Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2013/93-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT RED 709 e substitución CT Reboreda-Igrexa.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 con condutor tipo RHZ de 2.012 metros de lonxitude, con orixe no tramo da LMT RED 709, cara ao CT Eidos 22, e final no CT Reboreda-Igrexa proxectado. Substitución do centro de transformación Reboreda-Igrexa, 2L1P de 250 kVA, por outro 3L1P de 250 kVA, situado no mesmo lugar (camiño de Torrade, Reboreda, Redondela).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de abril de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra