Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 de obras e servizos hidráulicos.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, procede a dar publicidade ás actuacións tramitadas entre os anos 2009 e 2012 que a continuación se relacionan por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

a) Obras e servizos hidráulicos:

1. Descrición: obra de abastecemento e saneamento en varias rúas de Rubiá. Rubiá (Ourense).

Número de expediente: OH.532.779.

Orzamento de licitación: importe neto: 107.071,41 euros. Importe total: 129.556,41 euros.

2. Descrición: obra de captación e bombeo á estación de tratamento de augas potables desde o río Fervenzas. Coirós (A Coruña).

Número de expediente: OH.215.998.

Orzamento de licitación: importe neto: 163.714,90 euros. Importe total: 198.095,03 euros.

3. Descrición: obra de abastecemento a varios núcleos de Porqueira. Porqueira (Ourense).

Número de expediente: OH.232.509.

Orzamento de licitación: importe neto: 296.567,80 euros. Importe total: 358.847,04 euros.

4. Descrición: obra de liña de media tensión, centro de transformación e liña de baixa tensión. Bombeo de auga Mesón de Herosa. A Gudiña (Ourense).

Número de expediente: OH.232.747.

Orzamento de licitación: importe neto: 67.023,90 euros. Importe total: 81.098,92 euros.

5. Descrición: obra de mellora do abastecemento de auga no concello de Carballeda de Valdeorras. Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Número de expediente: OH.232.774.

Orzamento de licitación: importe neto: 478.523,91 euros. Importe total: 579.013,93 euros.

6. Descrición: obra de infraestruturas hidráulicas na rúa Canella Cega. Verín (Ourense).

Número de expediente: OH.532.784.

Orzamento de licitación: importe neto: 324.077,53 euros. Importe total: 392.133,81 euros.

7. Descrición: obra de ampliación rede de saneamento aos núcleos da Igrexa e Cabreira, Catasós. Lalín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.979.

Orzamento de licitación: importe neto: 169.475,30 euros. Importe total: 205.065,11 euros.

8. Descrición: obra de conexión do saneamento do núcleo rural da Pena coa estación depuradora de augas residuais de Trandeiras. Interconexión coa rede de saneamento do núcleo rural de Soutelo. Xinzo de Limia (Ourense).

Número de expediente: OH.332.762.

Orzamento de licitación: importe neto: 194.048,36 euros. Importe total: 234.798,52 euros.

9. Descrición: obra de saneamento en Moreira. Soutomaior (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.997.

Orzamento de licitación: importe neto: 159.975,72 euros. Importe total: 193.570,62 euros.

10. Descrición: obra de colector xeral de saneamento entre San Pedro de Laroá e Rebordechá. Xinzo de Limia (Ourense).

Número de expediente: OH.332.763.

Orzamento de licitación: importe neto: 136.053,06 euros. Importe total: 164.624,20 euros.

11. Descrición: obra de conexións a redes xerais e secundarias no concello de Tui. Tui (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.989.

Orzamento de licitación: importe neto: 522.245,47 euros. Importe total: 631.917,02 euros.

12. Descrición: obra de abastecemento e saneamento en Castro e San Roque (Briallos). Portas (Pontevedra).

Número de expediente: OH.536.950.

Orzamento de licitación: importe neto: 442.570,86 euros. Importe total: 535.510,74 euros.

13. Descrición: obra de saneamento en Santa María de Toiriz. Pantón (Lugo).

Número de expediente: OH.327.601.

Orzamento de licitación: importe neto: 388.525,09 euros. Importe total: 470.115,36 euros.

14. Descrición: obra de saneamento de augas residuais en Eiré. Pantón (Lugo).

Número de expediente: OH.327.609.

Orzamento de licitación: importe neto: 276.920,90 euros. Importe total: 335.074,29 euros.

15. Descrición: obra de fase 1-2 do proxecto colectores e depuración en Refoxos e Cortegada 1ª fase. Cortegada (Ourense).

Número de expediente: OH.332.744.

Orzamento de licitación: importe neto: 492.305,74 euros. Importe total: 595.689,95 euros.

16. Descrición: obra de rede de saneamento na parroquia de Torres. Vilarmaior (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1007.

Orzamento de licitación: importe neto: 343.780,82 euros. Importe total: 415.974,79 euros.

17. Descrición: obra de pequenos saneamentos en núcleos do Calvario-San Miguel, Martín, Tamuxe e Viso dos Eidos. O Rosal (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1015.

Orzamento de licitación: importe neto: 151.890,53 euros. Importe total: 183.787,54 euros.

18. Descrición: obra de saneamento e estación depuradora de augas residuais na Reigosa. Ponte Caldelas (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.990.

Orzamento de licitación: importe neto: 661.995,88 euros. Importe total: 801.015,01 euros.

19. Descrición: servizo de apoio na intervención, control e seguimento en materia de verteduras de augas residuais no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

Número de expediente: SV.11003.

Orzamento de licitación: importe neto: 834.259,02 euros. Importe total: 984.425,64 euros.

20. Descrición: servizo de desenvolvemento e execución do plan de control de verteduras de Augas de Galicia-Demarcación Centro.

Número de expediente: OH.988.255.L2.

Orzamento de licitación: importe neto: 2.566.325,92 euros. Importe total: 2.976.938,06 euros.

21. Descrición: servizo de explotación da rede de control de substancias perigosas de augas superficiais continentais e de augas costeiras e de transición da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa e asesoramento técnico ao laboratorio de Medio Ambiente.

Número de expediente: OH.088.301.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 503.898,36 euros. Importe total: 594.600,07 euros.

22. Descrición: servizo de explotación da rede de control das augas subterráneas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

Número de expediente: OH.088.302.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 411.370,15 euros. Importe total: 485.416,78 euros.

23. Descrición: servizo de plan de saneamento local da ría de Arousa, marxe esquerda. Concellos de Meaño, Sanxenxo e O Grove.

Número de expediente: OH.366.942.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 726.138,00 euros. Importe total: 856.842,85 euros.

24. Descrición: servizo para o control e asesoramento á explotación das instalacións de depuración de augas residuais.

Número de expediente: OH.388.299.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 1.555.804,59 euros. Importe total: 1.835.849,41 euros.

25. Descrición: servizo de actuacións de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidraúlico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Número de expediente: OH.488.311.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 799.762,54 euros. Importe total: 943.719,80 euros.

26. Descrición: servizo de actuacións de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Número de expediente: OH.488.312.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 797.877,58 euros. Importe total: 941.495,54 euros.

27. Descrición: servizo de actuacións de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.

Número de expediente: OH.488.313.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 581.051,48 euros. Importe total: 685.640,75 euros.

28. Descrición: servizo para a explotación e mantemento da rede foronómica de Galicia-Costa.

Número de expediente: OH.088.306.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 531.688,26 euros. Importe total: 627.392,15 euros.

29. Descrición: servizo de explotación da rede de control de prepotables, rede de control de tramos piscícolas, rede OSPAR e rede de pequenos encoros das bacías hidrográficas de Galicia-Costa.

Número de expediente: OH.088.320.SV.

Orzamento de licitación: importe neto: 1.309.230,26 euros. Importe total: 1.544.891,71 euros.

b) Cofinanciamento da Unión Europea das actuacións:

As actuacións referidas na letra a) prevén o seu cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo de Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.

En concreto, as obras indicadas cos números do 1 ao 6 están encadradas dentro do tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable, e na actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control.

As obras e servizos indicados cos números do 7 ao 24 están encadrados dentro do tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual) e dentro deste, os números:

– 7, 8, 9, 10, 11 e 12 na actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisarios.

– 13, 14, 15, 16 e 17 na actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios.

– 18 na actuación 3.46.4: ampliación e/ou adecuación das estacións de tratamento de augas residuais existentes, construción de novas plantas e posta en marcha e explotación delas.

– 19 e 20 na actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control das verteduras e da contaminación das masas de auga.

– 21 e 22 na actuación 3.46.11: implantación e mellora de redes de control da calidade das augas.

– 23 na actuación 3.46.1: actuacións recollidas no Plan de saneamento de Galicia, no programa AGUA (actuacións para a xestión e a utilización da auga) e nos plans hidrolóxicos de bacía, e

– 24 na actuación 3.46.5: actuacións (obras, estudos e proxectos de investigación) encamiñadas á mellora do rendemento da depuración actual en instalacións xa existentes, empregando novas metodoloxías ou optimizando as existentes, co fin de asegurar a eliminación eficiente dos contaminantes, contribuíndo á mellora da calidade das augas e do ambiente.

Os servizos indicados cos números do 25 ao 29 están encadrados dentro do tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos e dentro deste, os números:

– 25, 26 e 27 na actuación 3.53.2: conservación e mellora das marxes dos ríos, e

– 28 na actuación 3.53.9: implantación e mantemento de redes de control de aforamentos.

– 29 na actuación 3.53.8: medidas de vixilancia das canles para asegurar a súa calidade ambiental.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file