Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17363

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de maio de 2013 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12, convocados pola Orde do 21 de xaneiro de 2013 (DOG do 31).

A Orde do 21 de xaneiro de 2013 (DOG do 31), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12, establece as bases e o procedemento para a súa concesión.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións obtidas polos candidatos, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior do curso 2011/12 e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12

Sol.

Apelidos e nome

Familia

Cód. c.

Centro estudos

Importe

1327

Rey Cabarcos Lago, Pablo

Activ. Físicas e Deportivas

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol (A Coruña)

850 €

1107

García Matilde, Eugenia

Administración e Xestión

36017430

IES Ricardo Mella de Vigo (Pontevedra)

850 €

1266

Bustelo Otero, Javier

Agraria

36007552

CIFP A Granxa de Ponteareas (Pontevedra)

850 €

1092

García Maquieira, María Jesús

Artes Gráficas

36006419

IES Montecelo de Pontevedra

850 €

1112

Ledo Méijome, Ana

Comercio e Márketing

36019529

IES Ribeira do Louro do Porriño (Pontevedra)

850 €

1139

Martínez Mallo, José Ramón

Edificación e Obra Civil

15024513

CIFP Someso da Coruña

850 €

1154

Maceiras Pazos, Óscar

Electricidade e Electrónica

15005269

IES Urbano Lugrís da Coruña

850 €

1217

Varela Sánchez, Carlos

Enerxía e Auga

27006528

CIFP As Mercedes de Lugo

850 €

1350

Espasandín Arias, José Antonio

Fabricación Mecánica

15015767

CIFP Politécnico de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

1096

Vigneri, Ivana Lidia

Hostalaría e Turismo

15015755

IES Plur. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

1342

Toledano Muñoz, Carlos

Imaxe e Son

27020756

CPR TIC de Lugo

850 €

1167

Pereira Prieto, Susana

Imaxe Persoal

27015773

IES Muralla Romana de Lugo

850 €

1144

Otero Pereira, José Antonio

Industrias Alimentarias

36007552

CIFP A Granxa de Ponteareas (Pontevedra)

850 €

1140

Losada Diéguez, Alba

Informática e Comunicacións

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense

850 €

1126

Regueira Barrientos, Fabián Francisco

Instalación e Mantemento

15026376

IES Punta Candieira de Cedeira (A Coruña)

850 €

1138

Taboada Beato, Fernando

Madeira, Moble e Cortiza

15024513

CIFP Someso da Coruña

850 €

1313

Vaquero Lastres, Jacobo Leopoldo

Marítimo-Pesqueira

15005749

IES Universidade Laboral de Culleredo (A Coruña)

850 €

1364

García Martínez, Rosalía

Química

36013448

CIFP Manuel Antonio de Vigo (Pontevedra)

850 €

1300

Peso Bajo, Carla

Sanidade

36006730

IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra

850 €

1182

Villasenín Iglesias, Rubén

Serv. Socioculturais e á Com.

15032364

CPR Fesán de Santiago de Compostela (A Coruña)

850 €

1219

Iglesias Rodríguez, Daniel

Transporte e Mant. Vehíc.

27006528

CIFP As Mercedes de Lugo

850 €

O alumnado premiado indicará, no prazo de dez días, a titularidade dunha conta bancaria con 20 díxitos e presentará unha declaración responsable acerca da veracidade dos datos relativos á dita conta, na cal se ingresará mediante transferencia bancaria a dotación do premio. Deberá enviarse á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, Edificio Administrativo, s/n, bloque 2, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.