario Oficial de Galicia.

m) A coordinación e planificación das publicacións e edicións audiovisuais da Consellería e as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia, así como a información xeral e a súa difusión.

n) A formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da Consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutros órganos e unidades da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

ñ) En xeral, a asistencia e xestión de cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Vicesecretaría Xeral contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo do Secretariado do Goberno.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A preparación da orde do día, confección das convocatorias, revisión e arquivamento da documentación dos expedientes que se eleven ao Consello da Xunta, ás súas comisións delegadas e á Comisión de Secretarios Xerais, para a súa aprobación.

b) A redacción das actas, acordos e certificacións correspondentes ás reunións dos órganos citados na alínea precedente, a súa remisión ás consellerías competentes por razón da materia, o seu rexistro e a súa custodia.

c) A remisión ao Diario Oficial de Galicia, para a súa publicación, dos decretos aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e da normativa aprobada, se é o caso, polas comisións delegadas do Goberno galego.

d) O traslado á Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias das certificacións dos acordos de aprobación de proxectos de lei e dos seus textos para a súa remisión ao Parlamento de Galicia.

e) A remisión ao Boletín Oficial del Estado das leis aprobadas polo Parlamento de Galicia para a súa publicación.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A dirección, seguimento e control do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, así como a súa coordinación cos demais rexistros oficiais da Administración autonómica e os das entidades locais galegas vinculadas a través do Portelo Único.

b) A recepción dos documentos que se dirixan ás administracións públicas, expedición dos recibos acreditativos da súa presentación, de copias seladas e compulsas deles así como a súa remisión aos órganos destinatarios.

c) A atención do persoal da Xunta de Galicia e das entidades locais en relación ao funcionamento do Rexistro Xeral e demais rexistros oficiais da Administración autonómica.

d) A información xeral aos/ás cidadáns/ás.

e) O desenvolvemento, en colaboración co órgano competente en materia de modernización e innovación tecnolóxica, da aplicación informática empregada nos rexistros propios e concertados.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Tradución e Apoio Técnico-Administrativo.

1. A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O apoio técnico-administrativo á Viceseretaría Xeral nos labores de coordinación, seguimento e control, dentro do seu eido competencial.

b) A tradución e revisión lingüística de disposicións normativas, particularmente as publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos suplementos en lingua galega do Boletín Oficial del Estado e doutros documentos oficiais.

c) O apoio á Vicesecretaría Xeral na coordinación das publicacións e edicións audiovisuais da consellería.

d) O asesoramento lingüístico á Comisión Permanente de Publicacións e a outros órganos da Administración que o soliciten.

e) A coordinación e o impulso de accións en materia de toponimia.

f) A resolución das cuestións terminolóxicas que xurdan nas traducións e revisións lingüísticas realizadas para o Diario Oficial de Galicia, o suplemento en lingua galega do Boletín Oficial del Estado e aqueloutras que se lle encomenden.

g) A xestión e actualización do Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia e outras publicacións institucionais.

h) Aqueloutras funcións que lle sexan asignadas pola persoa titular da Vicesecretaría Xeral.

2. O Servizo de Tradución e Apoio Técnico-Administrativo, para o desenvolvemento das súas funcións contará, ademais, con dúas unidades administrativas directamente dependentes:

a) Unha de apoio técnico e administrativo nos labores de coordinación, seguimento e control encomendados á Vicesecretaría Xeral.

b) Outra de apoio nos labores de edición do Diario Oficial de Galicia.

Artigo 12. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico, Administrativo e de Recursos Humanos

1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico, Administrativo e de Recursos Humanos exercerá as seguintes funcións:

a) O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da Consellería, así como dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería.

b) O estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería cando non sexan competencia doutros órganos.

c) A emisión dos informes encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, ademais do estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

d) A coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia, das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería.

e) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere axeitado, cos órganos e unidades administrativas da Consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.

f) O rexistro e arquivamento das disposicións legais emanadas da Consellería, así como a recompilación e refundición das normas emanadas desta.

g) A xestión de asuntos propios de asociacións, fundacións de interese galego, colexios profesionais e academias de Galicia.

h) A tramitación dos requirimentos e peticións formulados á Consellería polos xulgados, tribunais, o Defensor do Pobo, o Valedor do Pobo, os cidadáns e outros órganos e institucións.

i) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos asuntos relativos ao réxime interno do persoal da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

j) A organización e supervisión das bases de datos e de rexistro de persoal sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia.

k) Cantas outras funcións expresamente lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección de Réxime Xurídico, Administrativo e de Recursos Humanos contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo Técnico-Xurídico.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A asistencia e apoio xurídico nas materias de competencia da Consellería, tanto nos proxectos de disposicións que elaboren os distintos centros directivos como no estudo, tramitación e propostas de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería cando non estean atribuídos a outros órganos dela.

b) O estudo dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como coordinación para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería.

c) A asistencia e xestión de cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección de Réxime Xurídico, Administrativo e de Recursos Humanos.

d) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A cualificación inicial das solicitudes de inscrición de fundacións de interese galego, a súa clasificación e adscrición aos distintos protectorados.

b) A xestión e custodia do Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego e o exercicio do protectorado en relación coas fundacións adscritas a esta consellería.

c) A cualificación de legalidade dos estatutos dos colexios profesionais e os consellos galegos de colexios profesionais, a tramitación da aprobación definitiva destes e a xestión e custodia dos seus respectivos rexistros.

d) A xestión e custodia do Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e a coordinación dos rexistros provinciais, e a instrución e resolución do procedemento de declaración de utilidade pública de asociacións.

e) A xestión e custodia do Rexistro Xeral de Academias de Galicia e as demais funcións que na materia lle correspondan a esta consellería.

f) A xestión e coordinación dos órganos técnicos de consulta e asesoramento das entidades sinaladas.

g) A realización dos informes, estudos e propostas de anteproxectos de disposicións xerais en materia de asociacións, fundacións de interese galego, colexios profesionais e consellos galegos de colexios profesionais e academias de Galicia.

h) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Recursos Humanos e Réxime Interior.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos recursos humanos e o seguimento e control do rexistro de persoal da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, excepto do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

b) A xestión do réxime interno do persoal, rexistro, arquivamento e información, control da asistencia e puntualidade da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

c) A xestión dos plans de formación do persoal da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

d) A habilitación de gastos de persoal da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

e) O estudo, tramitación e elaboración das propostas de resolución de reclamacións previas á vía laboral e recursos, así como a execución de sentenzas, en materia de persoal funcionario e laboral da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 13. A Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa

1. A Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación da confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos da consellería, o seguimento e control interno da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos implicados.

b) A execución da xestión orzamentaria efectuando os trámites económico-administrativos dos expedientes de gasto e as propostas de pagamentos da Consellería.

c) O asesoramento en materia orzamentaria aos órganos directivos e ás unidades administrativas da Consellería.

d) A elaboración das instrucións necesarias para que os órganos directivos mencionados efectúen unha correcta execución do orzamento.

e) A xestión dos expedientes de contratación administrativa.

f) O seguimento e supervisión das obras e proxectos de competencia da Consellería.

g) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Xestión Económica.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A coordinación da elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamentos da Consellería, control da execución orzamentaria, tramitación dos expedientes de modificación orzamentaria e a execución dos gastos que se lle atribúan.

b) A xestión económica dos convenios de colaboración con outros entes públicos ou privados no marco das competencias atribuídas á Consellería.

c) A habilitación dos gastos correntes da Secretaría Xeral Técnica.

d) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Contratación.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da Consellería, cando se trate de obras, xestión de servizos públicos, subministracións e servizos ou calquera outra figura contractual.

b) A elaboración dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas aplicables aos contratos que celebre a Consellería sen prexuízo das competencias atribuídas na materia ao Servizo de Infraestruturas Administrativas e ao de Obras e Proxectos.

c) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Obras e Proxectos.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A supervisión de proxectos técnicos e o seguimento dos proxectos de obras da Consellería.

b) A elaboración dos pregos de prescricións técnicas dos expedientes de contratación relacionados con obras de competencia da Consellería.

c) A prestación da asistencia técnica aos órganos e ás unidades administrativas da Consellería en todos os expedientes nos cales sexa solicitada.

d) A realización dos traballos facultativos propios das obras de construción, reforma e reparación de competencia da Consellería.

e) A elaboración dos informes técnicos que lle sexan requiridos pola Secretaría Xeral Técnica.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 14. A Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais

1. A Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais exercerá as seguintes funcións:

a) O impulso, coordinación e xestión das actuacións de carácter transversal que poidan afectar a Xunta de Galicia.

b) A xestión de infraestruturas administrativas.

c) A avaliación, implantación e planificación en materia de prevención de riscos laborais.

d) A coordinación dos servizos que a Xunta de Galicia encomende para a xestión da prevención e asistencia en materia de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

e) A coordinación da asistencia médica facultativa ao persoal dos servizos centrais.

f) A dirección do Parque Móbil da Xunta de Galicia e coordinación dos parques sectoriais pertencentes a outras consellerías.

g) A elaboración de cantas normas e instrucións sexan necesarias para a mellora da xestión e da calidade na prestación de servizos.

h) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Xestión de Infraestruturas Administrativas.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A conservación e mantemento das dependencias adscritas á Consellería e daquelas outras que se lle encomenden e dos complexos administrativos, centrais e periféricos, así como as actuacións complementarias necesarias para o seu normal funcionamento, sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da Consellería de Facenda.

b) A inspección técnica, realización de informes, sistemas de seguridade, e a adecuación á normativa vixente das infraestruturas existentes.

c) A coordinación dos órganos e das unidades de mantemento centrais e periféricas.

d) A elaboración dos pregos de prescricións técnicas dos expedientes de contratación relacionados coa xestión das infraestruturas administrativas da súa competencia e o seguimento, vixilancia e control das contratacións derivadas deles.

e) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo Prevención de Riscos Laborais.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O deseño, elaboración e implantación dun plan de prevención de riscos laborais.

b) A avaliación dos riscos laborais e a planificación da actividade preventiva.

c) A formación e información aos empregados/as públicos/as en materia de prevención de riscos laborais, a vixilancia da súa saúde e a adopción das medidas de emerxencia e evacuación.

d) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3. A Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais contará, ademais, con dúas unidades administrativas directamente dependentes, para a realización das seguintes funcións:

a) O apoio técnico e administrativo nos labores de dirección e coordinación do Parque Móbil.

b) O apoio nos labores de coordinación da asistencia médica facultativa ao persoal dos servizos centrais.

CAPÍTULO II
Da Dirección Xeral de Xustiza

Artigo 15. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Xustiza exercerá as competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia, relativas aos medios persoais, económicos e materiais ao servizo da Administración de xustiza, á promoción e desenvolvemento do dereito civil de Galicia, á demarcación e planta xudicial, notarial e rexistral, e ao acceso dos/as cidadáns/ás á xustiza en igualdade de oportunidades.

2. No exercicio das súas competencias correspóndenlle a este órgano as relacións ordinarias cos órganos do poder xudicial, o Ministerio de Xustiza e as demais institucións relacionadas co ámbito xurisdicional.

3. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Xustiza:

a) A programación e xestión dos medios persoais e materiais da Administración de Xustiza de Galicia, agás as que lle correspondan á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia incluíndo a xestión das relacións sindicais e a actividade negociadora neste ámbito sectorial, a autorización da nómina referente ás súas retribucións, o exercicio das potestades disciplinarias respecto do dito persoal e a prevención de riscos laborais nos centros de traballo da Administración de xustiza.

b) O impulso do uso do galego na Administración de xustiza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

c) A promoción do acceso dos/as cidadáns/ás á xustiza en igualdade de condicións, a través da dirección, reforma e control do sistema de asistencia xurídica gratuíta.

d) A presentación das propostas sobre demarcación e planta xudicial, sobre demarcación notarial e sobre convocatoria das prazas vacantes de maxistrados/as, xuíces/as, secretarios/as xudiciais; elevación ao conselleiro/a dos nomeamentos de notarios/as e rexistradores/as; a elaboración do modelo de oficina xudicial e a implantación de programas de modernización, mellora e promoción da calidade no funcionamento das oficinas e servizos da Administración de xustiza.

e) A elaboración das relacións de postos de traballo do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, así como das súas modificacións, de conformidade co previsto na Lei orgánica do poder xudicial e demais normativa en vigor.

f) A organización e supervisión do funcionamento do Instituto de Medicina Legal de Galicia e a programación de actuacións para o establecemento de sistemas de xestión de calidade dos seus servizos e para o seu desenvolvemento científico e tecnolóxico.

g) A coordinación coa Secretaría Xeral Técnica e coas delegacións territoriais para impulsar a prevención de riscos laborais nos centros de traballo da Administración de xustiza.

h) A execución das competencias da Consellería para o funcionamento e a mellora da xustiza de paz.

i) A implantación, impulso e desenvolvemento de programas e actuacións de desxudicialización de conflitos e de promoción da mediación.

j) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 16. Estrutura

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Xustiza estrutúrase nos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza.

b) Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza.

c) Servizo de Coordinación Técnico-Administrativa

Artigo 17. Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza

1. A Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza exercerá as seguintes funcións:

a) A execución das directrices da Dirección Xeral respecto ás relacións co Consello Xeral do Poder Xudicial, coa Administración de xustiza e demais institucións que cooperan coa xustiza.

b) A xestión do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, así como a participación na función de relacións laborais e a intervención na negociación no ámbito sectorial nos termos da Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo da Administración pública, e o seguimento dos acordos derivados dela.

c) A elaboración de estudos e informes sobre as necesidades de formación inicial e continuada dos membros da Administración de Xustiza.

d) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Persoal da Administración de Xustiza contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Réxime Xurídico e Relacións Laborais.

A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O apoio xurídico na proposta, elaboración e tramitación de proxectos de disposicións normativas nas diferentes materias competencia da Subdirección Xeral.

b) A tramitación das reclamacións e recursos formulados polos/as funcionarios/as ao servizo da Administración de xustiza, así como a tramitación dos expedientes disciplinarios e queixas sobre a súa actuación. A tramitación incluirá a confección das propostas de resolución dos expedientes.

c) A preparación dos antecedentes e a confección das comunicacións aos órganos xudiciais e informes, que procedan, sobre as demandas en vía xurisdicional en materia de persoal ao servizo da Administración de xustiza; así como o a incoación e impulso da execución administrativa das sentenzas que afecten o dito persoal.

d) As relacións laborais coas organizacións sindicais e órganos de representación do persoal e o seguimento dos seus dereitos, sen prexuízo das funcións atribuídas a outros órganos.

e) A coordinación da actuación das xefaturas territoriais en materia de persoal ao servizo da Administración de xustiza, así como a das unidades técnico-administrativas reguladas no Decreto 148/2010, do 2 de setembro.

f) A relación co Servizo de Prevención de Riscos e coas unidades administrativas responsables da execución de medidas nesta materia.

g) O control, nos termos previstos no artigo 505 da Lei orgánica do poder xudicial, da incapacidade temporal do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, sen prexuízo das competencias delegadas ou que poidan delegarse noutras unidades.

2.2. Servizo de Persoal da Administración de Xustiza.

A este servizo correspóndenlle en relación co funcionarios dos corpos nacionais ao servizo da Administración de xustiza a realización das seguintes funcións:

a) A colaboración e coordinación co Centro Informático de Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable, e coas habilitacións de persoal, para a xestión da nómina do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia e o seguimento da execución orzamentaria do capítulo I; así como a elaboración de estudos e informes.

b) A xestión dos expedientes persoais dos/as funcionarios/as de carreira, incluído o mantemento, actualización e corrección dos seus datos na aplicación informática de xestión de persoal (AIX), así como a transferencia de expedientes e datos e xestión de comunicacións co Ministerio de Xustiza e os departamentos de xustiza doutras comunidades autónomas.

c) A preparación da oferta de emprego público e a xestión, en colaboración co Ministerio de Xustiza e coa Escola Galega de Administración Pública, dos procesos de selección e ingreso na función pública ao servizo da Administración de xustiza.

d) A preparación e execución, en colaboración co Ministerio de Xustiza, dos procesos de concurso de traslado de ámbito nacional; así como a convocatoria e resolución dos outros procesos para a provisión, definitiva ou temporal, de postos de traballo.

e) A confección das relacións de postos de traballo e demais instrumentos de ordenación da actividade profesional, a tramitación das propostas de modificación do cadro de persoal e os procesos de xestión da reordenación de efectivos.

f) A tramitación dos expedientes de declaración de situacións administrativas e compatibilidade para o exercicio doutras actividades, recoñecemento de trienios e de servizos previos, prolongacións de xornada e comisións de servizos e outros expedientes relativos á vida funcionarial.

g) A xestión da acción social.

h) O apoio á Subdirección Xeral no deseño e planificación da formación inicial e continuada do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

i) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 18. Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza

1. A Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza exercerá as seguintes funcións:

a) A planificación da actividade económica e orzamentaria da Dirección Xeral de Xustiza, coa preparación do anteproxecto de orzamento de gastos da Dirección Xeral, a confección da documentación para impulsar a tramitación das modificacións do orzamento de gastos e o impulso da contratación centralizada das subministracións, servizos e consultorías, coordinando a xestión descentralizada do gasto corrente nas delegacións territoriais, así como o asesoramento nas referidas materias ao director/a xeral.

b) A presentación de propostas e execución de actuacións de mellora dos equipamentos e dotación mobiliaria que a Consellería pon á disposición da Administración de xustiza, especialmente a xestión dos arquivos e dos depósitos xudiciais na implantación e funcionamento da xunta de expurgación da documentación xudicial, así como a coordinación da dotación dos medios precisos para o adecuado funcionamento de todos eles.

c) A xestión das axudas económicas e subvencións, e especialmente as compensacións económicas á avogacía e á procuradoría polo funcionamento das quendas de asistencia xurídica gratuíta.

d) A organización, xestión e avaliación do funcionamento dos servizos de peritaxe e dos servizos de tradución e interpretación.

e) A xestión da asistencia xurídica gratuíta.

f) A confección de documentación e borradores para os expedientes sobre aprobación de normativa regulamentaria que nas súas materias corresponda iniciar á Dirección Xeral de Xustiza.

g) A coordinación da actuación das xefaturas territoriais en materia de medios ao servizo da Administración de xustiza, así como das unidades técnico administrativas reguladas no Decreto 148/2010, do 2 de setembro.

h) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Xestión Económica e Administrativa.

A este servizo correspóndenlle a realización das seguintes funcións:

a) A programación, coordinación e xestión económico-administrativa derivadas das funcións atribuídas á Dirección Xeral de Xustiza incluíndo as axudas e subvencións, así como as compensacións económicas en materia de xustiza gratuíta.

b) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Estudos e Asistencia Xurídica Gratuíta.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión administrativa das funcións atribuídas á Dirección Xeral en materia de asistencia xurídica gratuíta.

b) As colaboracións administrativas para a tramitación e desenvolvemento dos convenios asinados pola Xunta de Galicia co Consello Xeral do Poder Xudicial, Ministerio de Xustiza e demais institucións en relación coas materias de competencia da Dirección Xeral.

c) A tramitación dos expedientes de nomeamento de notarios/as e rexistradores/as.

d) O seguimento e a análise das estatísticas xudiciais e rexistrais, en colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

e) A colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística nos programas de implantación do uso do galego na Administración de xustiza.

f) Aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 19. Servizo de Coordinación Técnico-Administrativa

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) As funcións de apoio técnico-xurídico e administrativo á Dirección Xeral nas diferentes materias que sexan competencia dese centro directivo.

b) A asistencia á Dirección Xeral no estudo e preparación de documentación e informes que lle encomende a Dirección Xeral en materias da súa competencia.

c) A presentación de propostas de programas de actuación que teñea por obxecto mellorar a calidade da Administración de xustiza no ámbito competencia propio.

d) O soporte administrativo, coordinación e seguimento da implantación dos programas e medidas no ámbito da atención ás vítimas, da mediación e resolución extraxudicial de conflitos.

e) O soporte administrativo das funcións que corresponden á Dirección Xeral de Xustiza en relación co rexistro de parellas de feito.

f) A preparación dos informes relativos ás queixas e inspeccións realizadas respecto de materias competencia da Dirección Xeral.

g) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

CAPÍTULO III
Da Dirección Xeral de Administración Local

Artigo 20. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Administración Local é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Xunta de Galicia en materia de Administración local.

2. No exercicio das súas competencias correspóndenlle a este órgano as relacións coas entidades locais e coas demais institucións relacionadas co ámbito do poder local.

3. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Administración Local:

a) A coordinación das políticas públicas en materia de Administración local, xestión en materia de pacto local e cooperación coas asociacións de municipios.

b) A proposición das directrices en relación cos programas de cooperación e financiamento local e, en especial, no Fondo de Cooperación Local.

c) A elaboración dos programas formativos en materia de Administración local.

d) O fomento das liñas de colaboración coas entidades locais galegas no referente á convocatoria e execución das subvencións a elas destinadas.

e) O fomento e a ordenación dos procesos asociativos e consorciais das entidades locais así como as propostas en materia de organización territorial.

f) O fomento do asociacionismo veciñal.

g) A execución das competencias que, con respecto aos/ás funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.

h) A elaboración, impulso e xestión de programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza con incidencia no mundo local e no ámbito das competencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, facendo especial fincapé nas accións enmarcadas no eido da cooperación Galicia-Norte de Portugal.

i) O impulso, estudo e control do cumprimento da Lei de Administración local de Galicia e demais normativa de réxime local, así como o exercicio das competencias que nesa materia lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.

j) O impulso do proceso de incorporación do galego á Administración local de forma coordinada coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

k) A xestión do portal de Eido Local, así como o fomento e impulso da incorporación das novas tecnoloxías, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e de métodos de calidade nas administracións locais galegas.

l) A tramitación dos expedientes de declaración de urxente ocupación nas expropiacións forzosas instados polas entidades locais.

m) O Rexistro de Entidades Locais de Galicia.

n) A tramitación dos expedientes de alteración e deslindamento de termos municipais; a tramitación dos expedientes suxeitos a intervención autonómica en materia de patrimonio das entidades locais e a tramitación dos expedientes de solicitude de disolución dos órganos das corporacións locais e de consultas populares en asuntos de competencia municipal.

ñ) Aqueloutras que, non estando incluídas neste artigo, lle atribúa a normativa vixente, así como as que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 21. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións e competencias, a Dirección Xeral de Administración Local estrutúrase nos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais.

b) Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local.

Artigo 22. Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais

1. A Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais exercerá as seguintes funcións:

a) A proposición e xestión de programas conxuntos coas corporacións locais.

b) A realización das propostas de convocatoria das axudas e subvencións, e elaboración de convenios, no ámbito das súas competencias.

c) O fomento da normalización lingüística na Administración local en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

d) A preparación de estudos e anteproxectos de disposicións xerais nas materias atribuídas a esta unidade.

e) A xestión económica e orzamentaria da Dirección Xeral.

f) A execución, seguimento e control dos programas europeos e de cooperación transfronteiriza en que participe a Dirección Xeral de Administración Local, así como a elaboración de propostas de actuación neste sentido.

g) O impulso e a coordinación, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, das accións encamiñadas á implantación e ao desenvolvemento das novas tecnoloxías na Administración local.

h) O fomento e impulso de programas e métodos de implantación da calidade nas administracións locais galegas.

i) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Xestión e Cooperación Económica.

A este servizo correspóndenlle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión, tramitación e realización das propostas que procedan en canto ás convocatorias, selección e adxudicación das subvencións e axudas desta dirección que se destinan ás entidades locais galegas.

b) O estudo do anteproxecto de orzamento correspondente á Dirección Xeral, así como o seguimento, avaliación e control dos seus programas de gasto.

c) A xestión económica e orzamentaria da Dirección Xeral.

d) O impulso e a execución dos convenios asinados pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en materia de Administración local.

e) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 23. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local

1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local exercerá as seguintes funcións:

a) A execución das directrices da Dirección Xeral naquelas materias relativas ás relacións coas entidades locais de Galicia.

b) A execución das directrices da Dirección Xeral naquelas materias relacionadas coa organización, bens, servizos e persoal das corporacións locais que lle correspondan á Comunidade Autónoma de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, sen prexuízo das competencias que, nestas materias, poidan ser atribuídas a outras consellerías.

c) A elaboración de estudos, informes e proxectos de disposicións xerais nas materias atribuídas a este órgano e a execución das competencias que en materia de réxime xurídico lle correspondan á Dirección Xeral.

d) O impulso, a organización e a divulgación dun fondo documental e xurídico en materia de administración local.

e) A execución das competencias que en materia de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal lle corresponden á Comunidade Autónoma.

f) A xestión do Rexistro de Entidades Locais de Galicia.

g) A elaboración de propostas dos expedientes en materia de alteración e deslindamento de termos municipais.

h) A tramitación dos expedientes de autorización ou toma de razón nas cesións, alleamentos ou permutas dos bens das entidades locais.

i) A tramitación dos expedientes de creación, modificación e disolución das entidades locais non territoriais, prestándolles a colaboración e o asesoramento necesarios.

j) A elaboración das correspondentes propostas, a través da Comisión de Toponimia, respecto da denominación e da capitalidade das entidades locais.

k) A elaboración das correspondentes propostas, a través da Comisión de Heráldica, de escudos e bandeiras das entidades locais galegas.

l) A proposta de posibles accións formativas para membros e persoal da Administración local.

m) A tramitación dos expedientes de municipalización de servizos en réxime de monopolio, de dispensa da obriga de prestar servizos mínimos, de disolución dos órganos das corporacións locais e de consultas populares.

n) A xestión, impulso, coordinación e estudo das materias reservadas ao Pacto Local.

ñ) A elaboración de informes, proxectos e estudos en relación co financiamento local e, en especial, co Fondo de Cooperación Local.

o) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación de Carácter Estatal.

A este servizo correspóndenlle a realización das seguintes funcións:

a) O asesoramento en materia de función pública local e a revisión dos procesos de selección de persoal das entidades locais.

b) A distribución do papel numerado para actas e resolucións das entidades locais.

c) A elaboración da proposta da oferta de emprego público correspondente a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

d) A elaboración das convocatorias e o desenvolvemento dos procesos selectivos de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal segundo os títulos e programas mínimos aprobados polo Ministerio de Política Territorial e coa colaboración da Escola Galega de Administración Pública.

e) A tramitación da provisión de postos con carácter non definitivo e o exercicio das competencias que lle corresponden á Comunidade Autónoma respecto dos concursos de traslados e libre designación de habilitados/as estatais.

f) A tramitación dos expedientes de creación, clasificación e supresión de postos reservados a funcionarios/as con habilitación estatal, así como os de constitución e disolución de agrupacións de entidades locais para o sostemento dos ditos postos e os das exencións regulamentariamente establecidas.

g) A dirección e xestión do rexistro autonómico de funcionarios/as con habilitación estatal e a coordinación e integración co rexistro estatal dos ditos funcionarios.

h) A elaboración de informes sobre os recursos que se presenten en materia de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

i) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Cooperación Xurídica e Pacto Local.

A este servizo correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión, impulso, coordinación e estudo das materias reservadas ao Pacto Local.

b) A elaboración de informes, proxectos e estudos en relación co financiamento local e, en especial, co Fondo de Cooperación Local.

c) A xestión dos expedientes de denominación e capitalidade das entidades locais.

d) A tramitación dos expedientes de alteración e deslindamento de termos municipais.

e) A prestación do soporte operativo á Comisión de Toponimia e á Comisión Galega de Delimitación Territorial.

f) O asesoramento, colaboración e xestión dos expedientes en materia de heráldica das entidades locais galegas prestando soporte operativo á Comisión de Heráldica de Galicia.

g) O asesoramento e tramitación da creación, modificación e disolución das entidades locais non territoriais.

h) A xestión do Rexistro de Entidades Locais de Galicia.

i) A tramitación dos expedientes de declaración de urxente ocupación en materia de expropiación forzosa.

j) A tramitación dos expedientes de toma de razón, coñecemento ou autorización dos expedientes de acción investigadora, cesión, alleamento ou permuta dos bens das entidades locais.

k) O estudo das posibles accións formativas para membros e persoal de Administración local.

l) O estudo para a elaboración das correspondentes propostas de desenvolvemento normativo atribuído á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de réxime local.

m) O fomento e ordenación dos procesos asociativos e consorciais das entidades locais como instrumentos de ordenación e vertebración territorial.

n) O impulso e a coordinación da investigación e a sistematización da lexislación, dos traballos doutrinais e da xurisprudencia, nas materias relacionadas coa Administración local.

ñ) A execución das competencias que en materia de control de legalidade dos actos e acordos das corporacións locais lle están atribuídas á Comunidade Autónoma de Galicia.

o) A tramitación dos expedientes de municipalización de servizos en réxime de monopolio, de dispensa da obriga de prestar servizos mínimos, de disolución dos órganos das corporacións locais e de consultas populares.

p) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

CAPÍTULO IV
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Artigo 24. Atribucións

A Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Comunidade Autónoma galega nas seguintes materias:

a) A información e asistencia ao Goberno nas súas relacións co Parlamento de Galicia.

b) O seguimento do programa lexislativo e dos acordos adoptados polo Parlamento de Galicia.

c) A organización e coordinación dos procesos electorais en que sexa competente a Comunidade Autónoma de Galicia, así como a representación da Xunta de Galicia naqueles procesos electorais a que estea invitada como observadora.

d) O seguimento das iniciativas tramitadas nas Cortes Xerais ou noutras comunidades autónomas que puideren ter algunha relación coa Comunidade Autónoma de Galicia.

e) A determinación do departamento da Xunta de Galicia que debe dar resposta ás iniciativas parlamentarias que se presenten na cámara.

f) A representación da comunidade autónoma no que atinxe ás relacións institucionais coa Administración e Goberno estatal, así como coas restantes administracións e gobernos doutras comunidades autónomas.

g) O rexistro dos convenios que sexan autorizados polo Consello da Xunta de Galicia e os que outorguen os departamentos da Xunta, organismos autónomos e entes de dereito público da Administración autonómica.

h) A legalización de sinaturas de documentos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que vaian producir efectos no estranxeiro conforme o establecido no Decreto 351/2009, do 9 de xullo, polo que se regula a legalización de documentos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deban producir efectos no estranxeiro.

i) A representación da Comunidade Autónoma de Galicia na Comisión Mixta de Transferencias e nas comisións bilaterais de cooperación entre a Administración xeral do Estado e a Administración autonómica, así como naqueles foros en que sexa necesaria a súa presenza e non estea predeterminado o departamento que deba asistir por razón da materia que se vai tratar, cando así sexa acordado polo Consello da Xunta de Galicia.

j) O seguimento da participación da Xunta de Galicia nas conferencias sectoriais.

k) A coordinación da actividade da Comisión de seguimento de disposicións normativas do Estado e doutras comunidades autónomas.

l) A representación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza naqueles supostos en que lle sexa encomendada polo seu titular.

m) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 25. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias conta cos seguintes órganos:

1. Servizo de Seguimento Lexislativo e Acordos Parlamentarios.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo/a director/a xeral para a información e asistencia ao Goberno galego nas súas relacións co Parlamento de Galicia.

b) O seguimento do programa lexislativo do Goberno galego.

c) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2. Servizo de Desenvolvemento Institucional.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración de informes e documentación para os procesos de traspaso de competencias do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

b) A asistencia ó/á director/a xeral na súa relación coa Administración xeral do Estado ou coas administracións doutras comunidades autónomas.

c) O seguimento das relacións institucionais doutras administracións.

d) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3. Servizo de Coordinación.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A preparación da documentación para os procesos de traspasos e da Comisión Mixta de Transferencias, así como a relativa á Comisión Bilateral.

b) A tramitación das legalizacións de sinaturas da Xunta de Galicia que teñan efectos no exterior.

c) A xestión do rexistro dos convenios que sexan autorizados polo Consello da Xunta de Galicia e os que asinen os departamentos da Xunta, organismos autónomos e entes de dereito público da Administración autonómica.

d) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

4. Servizo de Seguimento e Análise Competencial.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O seguimento e estudo, desde un punto de vista competencial, da produción normativa do Estado e doutras comunidades autónomas.

b) A realización de informes e proposta de inicio de procesos de conflitividade constitucional, e informar, por petición das consellerías interesadas, acerca da constitucionalidade dos anteproxectos ou proxectos normativos.

c) O desempeño das funcións propias da secretaría da Comisión de seguimento de disposicións normativas do Estado e doutras comunidades autónomas.

d) E calquera outra que, dentro do seu ámbito, lle sexa asignada.

CAPÍTULO V
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Artigo 26. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior exercerá as competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia, relativas ás materias de atención de emerxencias e protección civil, interior e seguridade.

2. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior:

A. En materia de emerxencias e protección civil:

a) A dirección, a coordinación e a execución das atribucións que ten asumidas a consellería en materia de atención de emerxencias e de protección civil, e o restablecemento dos servizos esenciais para a cidadanía afectada por unha emerxencia, en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias e no marco das funcións atribuídas a esta pola Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia.

b) A planificación da protección civil e a prevención, a previsión e a análise de riscos relacionados con ela, en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias.

c) O establecemento das directrices de actuación da Axencia Galega de Emerxencias e o exercicio das atribucións derivadas da adscrición orgánica desta á Consellería.

d) A representación da Consellería na Comisión Nacional de Protección Civil e noutros organismos de coordinación internacionais, europeos e autonómicos de protección civil.

e) O exercicio da planificación e a coordinación dos plans e os programas dos servizos contra incendios e salvamento locais, en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias e sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder á Dirección Xeral de Administración Local.

f) As relacións da Administración autonómica, en materia de atención de emerxencias, coas administracións locais, coas comunidades autónomas, coa Administración xeral do Estado e cos Estados da Unión Europea, tendo unha relación especial con Portugal pola súa proximidade e pola posibilidade de ter que compartir emerxencias comúns.

g) O seguimento da encomenda do Consello de Seguridade Nuclear á Xunta de Galicia en materia de vixilancia radiolóxica co exercicio de autoridade competente para a protección dos/as traballadores/as e da poboación fronte á exposición a fontes de radiación natural asociada a actividades laborais, en aplicación da normativa vixente.

B. En materia de seguridade e interior:

a) O exercicio da xefatura dos servizos de seguridade baixo a superior autoridade do conselleiro/a de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) A proposta e execución dos plans de seguridade da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a elaboración e proposta dos plans e proxectos de actuación, xestión e planificación operativa dos servizos policiais adscritos á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

c) A planificación, xestión e distribución dos recursos humanos e materiais destinados á seguridade da Comunidade Autónoma de Galicia e a proposta ou a resolución, se é o caso, das cuestións relativas á selección, formación e perfeccionamento do persoal adscrito aos servizos policiais da Xunta de Galicia.

d) As funcións de coordinación das policías locais que lle correspondan á Comunidade Autónoma.

e) O establecemento de mecanismos e fórmulas de cooperación coas forzas e corpos de seguridade do Estado para a coordinación e realización das competencias en materia de prevención e seguridade.

f) A elaboración de cantos informes e estudos requira e exixa o exercicio das competencias que lle corresponden á Consellería en materia de prevención e seguridade.

g) A preparación dos correspondentes estudos e anteproxectos de disposicións xerais.

C. En materia de xogo e espectáculos públicos:

a) A tramitación dos expedientes administrativos en materia de casinos, xogos e apostas cuxa autorización corresponda a esta dirección xeral; a execución das directrices que lle sexan indicadas en relación aos distintos sectores do xogo e a elaboración dos correspondentes estudos, informes e anteproxectos de disposicións xerais na materia, así como a recolla da información estatística das empresas correspondentes en coordinacón coa Secretaría Xeral Técnica.

b) A tramitación dos expedientes administrativos de probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos que se desenvolvan integramente por vías situadas no ámbito territorial de Galicia, dos relativos á autorización de horarios especiais e, en xeral, todos os que sexan de competencia da Dirección Xeral en materia de espectáculos públicos, así como a elaboración dos correspondentes estudos, informes e anteproxectos de disposicións xerais na materia.

3. Aqueloutras que, non estando incluídas neste artigo, lle atribúa a normativa vixente, así como as que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 27. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior estrutúrase nas seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil.

b) Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación.

c) Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos.

d) Servizo de Planificación Económica e Coordinación Administrativa

Artigo 28. Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil

1. A Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil en colaboración e coordinación coa Axencia Galega de Emerxencias, no marco das atribucións outorgadas a esta pola Lei de emerxencias de Galicia, exercerá as seguintes funcións:

a) O fomento e a supervisión de estudos relativos á análise de riscos existentes na Comunidade Autónoma que admitan fundamentar a realización de plans de prevención e permitan o deseño e a implementación de políticas públicas de prevención de riscos; o fomento, impulso e coordinación da avaliación dos riscos territoriais, permanentes ou estacionais, e a elaboración, fomento, impulso e coordinación dos plans de protección civil previstos na norma básica.

b) A elaboración, preparación, implementación, mantemento, avaliación e revisión dos plans de protección civil autonómica e, de ser o caso, a dirección unificada da súa aplicación, así como a colaboración coas entidades locais no relativo á elaboración e implantación dos plans municipais e tamén a avaliación dos plans especiais de protección civil e os plans de autoprotección.

c) A elaboración do anteproxecto de orzamento correspondente aos seus programas de gasto e anteproxectos normativos relativos ás materias de protección civil e emerxencias competencia da Dirección Xeral.

d) A coordinación das actuacións programadas pola Dirección Xeral e as realizadas polos servizos provinciais de emerxencia, particularmente das campañas estacionais de prevención e xestión de riscos e dos comités operativos de protección civil da Xunta de Galicia e dos medios e recursos postos á súa disposición, de acordo co establecido nos plans de protección civil autonómicos.

e) O apoio administrativo e técnico á Comisión de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, executando os seus acordos e desenvolvendo as súas propostas.

f) A coordinación da análise dos usos actuais e das necesidades en materia de novas tecnoloxías que presentan os distintos axentes que participan nas tarefas de protección civil, así como a planificación da política de implantación de ferramentas tecnolóxicas nos diferentes estamentos que conforman a rede de axentes de protección civil dos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) A proposición e xestión da concesión de axudas, liñas de apoio e subvencións en materia de protección civil e emerxencias.

h) A coordinación e o seguimento das políticas de formación tanto do persoal da Dirección Xeral como dos colectivos dedicados á protección civil, e a xestión das emerxencias e da autoprotección en colaboración con outros organismos relacionados coa protección civil e os seus programas formativos, con suxeición a estándares de calidade.

i) A coordinación con outras administracións ou organismos e entidades públicos e privados, fomentando a sinatura de protocolos, acordos e convenios de colaboración e a programación e deseño de actividades de carácter informativo e divulgativo en materia de protección civil que contribúan ao perfeccionamento técnico, á posta a punto operativa, así como á formación dunha conciencia na poboación no eido da protección civil e da autoprotección.

j) A promoción, colaboración e coordinación de unidades especializadas en tarefas de salvamento, socorro ou outras relacionadas coa protección civil ou as emerxencias na comunidade autónoma.

k) A organización e o mantemento dun banco documental multimedia especializado que permita a máxima difusión da información.

l) O fomento, impulso e desenvolvemento de programas e liñas de acción de colaboración autonómica, estatal ou internacional en materia de protección civil financiados ou cofinanciados con fondos europeos, facendo especial incidencia na colaboración transfronteiriza con Portugal.

m) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil, contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Prevención e Análise de Riscos.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración de plans de protección civil de competencia da Comunidade Autónoma, a súa implementación e mantemento, así como dos correspondentes ás campañas estacionais de prevención e xestión de riscos, particularmente a coordinación da elaboración de previsións e alertas para os servizos de emerxencia e poboación en xeral derivados dos avisos por fenómenos meteorolóxicos adversos e outros riscos.

b) A elaboración de informes técnicos de avaliación de plans de protección civil e de emerxencia, para a súa aprobación e homologación, cando corresponda, polo órgano competente.

c) A preparación e execución dos exercicios e simulacros no marco dos citados plans autonómicos, colaborando cos de carácter local.

d) A promoción e supervisión dos estudos e análise do inventario e mapa de riscos e do catálogo de medios e recursos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a supervisión da súa actualización, e a supervisión da elaboración e actualización dos manuais operativos e de intervención.

e) A colaboración coas entidades locais na elaboración dos plans básicos e sectoriais de emerxencia municipal.

f) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Vixilancia Radiolóxica.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A inspección de instalacións radioactivas, incluíndo as de segunda e terceira categoría, que comprende as fases de construción, posta en marcha, funcionamento, modificación e clausura; a realización das inspeccións que sexan necesarias para o control das instalacións de raios X, con fins médicos, e as que sexan necesarias por razóns especiais ou denuncia, así como aqueloutras que lle encargue expresamente a autoridade competente en materia de seguridade nuclear.

b) A inspección do transporte de combustible nuclear e doutros materiais radioactivos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A análise e a avaliación relacionada coa protección radiolóxica nas instalacións radioactivas.

d) A presentación de actuacións correctoras e a preparación, se é o caso, de propostas de sanción, dándolle conta á autoridade competente en materia de seguridade nuclear.

e) A vixilancia radiolóxica ambiental no ámbito territorial de Galicia, de acordo cos programas que para este fin ten establecido e aprobado a autoridade competente en materia de seguridade nuclear.

f) A información sobre lexislación en seguridade nuclear, regulamentos, instrucións técnicas complementarias, guías de seguridade, circulares informativas e recomendacións para a optimización dos procedementos de operación e para as actualizacións e modificacións dos regulamentos de funcionamento e dos plans de emerxencia das instalacións radioactivas.

g) A atención das situacións de emerxencia, en coordinación coa autoridade competente en materia de emerxencias de seguridade nuclear.

h) O desenvolvemento das funcións encomendadas pola autoridade competente en materia de seguridade nuclear, relativas á protección dos/as traballadores/as e da poboación fronte á exposición a fontes de radiación natural asociada a actividades laborais.

i) A constitución, xestión e mantemento do arquivo da documentación orixinal xerada, tanto pola autoridade competente en materia de seguridade nuclear como pola Xunta de Galicia, ou recibida en soporte papel, no desenvolvemento do acordo de encomenda. O rexistro telemático da documentación e a custodia do arquivo da documentación orixinal, así como a utilización de medios informáticos do Consello de Seguridade Nuclear para a transmisión telemática da documentación.

j) O mantemento da operatividade da dotación do equipamento técnico específico e dos recursos informáticos e de comunicacións precisos para o desenvolvemento das funcións encomendadas.

k) A xestión do réxime económico aplicable á realización das funcións encomendadas pola autoridade competente en materia de seguridade nuclear.

l) A formación e información do persoal técnico de xestión e intervención para actuacións en presenza de riscos radiolóxicos.

m) O desenvolvemento das funcións de autoridade competente para a protección dos/as traballadores/as e da poboación fronte á exposición ás fontes de radiación natural asociada a actividades laborais, en aplicación da normativa vixente.

n) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Protección Civil.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A promoción das asociacións e agrupacións de voluntarios/as de protección civil.

b) A proposición e xestión da concesión de axudas e subvencións en materia de protección civil e emerxencias.

c) O fomento da autoprotección cidadá e corporativa, a través da programación de campañas divulgativas.

d) A elaboración e o control dos convenios realizados en materia de protección civil e emerxencias.

e) O control e a xestión dos rexistros relacionados coas agrupacións, asociacións e entidades colaboradoras de protección civil regulamentariamente establecidos.

f) A elaboración de programas e propostas de formación e perfeccionamento do persoal de protección civil e emerxencias, en colaboración co órgano que teña atribuída a xestión e o desenvolvemento desta formación.

g) A elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente á subdirección.

h) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 29. Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación

1. A Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinación exercerá as seguintes funcións:

a) A elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente á Dirección Xeral, a súa xestión orzamentaria e a proposición e xestión da concesión de axudas e subvencións en materia de interior.

b) A planificación, xestión e coordinación dos recursos dependentes da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

c) A preparación, xestión, seguimento e control dos programas europeos e de cooperación transfronteiriza ou proxectos de ámbito local, autonómico, estatal en que participe a Dirección Xeral en materia de interior, que fosen de interese para a comunidade.

d) A elaboración de estudos ou propostas de políticas preventivas e proxectos sobre política de seguridade autonómica, así como os estudos e anteproxectos de disposicións xerais para a dirección e coordinación da policía autonómica, a coordinación das policías locais e a do persoal dos servizos integrados de extinción de incendios.

e) O desenvolvemento e a execución das competencias en materia de coordinación de policías locais en colaboración coas autoridades ou administracións de que dependan, de ser o caso.

f) A supervisión e o control dos servizos de seguridade tendentes a velar pola protección de persoas, edificios e dependencias da comunidade autónoma e dos seus entes instrumentais que se determinen, garantindo o normal funcionamento das instalacións e a seguridade dos/as usuarios/as dos seus servizos e a inspección das actividades sometidas á ordenación e disciplina da Comunidade Autónoma de Galicia, no que poida afectar as competencias asumidas pola unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Xunta de Galicia.

g) A planificación e a coordinación dos plans e programas dos servizos contra incendios e salvamento local, sen prexuízo das competencias atribuídas por lei ás administracións locais, e o desenvolvemento de protocolos de cooperación operativa cos corpos de seguridade dependentes doutras administracións e con outras entidades e institucións públicas e privadas.

h) A elaboración de programas e propostas de formación e perfeccionamento do persoal de seguridade, policía e bombeiros, en colaboración co órgano que teña atribuída a xestión e o desenvolvemento desta formación.

i) O exercicio das directrices en materia de xestión de persoal e relacións sindicais no ámbito da policía autonómica.

j) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Seguridade e Coordinacón contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Seguridade.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A planificación e coordinación dos plans e programas dos servizos contra incendios e salvamento local, sen prexuízo das competencias atribuídas por lei ás administracións locais, así como de calquera outra figura de colaboración entre administracións, existente ou que se cree, para a xestión de emerxencias na Comunidade Autónoma.

b) A coordinación das policías locais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coa lexislación vixente, así como a xestión e o control dos rexistros ou bases de datos que faciliten esta coordinación.

c) A planificación e coordinación dos programas de formación en materia de seguridade e bombeiros en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública, ou a institución que corresponda.

d) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 30. Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos

1. A Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos exercerá as seguintes funcións:

a) O desenvolvemento da xestión administrativa en materia de xogo e espectáculos públicos, a tramitación e resolucións dos expedientes administrativos referentes ás materias indicadas e que lle correspondan á Dirección Xeral, así como a execución das resolucións ditadas.

b) A elaboración dos correspondentes estudos e anteproxectos de disposicións xerais e a compilación de datos estatísticos e demais información regulamentaria nas materias de xogo e espectáculos públicos.

c) A coordinación das distintas unidades que teñan atribuídas funcións en materia de xogo e espectáculos públicos.

2. Para o exercicio de tales funcións contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Xogo.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A tramitación dos expedientes administrativos en materia de casinos, xogos e apostas cuxa autorización corresponda a esta dirección xeral.

b) A execución das directrices que lle sexan indicadas para a xestión dos asuntos e expedientes administrativos relacionados cos distintos sectores do xogo.

c) A preparación dos informes ou estudos encamiñados á elaboración dos anteproxectos de disposicións xerais en materia de xogo, así como a recolla da información estatística das empresas correspondentes.

d) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Espectáculos Públicos e Desenvolvemento Normativo.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A tramitación dos expedientes administrativos de probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos que se desenvolvan integramente por vías situadas no ámbito territorial de Galicia e cuxa autorización lle corresponda a esta Dirección Xeral.

b) A tramitación dos expedientes administrativos relativos á autorización de horarios especiais cuxa competencia lle corresponda a esta Dirección Xeral, de acordo co establecido no catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia e nas disposicións da normativa sobre horarios que resulte de aplicación.

c) A xestión administrativa e a tramitación dos demais expedientes en materia de espectáculos públicos das materias competencia desta Dirección Xeral.

d) A realización dos informes e estudos encamiñados á elaboración dos anteproxectos das disposicións xerais das materias propias da Dirección Xeral.

e) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 31. Servizo de Planificación Económica e Coordinación Administrativa

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración do estudo do anteproxecto do orzamento correspondente á Dirección Xeral así como a súa execución, control, seguimento e avaliación.

b) O apoio á dirección na adopción de medidas de carácter económico que, como consecuencia da produción de situacións de emerxencia ou catástrofe, houbese que adoptar.

c) A xestión económica e orzamentaria da Dirección Xeral e o impulso e a execución de convenios, así como a proposición, xestión e control da concesión de axudas e subvencións en materia de interior.

d) A planificación e a xestión dos recursos dependentes da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

e) O seguimento, protección e control de datos económicos referentes aos/ás funcionarios/as de policía adscrita á Xunta de Galicia.

f) A execución, seguimento e control dos programas europeos e de cooperación transfronteiriza ou proxectos de ámbito local, autonómico, estatal en que participe a Dirección Xeral en materia de interior, así como a elaboración de propostas de actuación neste sentido.

g) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

CAPÍTULO VI
Da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Artigo 32. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea configúrase como o órgano superior da Administración autonómica de apoio, asistencia e asesoramento ao presidente en todas as actuacións sobre relacións coa Unión Europea, acción exterior, análise do contorno internacional e cooperación ao desenvolvemento.

2. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea:

a) A execución da actividade europea e da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais que a cada departamento lle correspondan.

b) A cooperación institucional e técnica en relación co proceso de integración europea, especialmente naquelas materias relacionadas coas políticas rexionais e sectoriais, e nas organizacións rexionais europeas non comunitarias.

c) A coordinación entre os departamentos da Xunta de Galicia para os asuntos relacionados coa Unión Europea e coa acción e cooperación exteriores.

d) A elaboración dos plans e estratexias no marco da Unión Europea, da acción exterior e da cooperación ao desenvolvemento, nos cales se determinarán as prioridades xeográficas e sectoriais de actuación da Xunta de Galicia.

e) A representación da comunidade autónoma nos órganos que existan entre a Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas, sobre acción exterior, e cooperación ao desenvolvemento, sen prexuízo das competencias doutros órganos autonómicos.

f) A promoción das relacións de cooperación con entidades e institucións non estatais ou subestatais estranxeiras, fomentando especialmente a dimensión de xénero en todas elas, sen prexuízo das funcións doutros departamentos ou centros directivos.

g) A elaboración das propostas de desenvolvemento normativo nas materias da súa competencia.

h) O fomento da imaxe integral de Galicia no exterior.

i) O seguimento das actuacións da Fundación Galicia Europa.

j) A tramitación das notificacións oficiais de axudas públicas e das correspondentes ás actuacións inherentes ás queixas e infraccións comunitarias nas cales o Ministerio de Asuntos Exteriores ou a Comisión Europea requiran un único centro de notificación e de interlocución.

k) A canalización da información que se xere no ámbito da Unión Europea e que sexa de interese para os distintos departamentos da Xunta de Galicia, e para a sociedade galega en xeral.

l) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Artigo 33. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea estrutúrase nos seguintes órganos:

a) Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea.

b) Subdirección Xeral de Cooperación Exterior.

c) Subdirección Xeral de Análise e Programación.

d) Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza.

e) Servizo de Xestión Económica e Coordinación Administrativa.

Artigo 34. Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea

1. A Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea exercerá as seguintes funcións:

a) O impulso, tramitación e coordinación das actuacións que se desenvolvan no ámbito da Unión Europea, tanto no que se refire á presenza directa da Xunta de Galicia nos órganos comunitarios como á participación da Comunidade Autónoma nos asuntos europeos, en colaboración coa Administración xeral do Estado.

b) O fomento da cooperación entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia nos asuntos comunitarios europeos.

c) Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o desempeño destas funcións, a Subdirección Xeral de Relacións coa Unión Europea contará co seguinte órgano:

2.1. Servizo de Asuntos Comunitarios.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O seguimento das actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia dentro do marco dos organismos comunitarios e, en especial, no que se refire á participación do Comité das Rexións.

b) O impulso da participación autonómica nos comités ou grupos de traballo das institucións comunitarias.

c) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

Artigo 35. Subdirección Xeral de Cooperación Exterior

1. A Subdirección Xeral de Cooperación Exterior exercerá as seguintes funcións:

a) O impulso da acción de cooperación ao desenvolvemento de conformidade coas prioridades xeográficas e sectoriais de actuación da Xunta de Galicia e a intervención na determinación dos procedementos económicos e administrativos na materia.

b) A coordinación e seguimento da política autonómica en materia de cooperación ao desenvolvemento prevista na Lei 3/2003, do 19 de xuño, así como a avaliación da calidade e eficacia alcanzada no exercicio da referida política de cooperación.

c) O fomento da cooperación ao desenvolvemento entre os diferentes axentes de cooperación galegos, promovendo a súa participación a través dos órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación.

d) A planificación, coordinación e seguimento das actuacións en materia de acción humanitaria.

e) Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o desempeño destas funcións, a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior, contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Fomento da Cooperación ao Desenvolvemento.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración, coordinación, seguimento e control dos programas de axudas e subvencións con aquelas entidades partícipes da materia de cooperación ao desenvolvemento, así como a tramitación dos procedementos das axudas, subvencións e convenios na referida materia.

b) A garantía do cumprimento das obrigas que deriven de acordos subscritos con organismos, entidades ou axencias.

c) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Formación e Coordinación Institucional da Cooperación ao Desenvolvemento.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O apoio á Subdirección Xeral na preparación dos asuntos ordinarios e de trámite que no seo da cooperación exterior autonómica teñan lugar.

b) A colaboración, asesoramento e organización de actividades formativas relativas á materia da cooperación ao desenvolvemento ou da cooperación internacional da Xunta de Galicia.

c) A elaboración dos informes dos programas, a avaliación dos seus resultados e, se for o caso, as propostas das melloras das intervencións en relación coas iniciativas desenvolvidas desde a Comunidade Autónoma e outras áreas de intervención.

d) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

Artigo 36. Subdirección Xeral de Análise e Programación

1. A Subdirección Xeral de Análise e Programación exercerá as seguintes funcións:

a) A realización de análises e informes sobre a conxuntura económica e política das áreas xeográficas determinadas polas directrices de acción exterior, preparando os documentos e propostas que se lle requiran para unha calibrada adopción de decisións polos departamentos sectoriais. Con este fin tomará en consideración os índices económicos máis relevantes e a súa repercusión en Galicia.

b) O seguimento do proceso de programación da acción exterior, de conformidade coas pautas marcadas polo centro directivo, preparando os anteproxectos e proxectos con entidades subestatais que se lle encomenden, tendo en conta as achegas das restantes unidades e doutros centros directivos da Administración autonómica.

c) A posta en marcha dos mecanismos de apoio precisos para conseguir a compatibilización entre as políticas públicas autonómicas e as políticas sectoriais comunitarias.

d) A execución das restantes tarefas de coordinación, tramitación e apoio que lle sexan encomendadas pola Dirección Xeral en relación coas funcións anteriormente descritas.

e) Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o desempeño destas funcións, a Subdirección Xeral de Análise e Programación contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Estudos e Coordinación.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A realización dos estudos preliminares, materiais e o acceso a fontes que posibiliten as correctas análises e informes que se citan na alínea a) do número precedente.

b) O auxilio ás restantes unidades da Dirección Xeral en tarefas instrutoras e de réxime interior que teñan atribuídas segundo a vixente estrutura orgánica, complementando as súas funcións no que for preciso.

c) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

Artigo 37. Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza

1. A Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza exercerá as seguintes funcións:

a) A proxección exterior de Galicia e a execución da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais doutros órganos ou unidades administrativas.

b) A cooperación institucional e técnica, apoiando as actuacións da Administración autonómica en materias relacionadas coas organizacións rexionais europeas non comunitarias.

c) A dirección da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

d) Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o desempeño destas funcións, a Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza contará cos seguintes órganos:

2.1. Servizo de Prospectiva e Apoio Técnico.

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O seguimento e coordinación dos plans e proxectos que se determinen no marco das relacións exteriores, reforzando as medidas de impulso e execución naqueles ámbitos en que se detecten acumulacións de tarefas derivadas de continxencias na acción exterior.

b) A xestión e coordinación administrativa, en colaboración coa Rexión Norte portuguesa, da oficina técnica da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

c) A organización de visitas e plenarios, a divulgación da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e o fomento da iniciativa privada para o incremento das relacións entre Galicia e o Norte de Portugal.

d) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

Artigo 38. Servizo de Xestión Económica e Coordinación Administrativa

A este servizo correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración do borrador do anteproxecto do orzamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

b) A xestión económica e administrativa, así como o seguimento e control da execución dos distintos programas orzamentarios de gasto da Dirección Xeral, sen menoscabo das atribucións expresas a outros órganos e unidades administrativas.

c) A coordinación e o seguimento da xestión da Fundación Galicia Europa.

d) Aqueloutras que lle sexan asignadas.

CAPÍTULO VII
Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

Artigo 39. Atribucións

1. A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa configúrase como órgano central, con ámbito de actuación sobre todas as consellerías, e entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia definido pola Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, coa exclusión dos sistemas sanitario, educativo e xudicial, para impulsar actuacións de modernización e reforma administrativa co obxectivo de acadar unha Administración pública eficaz, eficiente e orientada á prestación de servizos de calidade ao/á cidadán/á.

2. En particular, son competencias da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa:

A. En materia de funcionamento dos servizos públicos:

a) A realización de auditorías de control do funcionamento dos centros, servizos e unidades, dentro do seu ámbito de actuación, para a detección de posibles deficiencias, emitindo o correspondente informe e propoñéndolle ao órgano competente a adopción das medidas necesarias para a súa corrección.

b) A vixilancia do cumprimento da normativa vixente en materia de xornada, horario, permisos e licenzas do persoal ao servizo da Administración autonómica galega.

c) En xeral, aquelas funcións de información, inspección, auditoría e control que, con carácter extraordinario, lle sexan encomendadas polo/a conselleiro/a de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

B. En materia de avaliación do rendemento e xestión da calidade:

a) O desenvolvemento e xestión do programa de avaliación do rendemento das unidades administrativas da Xunta de Galicia.

b) O desenvolvemento e xestión de medidas para a implantación de sistemas de mellora da calidade tendentes a promover a mellora continua dos servizos da Administración autonómica, tanto dos que se lle prestan directamente ao/á cidadán/á como dos servizos internos.

c) A colaboración cos órganos competentes doutras administracións públicas no deseño e aplicación de programas de avaliación do rendemento e da calidade tendentes a mellorar a prestación dos servizos públicos mediante o asinamento de convenios que faciliten o intercambio de información, métodos e experiencias.

C. En materia de racionalización e simplificación de procedementos administrativos:

a) A promoción, planificación e coordinación dos procesos de racionalización, simplificación e modernización dos procedementos administrativos, suprimindo trámites e actuacións innecesarios coa finalidade de mellorar a resposta aos/ás cidadáns/ás.

b) A emisión de informe, con carácter preceptivo e previo á súa aprobación e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia, sobre os proxectos de disposicións de carácter xeral, dentro do ámbito das súas competencias, que afecten procedementos administrativos por instancia de parte.

c) A xestión e coordinación funcional do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA), como sistema integrado de xestión dos procedementos administrativos e como base do sistema de información da Xunta de Galicia.

d) A xestión e coordinación funcional do Servizo de Resposta Inmediata (Seri).

e) A promoción da implantación dun sistema integrado de información e tramitación para a creación de empresas que facilite a interlocución dos/as emprendedores/as coa Xunta de Galicia.

f) A coordinación da aplicación da normativa europea e estatal sobre simplificación e mellora da xestión administrativa.

D. En materia de información administrativa e atención á cidadanía:

a) A dirección e coordinación, desde un punto de vista funcional, do sistema de información administrativa e atención ao/á cidadán/á da Xunta de Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral Técnica.

b) A avaliación periódica da calidade do sistema de información administrativa, propoñendo as medidas de mellora precisas co fin de facilitarlles aos/ás cidadáns/ás e usuarios/as os servizos que demandan.

c) A tramitación, sen prexuízo das competencias que lles corresponden ás secretarías xerais e en colaboración con estas, as queixas e suxestións que formulen aos/ás cidadáns/ás e usuarios/as sobre o funcionamento dos servizos que presta a Administración autonómica de acordo co establecido nos artigos 25 e seguintes do Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

E. En materia de estruturas orgánicas e relacións de postos de traballo:

a) A realización de análises de carga de traballo soportada polas distintas unidades administrativas e que respondan a criterios de racionalidade, simplificación e austeridade, para acadar unha Administración pública eficaz e eficiente. Neste sentido, as secretarías xerais das consellerías deberán solicitar informe á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa antes de ser solicitado o informe á Dirección Xeral da Función Pública e á Dirección Xeral de Orzamentos sobre as estruturas orgánicas e as relacións de postos de traballo. De non ser emitido no prazo máximo de oito días naturais, o informe da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa entenderase favorable.

b) A realización de estudos sobre o dimensionamento de cadros de persoal, propoñendo as medidas necesarias sobre a reasignación de efectivos en función das cargas de traballo soportadas polas distintas unidades administrativas para conseguir un mellor funcionamento dos servizos.

Artigo 40. Estrutura

Para o exercicio das súas funcións e competencias, a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa contará coas seguintes unidades administrativas:

a) Os equipos de auditores/as e analistas de xestión do rendemento e calidade, que estarán compostos por:

– Os/as auditores/as de xestión do rendemento e calidade que, con nivel orgánico de subdirectores xerais, se establezan na correspondente relación de postos de traballo.

– Os/as analistas de xestión do rendemento e calidade que, con nivel orgánico de xefes/as de servizo, se determinen na correspondente relación de postos de traballo.

Artigo 41. Equipos de auditores e analistas de xestión do rendemento e calidade

Os equipos de auditores/as e analistas de xestión do rendemento e calidade executarán as funcións que, dentro do marco de competencias da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, lles sexan encomendadas pola persoa titular desta.

Artigo 42. Colaboración das unidades administrativas nas actuacións da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

O ámbito de actuación da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa entenderase sen prexuízo das inspeccións sanitaria, financeira, tributaria, educativa, laboral, de consumo e calquera outra que establezan as disposicións legais vixentes polas cales se seguirán rexendo. Así mesmo, as funcións descritas entenderanse sen menoscabo das competencias que o número 3 do artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 14 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, lles atribúen aos/ás conselleiros/as en materia de inspección dos servizos e do persoal dependente das súas consellerías, respectivamente.

Para o desenvolvemento das funcións que lle son encomendadas, a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa actuará con total independencia respecto do persoal e dos órganos e unidades administrativas cuxa xestión se comprobe. Terá acceso aos libros, expedientes, actas e demais documentación administrativa dos servizos e unidades administrativas inspeccionados.

A obstrución á actividade do persoal da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa no exercicio das súas funcións porase en coñecemento do órgano superior de que dependa o persoal afectado, propoñendo, se é o caso, a apertura do correspondente expediente disciplinario.

TÍTULO IV
Das xefaturas territoriais da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

Artigo 43. Xefatura Territorial da Coruña

1. Á fronte da Xefatura Territorial estará o/a xefe/a territorial que substituirá ao/á secretario/a territorial en caso de ausencia, vacante ou enfermidade e exercerá as seguintes funcións:

a) A asistencia e apoio no exercicio das competencias da Secretaría Territorial.

b) O Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

c) A información e a atención ao/á cidadán/á.

d) O servizo médico.

e) A xestión do sistema de control horario.

f) As relacións coas servizos postais e valixa.

g) O establecemento das medidas que correspondan en cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e demais normativa na materia, en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica, e sen prexuízo das atribucións da consellería competente en materia de traballo.

h) A dirección, despacho e resolución dos asuntos ordinarios.

i) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran, así como a atribucións de funcións aos diferentes servizos da Xefatura Territorial para a mellora da súa xestión.

j) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da Xefatura Territorial.

k) A xestión de persoal e habilitación de gastos de persoal dependente organicamente da Xefatura Territorial.

l) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da Xefatura Territorial, así como a xestión dos ingresos e a realización dos pagamentos de carácter xeral común.

m) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

n) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da Xefatura Territorial.

ñ) A coordinación das distintas actuacións que, en materia de avaliación e reforma administrativa, se leven a cabo na provincia, seguindo as directrices emanadas da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

o) A administración dos edificios sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da Consellería de Facenda.

p) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

2. Integran a Xefatura os seguintes servizos:

2.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico, administrativo e en materia de avaliación e reforma administrativa á Xefatura Territorial da Coruña, no ámbito competencial da Consellería.

2.2. Servizo de Xustiza.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería sobre coordinación de medios persoais e materiais da Administración de xustiza e sobre asistencia xurídica gratuíta, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

2.3. Servizo de Administración Local e Interior.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería en materia de Administración local e interior, así como aqueloutras que se lle asignen.

2.4. Servizo de Emerxencias.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería en materia de emerxencias, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

2.5. Servizo de Obras e Infraestruturas Administrativas.

Desenvolverá no seu ámbito territorial todas as funcións do Servizo de Obras e Proxectos e do Servizo de Xestión de Infraestruturas Administrativas en coordinación con eles.

3. Ademais, a Xefatura Territorial da Coruña contará con:

3.1. Unha unidade administrativa en materia de igualdade, á cal lle corresponderá a promoción da igualdade e o fomento das actuacións dirixidas á erradicación da violencia de xénero no marco do desenvolvemento das liñas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade, no seu ámbito territorial, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Esta unidade administrativa dependerá funcionalmente da Secretaría Xeral de Igualdade e organicamente da Xefatura Territorial.

3.2. Unha oficina coordinadora en Ferrol, que prestará funcións de apoio técnico e administrativo aos servizos e unidades existentes na zona, baixo as directrices do xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Artigo 44. Xefatura Territorial de Lugo

1. Ao fronte da Xefatura Territorial estará o/a xefe/a territorial que substituirá o/a secretario/a territorial en caso de ausencia, vacante ou enfermidade e exercerá as seguintes funcións:

a) A asistencia e o apoio no exercicio das competencias da Secretaría territorial.

b) O Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

c) A información e a atención ao/á cidadán/á.

d) O servizo médico.

e) A xestión do sistema de control horario.

f) As relacións cos servizos postais e valixa.

g) O establecemento das medidas que correspondan en cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e demais normativa na materia, en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica, e sen prexuízo das atribucións da Consellería competente en materia de traballo.

h) A dirección, despacho e resolución dos asuntos ordinarios.

i) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran, así como a atribución de funcións aos diferentes servizos da Xefatura Territorial para a mellora da súa xestión.

j) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da Xefatura Territorial.

k) A xestión de persoal e habilitación de gastos de persoal dependente organicamente da Xefatura Territorial.

l) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da Xefatura Territorial, así como a xestión dos ingresos e a realización dos pagamentos de carácter xeral común.

m) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

n) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da Xefatura Territorial.

ñ) A coordinación das distintas actuacións que, en materia de avaliación e reforma administrativa, se leven a cabo na provincia, seguindo as directrices emanadas da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

o) A administración dos edificios sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da Consellería de Facenda.

p) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

2. Integran a Xefatura os seguintes servizos:

2.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico, administrativo e en materia de avaliación e reforma administrativa así como en materia de interior á Xefatura Territorial de Lugo, no ámbito competencial da Consellería. Ademais, colaborará e prestará o apoio que se lle requira desde a Xefatura Territorial respecto da función de administración de edificios que se lle atribúen ao xefe territorial.

2.2. Servizo de Xustiza e Administración Local.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería sobre coordinación de medios persoais e materiais da Administración de xustiza, sobre asistencia xurídica gratuíta e en materia de Administración local, así como aqueloutras que se lle asignen dentro dos referidos ámbitos competenciais.

2.3. Servizo de Emerxencias.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en materia de emerxencias e extinción de incendios, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3. Ademais, a Xefatura Territorial de Lugo contará con:

3.1. Unha unidade administrativa en materia de igualdade á cal lle corresponderá a promoción da igualdade e o fomento de actuacións dirixidas á erradicación da violencia de xénero no marco do desenvolvemento das liñas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade, no seu ámbito territorial, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Esta unidade administrativa dependerá funcionalmente da Secretaría Xeral de Igualdade e organicamente da Xefatura Territorial.

Artigo 45. Xefatura Territorial de Ourense

1. Á fronte da Xefatura Territorial estará o/a xefe/a territorial que substituirá o/a secretario/a territorial en caso de ausencia, vacante ou enfermidade e exercerá as seguintes funcións:

a) A asistencia e o apoio no exercicio das competencias da Secretaría Territorial.

b) O Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

c) A información e a atención ao/á cidadán/á.

d) O servizo médico.

e) A xestión do sistema de control horario.

f) As relacións cos servizos postais e valixa.

g) O establecemento das medidas que correspondan en cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e demais normativa na materia, en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica, sen prexuízo das atribucións da consellería competente en materia de traballo.

h) A dirección, despacho e resolución dos asuntos ordinarios.

i) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran, así como a atribucións de funcións aos diferentes servizos da Xefatura Territorial para a mellora da súa xestión.

j) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da Xefatura Territorial.

k) A xestión de persoal e habilitación de gastos de persoal dependente organicamente da Xefatura Territorial.

l) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da Xefatura Territorial, así como a xestión dos ingresos e a realización dos pagamentos de carácter xeral común.

m) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

n) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da Xefatura Territorial.

ñ) A coordinación das distintas actuacións que, en materia de avaliación e reforma administrativa, se leven a cabo na provincia, seguindo as directrices emanadas da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

o) A administración dos edificios sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da Consellería de Facenda.

p) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

2. Integran a Xefatura os seguintes servizos:

2.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico, administrativo e en materia de avaliación e reforma administrativa, así como en materia de interior, á Xefatura Territorial de Ourense, no ámbito competencial da Consellería. Ademais, colaborará e prestará o apoio que se lle requira desde a Xefatura Territorial respecto da función de administración de edificios que se lle atribúen ao xefe territorial.

2.2. Servizo de Xustiza e Administración Local.

Desenvolverá as funcións propias da consellería sobre coordinación de medios persoais e materiais da Administración de xustiza, sobre asistencia xurídica gratuíta e en materia de Administración local, así como aqueloutras que se lle asignen dentro dos referidos ámbitos competenciais.

2.3. Servizo de Emerxencias.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en materia de emerxencias e extinción de incendios, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

3. Ademais, a Xefatura Territorial de Ourense contará con:

3.1. Unha unidade administrativa en materia de igualdade á cal lle corresponderá a promoción da igualdade e o fomento de actuacións dirixidas á erradicación da violencia de xénero no marco do desenvolvemento das liñas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade, no seu ámbito territorial, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Esta unidade administrativa dependerá funcionalmente da Secretaría Xeral de Igualdade e organicamente da Xefatura Territorial.

Artigo 46. Xefatura Territorial de Pontevedra

1. Á fronte da Xefatura Territorial estará o/a xefe/a territorial, que substituirá o/a secretario/a territorial en caso de ausencia, vacante ou enfermidade e exercerá as seguintes funcións:

a) A asistencia e o apoio no exercicio das competencias da Secretaría Territorial.

b) O Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

c) A información e a atención ao/á cidadán/á.

d) O servizo médico.

e) A xestión do sistema de control horario.

f) As relacións cos servizos postais e valixa.

g) O establecemento das medidas que correspondan en cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e demais normativa na materia, en coordinación coa Secretaría Xeral Técnica, e sen prexuízo das atribucións da consellería competente en materia de traballo.

h) A dirección, despacho e resolución dos asuntos ordinarios.

i) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran, así como a atribucións de funcións aos diferentes servizos da Xefatura Territorial para a mellora da súa xestión.

j) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da xefatura territorial.

k) A xestión de persoal e habilitación de gastos de persoal dependente organicamente da Xefatura Territorial.

l) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da Xefatura Territorial, así como a xestión dos ingresos e a realización dos pagamentos de carácter xeral común.

m) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

n) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da Xefatura Territorial.

ñ) A coordinación das distintas actuacións que, en materia de avaliación e reforma administrativa, se leven a cabo na provincia, seguindo as directrices emanadas da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.

o) A administración dos edificios sen prexuízo das competencias en materia de patrimonio da Consellería de Facenda.

p) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

2. Integran a Xefatura os seguintes servizos:

2.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico, administrativo e en materia de avaliación e reforma administrativa así como en materia de interior, á Xefatura Territorial de Pontevedra, no ámbito competencial da Consellería.

Así mesmo, apoiará o xefe territorial nas funcións relativas ao Rexistro Xeral da Xunta de Galicia e en materia de información e atención ao/á cidadán/á no ámbito territorial da Delegación Territorial de Pontevedra e, así mesmo, apoiará o xefe territorial na coordinación dos servizos e unidades da Consellería en Pontevedra con respecto aos existentes na Consellería en Vigo.

2.2. Servizo de Xustiza e Administración Local.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería en materia de xustiza e administración local, sen prexuízo do disposto no artigo 47.1.2, así como, aqueloutras que se lle asignen dentro dos referidos ámbitos competenciais

2.3. Servizo de Emerxencias.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en materia de emerxencias e extinción de incendios, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

2.4. Servizo de Obras e Infraestruturas Administrativas.

Desenvolverá no seu ámbito territorial, todas as funcións do Servizo de Obras e Proxectos e do Servizo de Xestión de Infraestruturas Administrativas en coordinación con eles.

Artigo 47. Delegación Territorial de Vigo

1. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contará para o exercicio das súas competencias, no ámbito da Delegación Territorial de Vigo, cos seguintes servizos:

1.1. Servizo de Xestión Técnico-Administrativa.

Desenvolverá funcións de apoio técnico-xurídico, administrativo e en materia de avaliación e reforma administrativa ao secretario territorial de Vigo, no ámbito competencial da Consellería.

Exercerá as competencias que lle sexan encomendadas pola xefatura territorial no ámbito territorial de Vigo, en particular as relativas á coordinación dos servizos, administración de edificios, réxime interno, recursos humanos, e xestión económico-administrativa e cantas outras así o acordase a persoa titular da Xefatura Territorial en materia de xestión técnico administrativa.

Así mesmo, apoiará o/a secretario/a territorial na coordinación dos servizos e unidades da Consellería en Vigo con respecto aos existentes na Xefatura Territorial da Consellería en Pontevedra.

1.2. Servizo de Xustiza.

Desenvolverá as funcións propias da Consellería sobre organización e xestión de medios persoais e materiais da Administración de xustiza e sobre asistencia xurídica gratuíta, así como aqueloutras que se lle asignen dentro do referido ámbito competencial.

2. Ademais, a Delegación Territorial de Vigo contará con:

1. Unha unidade administrativa en materia de igualdade á cal lle corresponderá a promoción da igualdade e o fomento das actuacións dirixidas á erradicación da violencia de xénero no marco do desenvolvemento das liñas de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade, no ámbito provincial, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Esta unidade administrativa dependerá funcionalmente da Secretaría Xeral de Igualdade e organicamente da Delegación Territorial.

Artigo 48. Ámbito territorial

As diferentes xefaturas territoriais da Consellería desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial provincial respectivo, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Disposición adicional primeira. Referencias á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

En virtude dos decretos 229/2012 e 230/2012, do 2 de decembro, o nomeamento da persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da persoa titular da Vicepresidencia recae na mesma persoa. Polo anterior, a partir da entrada en vigor do presente decreto as mencións a ambos os órganos faranse conxuntamente e o titular asinará como vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Disposición adicional segunda. Desconcentración de competencias

Un. Asesoría Xurídica Xeral e Secretaría Xeral de Igualdade.

1.1. Quedan desconcentradas no/a secretario/a xeral de Igualdade e no/a director/a xeral da Asesoría Xurídica Xeral, as seguintes competencias:

a) Administrar os créditos para gastos dos orzamentos do seu centro directivo. Aprobar e comprometer os gastos que non sexan da competencia do Consello da Xunta, recoñecer as obrigas económicas e propoñer o seu pagamento, e as demais competencias atribuídas aos/as conselleiros/as en materia orzamentaria, excepto o capítulo I.

b) Todas as facultades que a normativa vixente na materia atribúe aos órganos de contratación.

A formalización de convenios de colaboración no correspondente ámbito competencial corresponderá ao titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, agás os convenios que se subscriban coas entidades instrumentais do sector público autonómico para o asesoramento xurídico e a representación e defensa en xuízo aos cales se refire o artigo 1 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, que serán formalizados polo director/a xeral da Asesoría Xurídica Xeral.

c) A aprobación das bases, a convocatoria e as resolucións en materia de axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

d) As competencias en materia sancionadora que a normativa atribúa aos/as conselleiros/as nos procedementos e materias de competencia da respectiva Secretaría Xeral.

e) A designación de comisións de servizos con dereito a indemnización, prevista no artigo 4 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (LG 2001, 211) , de todo o persoal da respectiva secretaría xeral.

f) Sen prexuízo do anteriormente exposto, os xefes e as xefas territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza poderán autorizar gastos e pagamentos respecto dos créditos que sexan desconcentrados para o desenvolvemento de determinadas actividades respecto dos órganos indicados nesta disposición.

1.2. As resolucións administrativas ditadas polo/a secretario/a xeral de Igualdade e polo/a director/a xeral da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, no ámbito das súas respectivas competencias, poñen fin á vía administrativa.

Disposición adicional terceira. Orde de prelación en caso de vacante, ausencia ou enfermidade

a) No suposto de vacante, ausencia ou enfermidade dos titulares dos órganos superiores e de dirección da Vicepresidencia, as competencias atribuídas aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, polo/a titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No caso do director/a xeral da Asesoría Xurídica Xeral observarase disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

b) No non previsto neste decreto, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade dos titulares dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, as competencias atribuídas por este decreto aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, pola Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e, na súa falta, polos órganos superiores e de dirección da Consellería, seguindo a orde de prelación que se establece no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.

Neste sentido, a substitución será asumida polo/a titular do órgano que ocupe o posto seguinte na orde correlativa enunciada, correspondéndolle ao/á primeiro/a, se for o caso, substituír o/a último/a.

Disposición adicional cuarta. Remisión competencias

As funcións e competencias atribuídas por outras normas ás extintas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza non previstas neste decreto enténdense atribuídas aos xefes territoriais desta consellería.

Disposición adicional quinta. Integración da igualdade

No exercicio das funcións as que se refire o presente decreto, integrarase de xeito activo a dimensión de igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes.

Disposición adicional sexta. Adscrición persoal á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O persoal laboral dedicado ás tecnoloxías da información e da comunicación da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza adscribirase aos órganos da estrutura orgánica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) mediante resolución do órgano competente en materia de función pública, por proposta da Dirección da Amtega, nos termos previstos nos correspondentes acordos de traspaso.

Disposición transitoria primeira

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase o/a vicepresidente e conselleiro/a de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por proposta da Secretaría Xeral Técnica da Consellería, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto. No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo, será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Disposición transitoria segunda

As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto, continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, mediante resolución do/a conselleiro/a por proposta da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición transitoria terceira

Mentres non se poña en funcionamento o Gabinete Xurídico Territorial de Vigo, as funcións establecidas no artigo 14.3º do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, serán desempeñadas polo Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ao establecido neste decreto ou o contradigan.

Disposición derradeira primeira

Modificación do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

O artigo 3.4 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, queda modificado como segue:

«Para o exercicio das súas funcións, o/a director/a da Asesoría Xurídica Xeral contará coa seguinte órgano:

3.4.1. Servizo de Asuntos Xerais.

A este servizo correspóndelle a asistencia ao/á director/a xeral da Asesoría Xurídica Xeral no exercicio das súas atribucións, para asegurar un correcto funcionamento da Asesoría Xurídica Xeral.

3.4.2. En particular, correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión dos servizos de rexistro, arquivo e réxime interior da Dirección Xeral.

b) A estatística xeral e a recompilación de todos os datos necesarios para a elaboración da memoria anual de actividade da Asesoría Xurídica Xeral, tanto na área contenciosa como na área consultiva.

c) Estudar as necesidades de dotación e actualización dos servizos de biblioteca da Asesoría Xurídica Xeral, así como das bases de datos xurídicas e procurar a asistencia aos letrados nos medios que desta natureza precisen para o desenvolvemento das súas funcións.

d) O impulso e coordinación da dotación de medios materiais da Asesoría Xurídica Xeral.

e) A colaboración co Gabinete de Estudos e Dereito Comunitario na elaboración do programa anual de actividades, xornadas e cursos específicos de formación e perfeccionamento, así como na súa concreta organización.

f) Todas as actuacións tendentes á formalización, renovación e seguimento dos convenios de colaboración subscritos coas entidades instrumentais do sector público autonómico aos cales se refire o artigo 1 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

g) A xestión dos créditos asignados á Asesoría Xurídica Xeral e os xerados como consecuencia dos convenios de colaboración subscritos coas entidades instrumentais mencionadas no punto anterior para o asesoramento xurídico e a representación e defensa en xuízo.

h) Apoiar na tramitación e realizar o seguimento das actuacións que desenvolva a Asesoría Xurídica Xeral en materia de custas xudiciais xeradas en favor do tesouro autonómico.

i) A realización de cantas actuacións previas sexan necesarias para que se leve a cabo a provisión de prazas dos/as letrados/as e do persoal adscrito á Dirección Xeral polos órganos competentes para iso.

j) Calquera outra función que non resulte especificamente atribuída a outras unidades da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral e lle sexan encomendadas polo seu titular».

Disposición derradeira segunda

Autorízase a persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar as disposicións necesarias para a execución e desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira terceira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de abril de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza