Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19122

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2013, do presidente da Xunta de Galicia, pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2013.

Por Resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro), creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios estes que serán concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar, no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa Comunidade Autónoma.

Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados, anualmente e en número non limitado, por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

En atención ao establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador do 28 de maio,

DISPOÑO:

Único. A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia, na súa edición 2013, ás seguintes persoas, entidades e eventos: José Manuel Alvelo Parredo, Alejandro Blanco Bravo, Carlos Borrás Sanjurjo, José Manuel Brasa Sanjurjo, Eduardo Dapena Lis (Cholo), José Domingo Castaño Solar, Familia Domínguez, José Manuel Fernández Sobrino, Mariano García Verdugo, Manuel González Soto, Miguel Ángel González Suárez, Francisco Javier González Pérez (Fran), Aurora Martínez Vidal, Carlos Menéndez Ogando, José Luis Méndez García, Marta Míguez Telle, Recaredo Paz Prieto (a título póstumo), Julio Pedrosa Vicente, Roberto Pérez López (a título póstumo), Alfonso Posada Sánchez, Iván Pozo Martínez, Ángel Luis Rebolledo Varela, Luis Rodríguez Moya, Modesto Sánchez Alba, Ángel Manuel Sánchez Vázquez, Juan José Somoza Lazare, Club Fluvial de Lugo, Club As Torres-Romaría Vikinga, Colexio Salesianos de Ourense, Grupo Leche Río, S.A., R.C. Celta Selmark, Arousa Fútbol 7, Carreira Pedestre Popular do San Martiño, Rallye de Ferrol-Escudería Ferrol, Rallye de Ourense-Escudería Ourense, Rallye Rías Baixas-Escudería Rías Baixas, Vilagarcía Basket Cup.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia