Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16713

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO de información pública sobre reforma de local para tanatorio na parroquia da Pobra do Brollón.

Manuel Parada Vila, con DNI número 34246167-H, en representación da empresa Servicios Bousende, S.L. con CIF B-27347509, solicitou desta alcadía licenza municipal para reforma de local para tanatorio, que se situará na avenida de Galicia, 2 parroquia da Pobra do Brollón. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Pobra do Brollón, 16 de abril de 2013

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde