Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-315/12 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución dos expedientes sancionadores, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco, recadación Xunta, modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001, de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avda. Habana, nº 79, 2º, Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da Orde da Consellería de Economía e Facenda de 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 2 de maio de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-315/12.

NIF: 76729940P.

Denunciado: Roberto Cid Domínguez.

Enderezo: rúa Tomás Mª Mosquera, nº 25-B, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Principal.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Importe da sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-316/12.

NIF: B32407009.

Denunciada: Ocio Arenteiro, S.L.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, nº 16, A-B, baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Musk.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Importe da sanción: 210 euros.

Número de expediente: OU-E-317/12.

NIF: B32404899.

Denunciada: Dobarro y Casas, S.L.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, nº 14, baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Greasse.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Importe da sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-330/12.

NIF: 44484337Z.

Denunciada: Raquel Carral Mosquera.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 17, soto, Ourense.

Establecemento: Delux.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Importe da sanción: 180 euros.