A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional primeira, dispón o seguinte:
«... A partir da entrada en vigor desta lei, logo de solicitude dirixida ao reitor da Universidade, os funcionarios e funcionarias doutores do corpo de catedráticos de escola universitaria, poderán integrarse no corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen, mantendo todos os seus dereitos, e computándose a data de ingreso no corpo de profesores titulares de universidade a que tivesen no corpo de orixe. Os que non soliciten a devandita integración permanecerán na súa situación actual e conservarán a súa plena capacidade docente e investigadora…».
Polo tanto, unha vez comprobado o cumprimento polos interesados dos requisitos establecidos e consonte co disposto na citada disposición adicional e en uso das atribucións conferidas ao meu cargo pola Lei orgánica de universidades e o Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro (DOG do 9 de febreiro e BOE do 22 de abril), polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolvo o seguinte:
Quedan integrados no corpo de profesores titulares de universidade os funcionarios do corpo de catedráticos de escola universitaria, pertencentes a esta universidade, que se relacionan a continuación, quedando adscritos á mesma praza que ocupan actualmente:
Apelidos e nome |
DNI |
Área de coñecemento |
Data de efectos da integración |
Carral Vilariño, Emilio |
32746716-Y |
Ecoloxía |
28.7.1999 |
Carreira Pérez, Xoán Carlos |
33827961-K |
Enxeñaría Agroforestal |
9.6.1997 |
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela