Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica o levantamento da paralización da tramitación do procedemento e a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2008/0011-0.

Intentada a notificación no enderezo coñecido por esta dirección xeral ao titular da empresa que se indica a continuación e non sendo posible realizala, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, o levantamento da paralización da tramitación do procedemento en cumprimento do disposto no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e que se inicia o prazo de dez días, a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderá exercer o dereito de audiencia do expediente previo á resolución nesta dirección xeral, todo isto segundo o establecido no artigo 84.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expediente: 2008/0011-0.

Acta de infracción: 1392/2007/4/H.

Empresa: Construnor Estructuras, S.L.

Enderezo: Urbanización Os Rosais, 1-3º E, Montouto, 15890 Teo (A Coruña).

Proposta de sanción: 120.000 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción do 31.10.2007.

– Alegacións da empresa titular da acta e da empresa responsable solidaria.

– Acordo de paralización e de levantamento de paralización.

– Sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra do 16.5.2012.

– Sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra do 21.2.2013.

– Informe ampliatorio da Inspección de Traballo e Seguridade Social do 9.4.2013.

– Novas alegacións da empresa Puentes y Calzadas Infraestructuras, S.L.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social