O 10 de abril de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012394AL-CO incoado a Patricia Aguiar Bernárdez.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Patricia Aguiar Bernárdez o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 22 de abril de 2013
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2012394AL-CO.
Interesada: Patricia Aguiar Bernárdez (restaurante O Alambique).
DNI/NIF/CIF: Y05995546.
Último enderezo coñecido: travesía de Arteixo, 7, 9, Suevos, 15142 Arteixo.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Artigo 50.1.d) e e). Artigo 51.1.
Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril do 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto do 2007), artigo 5, puntos 1, 2, 3, 4 e 5.
Anexo II. Capítulo I. Requisitos xerais dos locais destinados aos produtos alimenticios (que non sexan os mencionados no capítulo III), puntos 1.2 a), b), c) e d), 4, 8 e 10; artigo 3; artigo 7.3.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 600 € (seiscentos euros).