Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16712

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO de información pública sobre construción de corte libre para sesenta vacas e balsa de xurro en Lamaigrexa.

Óscar Rivera López solicitou desta alcaldía licenza para construción de corte libre para 60 vacas e fosa de xurro, que se situará na parroquia de Lamaigrexa, lugar de Lamaigrexa, deste termo municipal. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observación que xulguen oportunas.

A Pobra do Brollón, 23 de marzo de 2013

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde