Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17789

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, e se convoca para o exercicio 2013 o devandito procedemento.

Advertidos erros no texto da dita orde, publicada no DOG nº 89, do venres 10 de maio de 2013, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 15383, artigo 11.3, onde di: «artigos 5.2.g) e 21.3.g)», debe dicir: «artigos 5.2.f) e 21.3.e)».

Na páxina 15384, artigo 13.2, punto terceiro, onde di «cadro 6», debe dicir: «cadro 4».

Na páxina 15385, artigo 14.2. parágrafo segundo, onde di: «artigo 5.2.h)», debe dicir: «artigo 5.2.g)».

Na páxina 15391, artigo 19.2, parágrafo terceiro, onde di: «cadro 6», debe dicir: «cadro 4».

A publicación desta corrección de erros non modifica o prazo de presentación de solicitudes sinalado no artigo 12 da citada Orde do 29 de abril de 2013.