Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2011/331).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Domicilio social: Casais, 20, 15129 Vimianzo.

Denominación: recuamento LMT Casais-Pasarela entre os apoios 13 e 14 e anexo.

Situación: Vimianzo

Características técnicas:

– Recuamento da liña aérea existente LMT Casais-Pasarela (expediente 51.500) a 20 kV no tramo entre os apoios nº 13 e 14, pola construción dun viaduto da autovía Baio-Berdoias, mediante a instalación dunha liña soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, en conductor RHZ1-2OL-18/30 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no apoio nº 13 que se substituirá (coordenadas UMT, X: 496.559, 4.775.390) e final no novo apoio nº 13B (coordenadas UTM, X: 496.555; Y: 4.775.466) que se colocará anterior ao apoio existente nº 14, manténdose o actual trazado da liña aérea nos tramos anterior e posterior á zona de recuamento, no lugar de Gándara de Lamas, no concello de Vimianzo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución e anexo da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 8 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña