Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17360

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN225A).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG núm. 88, do 8 de maio de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 14994, artigo 12.2, terceira liña, onde di:

«A puntuación máxima será de vinte e cinco puntos.».

Debe dicir:

«A puntuación máxima será de vinte e oito puntos.».

– Na páxina 14994, artigo 12.3, primeiro parágrafo, onde di:

«A primeira fase valorarase de cero a vinte e dous puntos. A puntuación mínima exixida para pasar á segunda fase é de sete puntos. A comisión de valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados documentalmente, conforme o seguinte baremo:».

Debe dicir:

«A primeira fase valorarase de cero a vinte e cinco puntos. A puntuación mínima exixida para pasar á segunda fase é de nove puntos. A comisión de valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados documentalmente, conforme o seguinte baremo:».

Esta corrección de erros non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 23 de abril de 2013.