Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: alimentación MT avda. do Mar-Bombeo San Valentín.
Situación: concello de Fene.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV,
cunha lonxitude de 0,052 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS ASN-706, tramo entre a subestación de Astano (expediente 26343) e o CD Mercadona (expediente 29/05), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 mm² Al), e final no CS Bombeo San Valentín que instalará o cliente (entrada e saída).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución. Unha vez executada a instalación eléctrica, deberán achegar xunto coa solicitude de posta en servizo a autorización de cambio de titularidade do CS de cliente a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 10 de abril de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña